Derradeira carta de José Gómez Gayoso

José Gómez Gayoso, era o secretario xeral  del PCE en Galicia, foi executado a garrote vil no carcere da Coruña no ano 1948. Escribe esta derradeira carta á súa muller.

gayoso.jpg

6 de septiembre de 1948

Querida Concha:

Hoy, después de cinco años, te escribo. Por cierto que en situación poco envidiable. Lo hago con un esfuerzo sobrehumano, pues tengo las manos deshechas. Llevo en España cuatro años y medio, los mejores de mi vida. Desde que la dirección del Partido me concedió el honor de venir a luchar al interior, mi mayor anhelo era ver llegado el momento en que pisara tierra española. En estos cuatro años y medio hice todo lo que a mi alcance estaba por cumplir con mis deberes de comunista. Los dos últimos años he dirigido la organización de Galicia. En este puesto he caído el 11 de julio en La Coruña.

Seguir lendo

Joaquín Cotarelo Martínez, apreixado e arruinado

“Joaquín Cotarelo Martínez nació el 13 de abril de 1882 en A Coruña. (..) Era médico en A Coruña 1907 .En octubre de 1912 participó en la creación de la sociedad benéfica de socorros mutuos “La Equidad”. Médico de la Beneficencia Municipal y Asistencia Pública Domiciliaria; médico de la Fábrica de Tabacos; fue igualmente socio del Casino Republicano desde 1912. En noviembre de 1917 fue elegido candidato por el Primer Distrito para las elecciones municipales por el partido republicano autónomo, y consiguió el acta para el cuatrienio 1918/1922, elegido séptimo teniente de alcalde.

Seguir lendo

Unha fiestra á represión no cárcere da Torre, na Coruña: “¡Papaíto, que no te maten!”

Enrique Carballo, A Coruña 18 JUN 2024 6:01

artigo de La Opinión Coruña sobre o libro de Luís Lamela Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos

“¡Que no te maten, papaíto, que no te maten, papaíto!” foi o berro dun neno, fillo dun represaliado condenado a morte polo franquismo encirrado na antiga cárcere provincial da Coruña, cando o vía marchar desde a fiestra cara a súa execución. As palabras quedaron nas memorias ata agora inéditas do coruñés xa falecido Domingo Quiroga, represaliado pola súa pertenza á masonería e que estivo entre 1937 e 1939 na instalación, agora sen uso e situada no paseo marítimo, preto da Torre.

Seguir lendo

poemiña do preso Camilo

gorrion

Estracto dun poemiña do preso Camilo de Dios, escrito cando no ano 1949 estaba na cella no cárcere da Coruña  illado e condeado a morte:  Claro, non tiña que facer, e bueno, tiña un lápiz, tiña un lápiz e unha libreta e ía facendo e… versos, nin eran versos nin eran nada, era o que se me ocurría  a min, das miñas añoranzas como labrador.

Canta, paxariño, canta

o teu cantar xa está libre,

con teu himno á libertade,

fixeches un gran amigo,

e mañán cando aquí voltes,

dareiche migas de trigo,

pra sellar esta amistade

e aprender de ti a ser libre,

xa que os homes non podemos.

Canta, paxariño, canta,

o teu himno a libertade,

cantar quixera contigo.

Camilo de Dios

Joaquín Martín Martínez, asasinado por republicano

“Naceu en A Coruña en 1879. Abogado, profesor mercantil, casado con Elvira Rodríguez (filla do médico Rodríguez).

Foi elixido concelleiro en decembro de 1909 e Presidente da Xuventude Republicana de A Coruña (1911). Funcionario do concello, chegou a ser secretario municipal. Exerceu tamén como profesor da Escola de Comercio onde foi un polémico ensinante polas súas ideas republicanas e progresistas.

En 1906 xunto a persoas destacadas da cidade como Arturo Senra, Wenceslao Fernández Flórez, Gerardo Abad Conde, Santiago Casares ou Albert Alvarez Insua, fundou a Universidade Popular, dirixida á formación dos cidadáns. Era unha institución libre, que non dependía do estado e de nengún partido ou tendencia política, tan só da vontade dos seus asociados. Foi vocal primeiro da Liga Española de los Derechos del Hombre, en A Coruña.

Seguir lendo

Luís Lamela, escritor: «Por que se salvou Domingo Quiroga? Coido que por sorte, non estaba na diana»

O investigador edita os diarios de prisión do xornalista da Coruña que traballou para a ONU

19 jun 2024 . Mila Méndez Otero

“Foi o fillo do protagonista do seu último libro quen puxo en mans do escritor e investigador Luís Lamela (Corcubión, 1945) os diarios do seu pai, Domingo Antonio Quiroga Ríos (A Coruña 1900-1991). «Héctor Quiroga entregoume os textos logo de ver como fun contando a historia dos represaliados da Coruña», di Lamela. Foi así como as memorias daquel preso político durante a Guera Civil  se converteron no título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, que edita a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Lamela presenta este mércores na casa museo Casares Quiroga o libro sobre este pioneiro na defensa dos recursos pesqueiros que foi tamén o primeiro presidente de Adega.

Seguir lendo

Xosé Manuel Iglesias Martínez, baixo a sombra do tío guerrilleiro.

Xosé Manuel Iglesias medrou nunha familia marcada pola figura dun irmán da nai, o que marcou o seu compromiso sindical e a súa militancia.

Xosé Manuel Iglesias foi o fillo máis novo dun carpinteiro de Pontedeume, asentado en Mugardos, que traballaba nas gradas de Bazán. O pai foi fusilado a principios de xaneiro de 1949 en represalia polas actuacións dun seu cuñado, Pancho Iglesias, guerrilleiro, ao que se lle atribúe a morte dun falanxista. O pai de Iglesias nome(non aparece) estaba fichado e foi detido na noitevella de 1948 e apareceu o día 3 de xaneiro morto a tiros no Cemiterio de Catabois. Toda a familia continuou a sufrir a represión pola persecución ao tío, estiveron incomunicados e tanto a nai como os tíos foron ao cárcere cando a Garda Civil matou ao guerrilleiro Pancho.

Iglesias entra en Bazán, onde estiveran o pai e mais o irmán máis vello, aos 15 anos, e vai completando a formación ata converterse en oficial de terceira axustador-montador. Lembra que, nesa altura, as condicións laborais eran precarias, especialmente na seguridade e mais na hixiene. Aos 23 anos vencéllase ao Partido Comunista E a Comisións Obreiras. A muller, Teresa, forma parte do Movemento Democrático de Mulleres.

Seguir lendo

Juan Vázquez Loureda, enlace guerrilleiro.

Coñecido como Juan Anido, sufríu as consecuencias do seu compromiso mais nunca deixou a militancia nin o espíritu crítico.

Juan Vázquez naceu no seo dunha familia de esquerdas e pouco relixiosa, o pai andivera embarcado e logo entrou a traballar na antiga Bazán. Juan comeza a traballar aos 14 anos nunha fragua de Mugardos, e despois, durante a Guerra Civil, nun taller que facía munición.

Despois da Guerra xa andaba nas Xuventudes Libertarias, e comezou a ler autores marxistas e comunistas co que foi evolucionando cara ao Partido Comunista. Nestes tempos, a represión en Mugardos foi intensa e tamén provoucou a reflexión de Juan Anido e o seu posicionamento.

Seguir lendo