
O investigador edita os diarios de prisión do xornalista da Coruña que traballou para a ONU
19 jun 2024 . Mila Méndez Otero
“Foi o fillo do protagonista do seu último libro quen puxo en mans do escritor e investigador Luís Lamela (Corcubión, 1945) os diarios do seu pai, Domingo Antonio Quiroga Ríos (A Coruña 1900-1991). «Héctor Quiroga entregoume os textos logo de ver como fun contando a historia dos represaliados da Coruña», di Lamela. Foi así como as memorias daquel preso político durante a Guera Civil se converteron no título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, que edita a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Lamela presenta este mércores na casa museo Casares Quiroga o libro sobre este pioneiro na defensa dos recursos pesqueiros que foi tamén o primeiro presidente de Adega.
Seguir lendo


Diciembre en la cárcel,/-bajos soportales/
un viento que corta,/ni rastro de sol.
Debe estar conectado para enviar un comentario.