O cárcere segundo Syra Alonso (I)

Estracto do libro “Diarios” de Syra Alonso onde describe o horror do cárcere da Coruña cando ía visitar ó seu home Francisco Miguel preso nos primiero meses do golpe de Estado do 1936.

Ainda  que Miguel parecía nos meus ollos tranquilo e sorrindo, non por eso ignoraba o perigro que o amenazaba. Ainda que me ocultar as crueis noite do cárcere, ben sabía eu o que alí acontecía: sacaban aos presos, que aparecían despois desfeitos a golpes de fusil ou cribados a tiros  nos montes. Nas cunetas, á beira dos ríos e  na praias as mulleres recoñecían o pai, o irmán , o esposo, o fillo. Houbo días  en que me abaneaban as pernas cando subía as escaleira  do cárcere ao escoitar o afrixido pranto das mulleres que non atopaban alí os seus fillos;  escenas horríbeis que presenciaron os meus ollos e que hoxe a pluma se resiste a narrar”

Afán polo estudio

“Siempre quise estudiar . El domingo me daban dos pesetas y aunque me gustaba mucho el baile muchas veces me iba a casa a chaparme el libro que me había comprado. Mi entusiasmo fue siempre saber. Pero claro, mi padre decía que había que trabajar. Cuando me indultaron y salí al patio – en la cárcel de Coruña-  aquella mañana que habían fusilado a venticinco, se produjo en mí una transformación enorme. Algo así com: te has salvado y ahora hay que volver a empezar”. Y así empecé. En la cárcere de Coruña no podía pasear por el patio porque todo el mundo estaba estudiando. Un fervor de aprender, de querer hacer, de transformar , y esto fué lo que a  mi me ocurrió”

Testemuño de Juan Durán , pseudónimo de Luís Costa García preso libertario na Coruña dende o ano 1936 ata o ano 1943

Compañeiros e actividades

Había un asturiano, un tal Antonio Iglesias, fillo de mineros, que estudiara cos xesuitas. Organizou clases de cultura xeral para os compañeiros. Tamén coincidín cos catedráticos José Sánchez e o, que se adicaba coma Iglesias a ensinar. Había presos de alto nivel cultural, profesionais de variadas disciplinas. Os presos políticos eramos comunistas, ou republicanos, ou anarquistas, – eran os que máis abundaban-. Noutras galerías tamén había presos comúns. Facíamos traballos de artesanía: estuches, marcos para cadros, flores; alí deprendín algo de boxeo, pelota vasca, xadrez. Connosco estaban uns ingleses que disque os procesaran por tragueren nun barco armas para a República. Eles, como podían pasar dun patio a outro, viñan estudiar español a onde estabamos nós. Eu quería practicar, pola miña parte, o inglés, e un día fíxenlle unha seña a un deles, un xeito de saudo. O chegar á galería mandáronnos formar e o inglés sinaloume. Expliqueilles, pero nada. O xefe dos gardas castigoume a limpar todos os días  a galería completa  e a valdeirar o pozo da enfermería. Negueime e deume un bofetón. Eu arrepúxeme, funme a él pero arredouse a tempo. Mandoume tres meses ó calabozo incomunicado.”

 Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941  ta o 1945

en Xosé Neira Vilas Guerrilleros

Comunes y Propios

José Torregrosa preso no 1972 fala dos presos comunes durante a súa estadía no cárcere da Coruña

“Me sorprendió el porte de dignidad que la mayoría de los comunes adoptaba frente al medio. Ni siquiera creo que fuera fingido. Podrían haber del nquido –y de manera variopinta– pero seguían siendo, a sus propios ojos, personas, sujetos de respeto y de Derecho. No pienso que considerasen sus delitos algo diferente de la moral social imperante allá afuera –la ley del más fuerte. No negaban ni pedían disculpas por sus faltas. Si acaso, se quejaban de los «males de mujer» que les trajeran a este lado de la jaula. Engañados por sus cantos de sirena, había invertido moro y oro en sus favores y las taifas se vinieron atrás en el último momento. Ceguera, y no otra cosa, les habría llevado a la agresión por obtener lo suyo, ganado a pulso tras tan grandes inversiones.

