Mario Granell, estampa de centenario

Mario Granell en Venezuela. Á dereita, un dos cadros que pintou na súa etapa sudamericana

No blog Biosbardia, publica Xosé Enrique Acuña este artigo sobre Mario Granell

O 11 de outubro conmemórase o primeiro centenario do nacemento de Mario Granell (1914-1981), un dos pintores galegos máis interesantes do século XX.

Foi pintor entre todas as cousas, tamén poeta, emigrante repetido, e sobre todo, condenado a morte. Naceu, dixera, nunha vila de “merlíns”, A Coruña de nome vello e verdadeiro, e foi neno dos que trampeaban e corrían polas rúas compostelás. Até alí o levou a vida da súa familia e tamén alí foi instruído por dous homes, enormes, dos masacrados no 36. Camilo Díaz Baliño educouno para o debuxo e con Xoán Xesús González coñeceu as primeiras letras. Falamos de Mario Granell, o artista que ía ser e o que, felizmente, á fin foi. O que nacera no 1914, un 11 de outubro, para armar unha vida e unha obra que merece hoxe a celebración do seu centenario.

Seguir lendo

Comunes y Propios

José Torregrosa preso no 1972 fala dos presos comunes durante a súa estadía no cárcere da Coruña

“Me sorprendió el porte de dignidad que la mayoría de los comunes adoptaba frente al medio. Ni siquiera creo que fuera fingido. Podrían haber del nquido –y de manera variopinta– pero seguían siendo, a sus propios ojos, personas, sujetos de respeto y de Derecho. No pienso que considerasen sus delitos algo diferente de la moral social imperante allá afuera –la ley del más fuerte. No negaban ni pedían disculpas por sus faltas. Si acaso, se quejaban de los «males de mujer» que les trajeran a este lado de la jaula. Engañados por sus cantos de sirena, había invertido moro y oro en sus favores y las taifas se vinieron atrás en el último momento. Ceguera, y no otra cosa, les habría llevado a la agresión por obtener lo suyo, ganado a pulso tras tan grandes inversiones.

No menos de notar era la presencia de algunas de ellas, mostrándose y demostrándose, desde una colina que dominaba el patio de comunes, a los hombres encerrados porque pudieran contemplarlas, diminutas por la ley de la distancia, pero sin reja alguna de por medio.

Seguir lendo

Traslado dos presos dende o antigo cárcere do Parrote ó novo cárcere da Torre

Prisión Provincial da Coruña no 1927. Arquivo do Reino de Galicia
Cárcere do Parrote no 1927. Arquivo do Reino de Galicia

Na Voz de Galicia do 27 de decembro de 1927, aparece a noticia co seguinte titular “Ya se hizo el traslado de los presos a la nueva cárcel”, que ocupa unha grande extensión na portada do diario, e que ten unha grandísima importancia documental, xa que dunha parte revela a denostación que a opinión pública tiña respecto ó Cárcere do Parrote (que tamén aparece reflexado na placa conmemorativa da inauguración da Prisión Provincial situada na porta do edificio) e o desexo de que este edificio desaparecera da cidade no menor tempo posible; por outra parte describe con grande detalle as características que tiña a Prisión Provincial nese primeiro momento, e por outro, narra, tamén con moito detalle o traslado dos presos entre as dúas prisiones, que reproducimos de seguido:

Seguir lendo

Características do Cárcere da Torre no ano 1927

A Voz de Galicia do 27 de decembro de 1927 recolle na súa portada o traslado dos presos dende a vella prisión do Parrote ata o novo cárcere da Torre; neste amplo artigo, aparte da narración do proceso de traslado dos presos, faise unha detallada descripción das características, equipamentos e a organización do persoal do cárcere provincial nos seus primeiros días, que reproducimos a continuación:

“Inmediatamente comenzó a prestar servicio la guardia militar compuesta de un sargento, dos cabos y diez y seis soldados de Infantería […] La nueva cárcel tiene cabida para 160 presos en total, distribuidos en pabellones independientes para hombres y mujeres.

Para los presos varones cuenta con 61 celdas individuales; cuatro llamadas de aglomeración, y destinadas a detenidos por faltas gobernativas y delitos políticos; y 11 para incomunicados y de castigo.

Los dos pabellones de mujeres tienen 12 celdas individuales y dos de aglomeración, una en cada uno de aquellos.

Se alumbra el edificio con luz eléctrica y cuenta con instalación de gas para alumbrado supletorio.

Seguir lendo

Folga de fame de Xan María Castro no cárcere

Xan María Castro, activo sindicalista, pasou seis meses no cárcere da Coruña.

«Fixemos unha folga de fame e metéronos en celas de castigo. Estaban nos sotos, cunha humidade terrible e unha manta nada máis. E volvemos poñernos en folga. Eu non morrín porque o compañeiro da cela do lado, Rafael Pillado —outro coñecido sindicalista— avisou aos gardas, que me sacaron en mínimos de tensión. O caso saíu na prensa, tivo repercusión internacional, e deixaron de usar aquelas celas inhumanas»

Colocación da primeira pedra do cárcere da Coruña

O día 22 de maio de 1925 foi colocada a primeira pedra do cárcere da Coruña. construida ó longo de dous anos. Foi realizada segundo o proxecto de Juan Álvarez de Mendoza en colaboración co arquitecto municipal Pedro Mariño. Anteriomente a prisión estivera no castelo de San Antón, no convento de San Francisco e na Audiencia. A noticia foi recollida pola Voz de Galicia:

“En varios automóviles, se trasladaron las autoridades y los demás invitado al lugar de emplazamiento del nuevo edificio, cerca de la ensenada que existe a los pies de la Torre de Hércules y al abrigo de Monte Alto. Allí había concurrido previamente una compañía del regimiento de Isabel la Católica con bandera y música. Por los alrededores del solar y en los contornos de la carretera de circunvalación se congregarón muchísimas personas, un público numeroso. Al llegar la sautoridades y representaciones con los Sres, Muslera, Cadalso, Casás y concejales, el primera, con el general López Pozas, revisitó las fuerzas y la banda de música ejecutó la Marcha Real.
Seguidamente ocuparon na tribuna dispuesta al efecto y que ostentaba una cortina de los coloras nacionales. Los arquitectos Sres. Álvarez de Mendoza y Mariño habían preparado cuanto se necesitaba para que la ceremonia pudiese realizarse con toda clase de acostumbrados pormenores.

Seguir lendo

José Luís Quiñoá López: cárcere e exilio

José Luís Quiñoá López naceu no 1949 en Santa María de Bóveda ( Lugo), marchou a Compostela a estudar Matemáticas.

Empezou a militar na U.P.G. No ano 1970 foi  capturado pola policía. Tanto él como o resto dos detidos, da UPG e do PCI, foron levados a comisaria e torturados. Despois, en número de quince, conducido ós calabozos da “falcona”.

Despois estiveron no cárcere da Coruña. José  Luís Quiñoá estivo preso durante os meses de maio e xunio.

 Foi  acusado de propaganda ilicita e asociación ilegal e xuzgado polo TOP.

Como consecuencia da persecución debeu exiliarse en Toulouse ( Francia) onde pemaneceu dende o no 1971 ata o ano 1976.

Alí  pudo doctorarse na Universidade de Toulouse-Rangueil e voltou a Compostela onde foi profesor de Matemáticas na Facultade de Económicas e Empresariais.