Anxo Ferreiro Currás

Curas concienzados, tamén no cárcere

Un neno de familia labrega faise sacerdote para axudar ós demáis e desde a conciencia social chega á conciencia política, naqueles anos setenta nos que tantos rexeitaban a situación de miseria económica e moral que impuña o franqusimo.

Inicios no sacerdocio e concienciación

Nace perto de Vilalba (Lugo) no 1935, fillo dun mestre represaliado; fíxose cura no seminario de Vilanova de Lourenzá e foi destinado a Vilalba de párroco. Durante eses anos sentíu como propias as dificultades da xente coa que convívía, as dificultades económicas e a imposición política. Posteriormente foi destinado á parroquia de San Juan en Ferrol e foi alí que profundizou no seu compromiso social coa colaboración de grupos de esquerda. Toma decisións como a renuncia á súa paga de cura, o compromiso, xunto a outros sacerdotes, cos veciños da súas parroquias e a colaboración cos líderes sindicais, deixándolles o local parroquial, a colaboración nas colectas de apoio ós traballadores en folga da Peninsular Maderera e de Megasa, e mesmo a implicación cos obreiros detidos.

10 de marzo

Despois dos sucesos do 10 de marzo de 1972, co resultado da morte de Amador Rey e Daniel Niebla e a conseguinte represión contra os sindicalistas no Ferrol, houbo un forte posicionamento de membros da igrexa, incluso do bispo Arauxo – quen sufríu condea de falanxistas- .

O cura Currás é detido e sometido a tratos vexatorios, acusado de homilías “proletarias” que irritaban á curia eclesiástica e pola presencia e palabras ditas en Holanda nun congreso de curas cristiáns, onde denuciara o caciquismo de Galicia, a situación da lingua en Galicia e os xuicios sumarísimos no País vasco.

Foi posto en liberdade, pero se lle impuxo unha multa imposible de pagar polo que foi levado preso ó cárcere da Coruña.

Charlas e conferencias no cárcere da Coruña

Desde Ferrol a Coruña foi levado xunto con Francisco Rodríguez e alí coincidíu con Anxo Guerreiro e outros membros do PC.

Cando chegou ó cárcere foi recoñecido polo porteiro, que era da súa aldea, de Boizán (Vilalba), un home de familia de falanxistas, pero que ó ser paisanos tivo “algo máis de consideración da que se tiña cos outros presos”.

Describe cómo era a vida no cárcere dos presos antifranquistas: “Había clases onde cada un deles ensinaba do que sabía: Guerreiro daba clase de Matemáticas e Francisco Rodríguez explicaba de nacionalismo e de Rosalía de Castro”, tamén fala das asambleas e conferencias: “Eu tiven que falar sobre “A igrexa no mundo de hoxe”, e “vin que a xente estaba moi informada de todo”; había moita solidariedade e todo, e tamén en compartir a comida.

“” e os demáis sempre decían sobre o franquismo: “Isto cae, isto cae”, pero a min o franquismo facíaseme eterno”

..saín e comimos angulas

Dado que os cregos non podían estar presos nun penal segundo o concordato, Anxo Ferreiro Currás foi levado ó convento de Herbón onde estivo varios meses; durante ese tempo foi xuzgado no TOP en Madrid, pero o policía que o denunciou non se presentou ó xuizo, así que foi liberado. “Fun absolto e ese día fumos todos a comer angulas”.

De novo multas

Cando retornou á parroquia, nunha das homilías defendeu o labor dos sindicatos e pedíu polos sindicalistas presos, de novo foille imposta unha multa cuantiosa, que foi recolectada, ante a ameaza de volver a ser apresado.

Á morte do dictador devolvéronlle as multas e a contía foi doada a Cáritas que “daquela non so axudaba ós probes, senón tamén ós represaliados”.

A Transición

Comenta que a Transición non foi o boa que debería ter sido, en realidade foi “unha maneira de dar unha saida digna ó Franquismo”. Lembra “A morte de Moncho Reboiras, os abogados de Atocha e tantos sacrificios que houbo que sufrir”. Afirma que se debeu dar unha dignificación ás vítimas da Dictadura “tanto dos primeiros tempos como dos moitos anos que durou a represión”. Tamén lle gustaría que a “Igrexa pedira perdón pola súa participación directa na venganza franquista”.

Hoxendía

Critica a política e ós políticos que hoxe “esquenceron o seu compromiso ético e moral coa clase obreira… ó servicio de intereses espúreos, no seu afán por conservar o posto, presos da burocracia, de acadar subvencións e boas pagas… esquecendo a loita pola dignidade da muller, dos emigrantes, a loita contra o traballo infravalorado e contra os abusos dos empresarios con traballadores que non teñen capacidade de reivindicación”.

Como moitos da súa xeneración, retirouse do sacerdocio, pero segue militando nas causas xustas.

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.
Advertisements

One thought on “Anxo Ferreiro Currás

  1. Pois a verdade que nem sei como vim dar aqui, mas, já que estamos, uma aperta para o Anxo, quem, para além de ser uma pessoa realmente extraordinária, foi quem me batizou e me aprendeu a teórica da carta de condução.

    Saudações fraternais,

    Miro

    Gústame

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s