Xente que había no cárcere

No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón,  pedímoslle  ó director  que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.

Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Presos comúns e políticos

Eles (os nacionalistas) cando lles conviña xuzgaban aos que cometían delitos comúns como delitos políticos e viceversa; era unha maneira de confundir para chegar á conclusión de que uns e outros estábamos na mesma liña”.

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

Presentación pública do blog

O pasado día 3 de decembro foi a presentación pública do blog na casa museo Casares Quiroga coa participación de Xulio Ferreiro, alcalde de A Coruña, Alfredo Suarez, neto de último alcalde republicano, Luís Lamela investigador da represión, José Lado de Proxecto Cárcere e Carmen García-Rodeja  da ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica)

Seguir lendo

Alfredo Suárez Ferrín

O alcalde de Coruña:  o home a quen non querían matar

suarez-ferrinEran as catro da tarde do martes 21  de agosto de 1936 cando os militares o detiveron no seu propio domicilio, no número 27 de Riego de Agua. Pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte.

Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror;  foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar.

Seguir lendo

O testemuño do vello Pillado

No seu libro de memorias Manuel Pillado conta o tempo pasado en prisión no ano 1972. Alí estiveron tamén con él os seus dous fillos Rafael e Raúl tamén sindicalistas. Compara a situación do cárcere no 72 coa que vivira na posguerra: a comida, a organización, describe as súas conversas cun funcionario co que xa coincidira en outras prisións e a solidaridade entre os presidiarios…

Seguir lendo