
Compañeiros e actividades

“Había un asturiano, un tal Antonio Iglesias, fillo de mineros, que estudiara cos xesuitas. Organizou clases de cultura xeral para os compañeiros. Tamén coincidín cos catedráticos José Sánchez e o, que se adicaba coma Iglesias a ensinar. Había presos de alto nivel cultural, profesionais de variadas disciplinas. Os presos políticos eramos comunistas, ou republicanos, ou anarquistas, – eran os que máis abundaban-. Noutras galerías tamén había presos comúns. Facíamos traballos de artesanía: estuches, marcos para cadros, flores; alí deprendín algo de boxeo, pelota vasca, xadrez. Connosco estaban uns ingleses que disque os procesaran por tragueren nun barco armas para a República. Eles, como podían pasar dun patio a outro, viñan estudiar español a onde estabamos nós. Eu quería practicar, pola miña parte, o inglés, e un día fíxenlle unha seña a un deles, un xeito de saudo. O chegar á galería mandáronnos formar e o inglés sinaloume. Expliqueilles, pero nada. O xefe dos gardas castigoume a limpar todos os días a galería completa e a valdeirar o pozo da enfermería. Negueime e deume un bofetón. Eu arrepúxeme, funme a él pero arredouse a tempo. Mandoume tres meses ó calabozo incomunicado.”
Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ta o 1945
en Xosé Neira Vilas Guerrilleros
Fortunato Carreras Trigo, asasinado no cárcere da Coruña
“Fortunato Carreras Trigo nació en O Rosal (Pontevedra), y fue funcionario de Telégrafos. En septiembre de 1927 ya estaba destinado en A Coruña como oficial primero.
En octubre de 1933 fue destinado a la Estación Costera de la ciudad herculina. Militante de Izquierda Republicana, en julio de 1936 Fortunato ejercía de jefe de la Estación Costera en A Coruña y en los días previos a la sublevación de los militares fue designado delegado del Gobernador civil en Radio Coruña con el fin de difundir las notas del gobierno republicano radiadas en Unión Radio de Madrid.
Al triunfar el golpe de Estado en A Coruña fue detenido, aunque al día siguiente quedó en libertad, y aprovechó para ofrecerse al nuevo Delegado de Orden Público, teniente coronel de la Guardia Civil, González Vallés. Pero poco después fue detenido y encarcelado en la prisión provincial y sometido a un consejo de guerra (causa 1236/36), para ser condenado al fusilamiento.
Seguir lendoVictoriano Marcos Alonso, recompoñendo a vida en México

Fillo de José Marcos Naval, tivo que vivir como represaliaban ó seu pai por ser socialista quen tivo que vivir fóra de Ourense aloxado en casa duns familiares.
A familia quedou sen nada, expropiáronlles todo: a casa, as leiras e a xoiería.
A pesar de todo Victoriano Marcos puido ir estudar a Santiago.
Na súa vida profesional, foi director do Banco de España en Santiago, e despois conselleiro do Banco de España en Madrid. Vivía na rúa Santo Bernardo.
Cando estalou o golpe de estado e cando as tropas franquistas toman Madrid, foron detidos todos os conselleiros do banco porque, segundo conta a súa sobriña “segundo Franco eles permitiran que levasen o ouro a Moscú” .
Foi xulgado en Alcalá e estivo en varios cárceres: Madrid, Bilbao e A Coruña.
Seguir lendoCompañeiros de prisión

O artista Mario Granell foi encarcelado dende o ano 1937 ata o 1943. Nesta obra, pintada no cárcere; lembra ós seus compañeiros de prisión Parrondo e Tomasín.
Mario Granell, estampa de centenario

Mario Granell en Venezuela. Á dereita, un dos cadros que pintou na súa etapa sudamericana
No blog Biosbardia, publica Xosé Enrique Acuña este artigo sobre Mario Granell
O 11 de outubro conmemórase o primeiro centenario do nacemento de Mario Granell (1914-1981), un dos pintores galegos máis interesantes do século XX.
Foi pintor entre todas as cousas, tamén poeta, emigrante repetido, e sobre todo, condenado a morte. Naceu, dixera, nunha vila de “merlíns”, A Coruña de nome vello e verdadeiro, e foi neno dos que trampeaban e corrían polas rúas compostelás. Até alí o levou a vida da súa familia e tamén alí foi instruído por dous homes, enormes, dos masacrados no 36. Camilo Díaz Baliño educouno para o debuxo e con Xoán Xesús González coñeceu as primeiras letras. Falamos de Mario Granell, o artista que ía ser e o que, felizmente, á fin foi. O que nacera no 1914, un 11 de outubro, para armar unha vida e unha obra que merece hoxe a celebración do seu centenario.
Seguir lendoSindicalistas no cárcere

Catro históricos das Comisións Obreiras no cárcere da Coruña: Julio Aneiros, Pedro Bonome, Xesús Abuín e Rafael Pillado
Presos rezando no cárcere da Coruña

Recuperamos esta imaxe do fotógrafo Juan Cancelo (1892-1988) que taballaba no periódico Ideal Gallego
fonte: https://deandanzasyrelatos.wordpress.com/2018/10/10/juan-cancelo-imagenes-del-pasado/
Comunes y Propios

José Torregrosa preso no 1972 fala dos presos comunes durante a súa estadía no cárcere da Coruña
“Me sorprendió el porte de dignidad que la mayoría de los comunes adoptaba frente al medio. Ni siquiera creo que fuera fingido. Podrían haber del nquido –y de manera variopinta– pero seguían siendo, a sus propios ojos, personas, sujetos de respeto y de Derecho. No pienso que considerasen sus delitos algo diferente de la moral social imperante allá afuera –la ley del más fuerte. No negaban ni pedían disculpas por sus faltas. Si acaso, se quejaban de los «males de mujer» que les trajeran a este lado de la jaula. Engañados por sus cantos de sirena, había invertido moro y oro en sus favores y las taifas se vinieron atrás en el último momento. Ceguera, y no otra cosa, les habría llevado a la agresión por obtener lo suyo, ganado a pulso tras tan grandes inversiones.
No menos de notar era la presencia de algunas de ellas, mostrándose y demostrándose, desde una colina que dominaba el patio de comunes, a los hombres encerrados porque pudieran contemplarlas, diminutas por la ley de la distancia, pero sin reja alguna de por medio.
Seguir lendoTraslado dos presos dende o antigo cárcere do Parrote ó novo cárcere da Torre


Na Voz de Galicia do 27 de decembro de 1927, aparece a noticia co seguinte titular “Ya se hizo el traslado de los presos a la nueva cárcel”, que ocupa unha grande extensión na portada do diario, e que ten unha grandísima importancia documental, xa que dunha parte revela a denostación que a opinión pública tiña respecto ó Cárcere do Parrote (que tamén aparece reflexado na placa conmemorativa da inauguración da Prisión Provincial situada na porta do edificio) e o desexo de que este edificio desaparecera da cidade no menor tempo posible; por outra parte describe con grande detalle as características que tiña a Prisión Provincial nese primeiro momento, e por outro, narra, tamén con moito detalle o traslado dos presos entre as dúas prisiones, que reproducimos de seguido:
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.