No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo

Xesús Díaz, o sindicalista preso.

Suso 1Solidariedade e compromiso

Xesús Díaz nacido no 1944 en Ferrol é un sindicalista histórico, foi un dos moitos que cumpliu cadea no 1972 despois dos sucesos do 10 de marzo en Ferrol.

Entrou a traballar en Astano no ano 1958 á idade de 14 anos como aprendiz no departamento de construcción de buques. No ano 1964 ingresou na oficina de métodos na que se mantivo ata a súa xubilación. Está casado e ten tres fillos.

Foi detido por primeira vez en 1970 cando tiña 26 anos. Foi acusado polo TOP (Tribunal de Orde Público) de pertencer ao sindicato CCOO. A amnistía para librar do cárcere aos implicados no escándalo de MATESA (un fraude que acendeu a miles de millóns de pesetas) favoreceu a todos os acusados de CCOO. As peticións de prisión foran de dous meses e os xuízos foron sobreseídos.

FERROL

De novo foi apresado no ano 1972 a consecuencia dos sucesos do 10 de marzo na Bazán de Ferrol, onde a policía matou a dous traballadores -Amador e Daniel- e feriu a máis de cincuenta. Os obreiros pedían melloras nas condicións de traballo. Os traballadores de Bazán ían cara Astano a pedir solidariedade. Despois dos feitos, a represión foi moi grande sendo detidos decenas de traballadores e cidadáns.

Seguir lendo

Vida solidaria e clases

gris

“Había  xente desapegada como Álvarez Areces, Rafael Bárez, Pillado, Miramontes e daban clase de inglés , ruso, facían teatro, revistas de prensa, foros políticos e cociña baixo as ordes estrictas do vello Loureiro. Era una vida marabillosa mentras o que pasaba fora era de espanto” 

Jose Torregrosa( preso no ano 1972)

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Frío no cárcere

carcerecoruña Mada Carballeira (17)

No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro

Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
foto Mada Carballeira