Joaquín Martín Martínez, asasinado por republicano

“Naceu en A Coruña en 1879. Abogado, profesor mercantil, casado con Elvira Rodríguez (filla do médico Rodríguez).

Foi elixido concelleiro en decembro de 1909 e Presidente da Xuventude Republicana de A Coruña (1911). Funcionario do concello, chegou a ser secretario municipal. Exerceu tamén como profesor da Escola de Comercio onde foi un polémico ensinante polas súas ideas republicanas e progresistas.

En 1906 xunto a persoas destacadas da cidade como Arturo Senra, Wenceslao Fernández Flórez, Gerardo Abad Conde, Santiago Casares ou Albert Alvarez Insua, fundou a Universidade Popular, dirixida á formación dos cidadáns. Era unha institución libre, que non dependía do estado e de nengún partido ou tendencia política, tan só da vontade dos seus asociados. Foi vocal primeiro da Liga Española de los Derechos del Hombre, en A Coruña.

Participou na fundación  das loxias “Gallaecia, nº 408” en 1919 y a “Pensamiento y Acción nº 11” co nome simbólico de Giner.

Militou activamente na política republicana, membro da “Liga Gallega” e de “Solidaridad Gallega”, foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi detido e estivo preso polos sucesos da folga xeral de 1917. Dirixiu o semanario “Acción Coruñesa” e a revista “Galicia Industrial y Comercial”. Militou no Partido Reformista de Melquíades Álvarez e durante a Segunda República en Unión Republicana.

Foi amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, ainda que militarían en partidos diferentes. Tamén como Casares, na súa xuventude foi considerado un dos “jóvenes turcos” coruñeses da época. Este término sinalaba aos xóvenes burgueses de ideas radicalizadas e anticlericais, e que co tempo convertiríanse en importantes dirixentes políticos da II República. 

Máis tarde Joaquín Martín sería moi crítico coa política nacional desenvolvida por Santiago Casares e as trabas que puxo a aprobación do Estatuto Galego .

Participou en 1936 nos actos organizados co motivo das eleccións a deputados a cortes e na propaganda do “Pebliscito do Estatuto Galego” que foi refrendado maioritariamente o 28 de xuño,  pero que non chegou a ser aprobado nas Cortes por mor do golpe de estado  do 18 de Xullo.

Nos días da sublevación franquista Joaquín Martín Martínez permaneceu escondido en varios domicilios de compañeiros  de traballo  desde o 20 de xullo, pero enterado das órdenes das  autoridades golpistas da obriga de presentarse todos os funcionarios municipais nos seus postos de traballo, cando se dirixía ó concello foi detido polo capitán Olavide Torres frente ó cuartel de infantería de Atocha o mércores 22 de Xullo.

Estivo na cárcere Provincial ata o 31 de Agosto.

Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte.

Foi executado na Coruña o 31 de agosto de 1936 xunto a Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da cidade e Ramón Maseda Reinante, presidente da “Agrupación Socialista” de A Coruña,  Manuel Guzmán GarcíaFrancisco Prego Campos  e Francisco Mazariegos Martínez.

Anos despois en 1943,  nun documento que figura no libro “Estampas de la Injusticia”, o ministerio de Gobernación comunica ao xuíz instructor do Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y Comunismo que Joaquín Martín Martínez, ademais de ser afiliado a Unión Republicana, e manifestarse “ampliamente extremista en cantos actos de propaganda intervino”, pertencía á loxia “Renacimiento  Masónico” e asimesmo era Vocal Primeiro de “la Liga de los Derechos del Hombre””

Fontes:

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada, 2005.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Joaqu%C3%ADn_Mart%C3%ADn_Mart%C3%ADnez

Deixar un comentario