Cadro pintado por Rafael Pillado no cárcere da Coruña. Na oscuridade, ve o mundo de fóra cheo de luz.

Cadro pintado por Rafael Pillado no cárcere da Coruña. Na oscuridade, ve o mundo de fóra cheo de luz.


“A prisión da Coruña dispuña de catro patios, separados por unas galerías repletas de celas no baixo e no primiero piso, en froma de cruz. O que quedaba á esquerda , segundo se entraba, correspondía ás mulleres, totalmente illado das instalaciós para homes , ainda que as lendas carcelarias falaban de visitas de certos personaxes privilexiados ( funcionarios e presos clase A) a ese enclave. O da esquerda, no interior,era o lugar onde se achaba a barberías e outras dependencias auxiliares.
No da dereita interior, deambulando todo o día, amontoábanse os presos común. O único que se lles ofrecía naquel recinto para integrase na sociedade, consistía en dar voltas e mási voltas , sen outro quefacer que malcomer, realizr xogos de azar e recibir “cursiños acelerados” para circular con éxito pola senda do delito e pucas cousas máis.
E para rematar, o patio da dereita segundo se entra, en cuxas dependendencia a nivel do primiero piso, estaba instalada a enfermería. Este patio era o asignado ós presos políticos.”
En 1936, ao sublevarse os militares contra a II República, os rebeldes encerraron miles de presos nos territorios que van gañando. En Galicia, na prisión provincial da Coruña, amorearon ata dous miles presos nunha prisión na que só podían caber 200, en condicións de hixiene infrahumanas e un ambiente de terror. Situada no “barco de pedra” que se adianta ao mar, fronte á Torre de Hércules e a un espazo xeográfico baleiro naquela época, era o último paradoiro antes dos asasinatos nocturnos, polo xeral.
Seguir lendo
Interesante noticia de ABC ( 2 novembro de 1936) sobre a represión na Coruña. No apartado titulado “En Asturias y Galicia”

No cárcere facíanlles cantar ós presos as cancións fascistas.
“Humillában-nos a cotío e para vexarenos máis, agora tíñamos que cantar, obrigados, as estrofas do himnos máis odiados pro nós, as que entonaban con rexouba os que asesinabas ós noso irmáns. Era unha crueldade inútile” Mandábanlles berrar, España, una España grande, España libre, “A palabra libre!!! Foi berrada con tal forza que a deberon ouvir nos Cantóns”
France García, era un dos irmáns da “lejía”. Foron moi queridos e chorados na cidade.
Aquí publicamos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.
“González, o médico, viña da enfermería, Viña coa faciana esluada e amostrábase moi tristeiro.. Hai algo que me revolveu o bandullo e que me deixou anguriado. Estaba na enfermería falando co meu cofrade cando chegaron cun preso nunha camilla. Viña sin sentido. Trátase dun home xoven, como de trinta anos. O oficial que o acompañaba dixo con sonrisa despectiva:
– A ver se podedes facer algo por éste.. ainda coido que non paga a pena…
O probe home estaba suoroso, eluado e amosaba un carís impresionate. Na facian e no corpo víanse as roxas sinais dos golpes recibidos a xuzgar polas contusións esmatosas e os morados cardenales. O castigo debeu ser abraiante… Sacáronlle a roupa e apareceron as costas e nelas as huellas terribles que deixaron na aplicación na carne viva dunha plancha ben quente; víase catro queimaduras profundas, dúas no lombo e dúas nas nádegas; as do lombo son tan profndas ue se poden ver as costelas, carne chmuscada polas beiras. Os delores deberon ser terribles. Ademáis tiña cardenales roxos polo resto do corpo, sinais ríspidas dunha tralla manexada con asaño. Dimpois do suplicio, por qué non o levaron a un hospital en lugar de metelo na cadea? Por sorte para él finou antes de recobrr o sentido. Quén era? Nunca o soupemos.
Cecais nin a súa familia, si a tiña, ainda hoxe iñorará o final deste probe mártir.”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.
Radio Pirenaica chamábase á Radio España Independiente. Era unha emisora creada polo Partido Comunista español para informar e como vía de propaganda en España. Durante o Franquismo no existía libertade de prensa. Empezou a emitir no ano 1941 desde Moscú e desde 1955 desde Bucarest . Tamén existían outras cadeas como radio París, a BBC, radio Moscú e emisións en castelán desde outros paises de Europa. Foi o único xeito de que a población se informara das noticias reais nun pais cun monopolio informativo. O simple feito de escoitar algunha destas emisoras era causa de represión.
Debe estar conectado para enviar un comentario.