Sobre Luis Costa (Juan García Durán)

O profesor Alonso Montero reflexiona sobre a obra de  Luís Costa García que tamén estivo preso no cárcere da Coruña desde o ano 1937 ó 1942, nese tempo  publicou o libro “Pola Libertade”.

“Se non estou trabucado, ninguén, en Vilagarcía de Arousa, a súa patria, lembrou a Luís Costa García, que naceu nun fogar humilde, gañou o pan, moi novo, como carpinteiro, foi sempre leal ao ideario anarquista, padeceu anos de prisión e obtivo o título de doutor en Historia no ano 1975. Foi o eminente hispanista Pierre Vilar quen lle dirixiu a tese de doutoramento: Guerra Civil espagnole 1936-1939. Interventions sur mer. Morreu na cidade de Alacant en 1986, pero, dous anos antes, publicara na editorial Crítica, de Barcelona, o corpus bibliográfico máis completo, daquela, sobre a guerra do 36: La Guerra Civil Española. Fuentes. Archivos, Bibliografía y Filmografía.

Seguir lendo

O testemuño do vello Pillado

No seu libro de memorias Manuel Pillado conta o tempo pasado en prisión no ano 1972. Alí estiveron tamén con él os seus dous fillos Rafael e Raúl tamén sindicalistas. Compara a situación do cárcere no 72 coa que vivira na posguerra: a comida, a organización, describe as súas conversas cun funcionario co que xa coincidira en outras prisións e a solidaridade entre os presidiarios…

Seguir lendo

A vida no cárcere no libro “O lápis do carpinteiro”

En 1936, ao sublevarse os militares contra a II República, os rebeldes encerraron miles de presos nos territorios que van gañando. En Galicia, na prisión provincial da Coruña, amorearon ata dous miles presos nunha prisión na que só podían caber 200, en condicións de hixiene infrahumanas e un ambiente de terror. Situada no “barco de pedra” que se adianta ao mar, fronte á Torre de Hércules e a un espazo xeográfico baleiro naquela época, era o último paradoiro antes dos asasinatos nocturnos, polo xeral.
Seguir lendo

Radio Pirenaica

Radio Pirenaica chamábase á  Radio España Independiente. Era unha emisora creada polo Partido Comunista español para informar e como vía de propaganda  en España. Durante o Franquismo  no existía libertade de prensa. Empezou a emitir no ano 1941 desde Moscú e desde 1955 desde Bucarest . Tamén existían outras cadeas como radio París, a BBC, radio Moscú e emisións en castelán desde outros paises de Europa. Foi o único xeito de que a población se informara das noticias reais nun pais cun monopolio informativo. O simple feito de escoitar algunha destas emisoras era causa de represión.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/otros-documentales/radio-pirenaica-aventura-radio-clandesttina-1-parte/487468/