No menos de notar era la presencia de algunas de ellas, mostrándose y demostrándose, desde una colina que dominaba el patio de comunes, a los hombres encerrados porque pudieran contemplarlas, diminutas por la ley de la distancia, pero sin reja alguna de por medio.

Seguir lendo

Folga de fame de Xan María Castro no cárcere

Xan María Castro, activo sindicalista, pasou seis meses no cárcere da Coruña.

«Fixemos unha folga de fame e metéronos en celas de castigo. Estaban nos sotos, cunha humidade terrible e unha manta nada máis. E volvemos poñernos en folga. Eu non morrín porque o compañeiro da cela do lado, Rafael Pillado —outro coñecido sindicalista— avisou aos gardas, que me sacaron en mínimos de tensión. O caso saíu na prensa, tivo repercusión internacional, e deixaron de usar aquelas celas inhumanas»

Despedida dun compañeiro

O sindicalista Rafael Pillado conta como van marchado os compañeiros do penal da Coruña

“A pingueria de saidas tampouco e notou nos primeros momentos, porque ainda seguín entradno novos detidos políticos. Con todo, pronto fúmos facéndonos á idea de que chegaría a ocasión en que seriamos moiu poucos. Quizáis, cando máis o sentín foi ó despedirse Rafael Bárez. Os últimos anos, vividos intensamente á fronte da organización de Partido en Ferrol, uníronno fonda e afectivemente. O día que abandonou a prisión da Coruña, chorei de forma moi intensa. Nunca me ocurreu tal cousa, nin me volveu pasar. Pero ante a súa marcha , toda a emotividade, acumulada ó longo daqueles meses, desatouse de súpeto, cun choro no que mestura a alegría polos que se van coa tristeza de non poder estar aso eu lado, compartindo as loitas que estaban a agardando alá fora”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

Entradas e saidas do cárcere

Outro golpe importante foi o consello de guerra contra os compañeiros  Manuel  Amor  Deus, Xosé M. Riobó, Francisco Fernández  Filgueiras, Bernardo Bastida, Ángel Porto Feal, Xosé Cabado, Ramiro  Romero e Joé Xulio Miraz, a principios de novembro de 1972. Tratábase dunha basta montaxe que buscaba seguir implicando ás forzas armadas na represión dos traballadores e da cidadanía en xeral. O que non lograran nos primeiros momentos daqueles acontecementos, lográbano agora.

Un mes despois, chegabn á prisión da Coruña, procedentes da prisión militar de Caranza, Amor, Riobó, Bastida e Porto. Neste momento ainda permanecían Torregrosa, Bárez..etc pero pouco tempo, connosco: a contagotas, a Comuna ía perdendo membros. Bárez saíu a finales do vran; a Loureiro e Torregrosa concedeuselles a liberdade provisional o o 22 de  decembro .

Ese ano despediríamolo os que quedábamos Julio Aneiros, Pedro Bonome, Manuel Amor, José María Riobo, Bernardo Bastida e eu, cunha cea espacial traída da casa. Pola velocidade a que viñan a miña nai e a miña muller para que a tivésemos a punto, seríalles imposta unha multa.

Antes, celebráramos unha comida cos nenos, non só os fillos dos presos, senón que estivemos acompañados polos doutros compañeiros xa postos en liberdade”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

Vida na prisión

Daniel Romero conta da vida na prisión cando ingresou por ser enlace da guerrilla.

“Estabamos todos nunha(cella).., pero surxíu o o tema de que había clases, quen queria aprender algo tiña a oportunidade de sair do medio de toda aquela xente e dedicarte a outra cousa, eu tiven a oportunidade e fixen un curso de contabilidade. E cando o rematei ofreceronme o posto
de contable do economato. Ali tiven a oportunidade de andar semi libre pola cárcere.

Seguir lendo

Na cella de illamento

preso-clemencia-madre-44340

Camilo de Dios describe as condicións nas que estivo nos tres primeiros meses de chegar ó cárcere da Coruña no ano 1949

“Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban”.

entrevista realizada en agosto do  2015

Entrando no cárcere

“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

realizado a partir de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

.