Unha fiestra á represión no cárcere da Torre, na Coruña: “¡Papaíto, que no te maten!”

Enrique Carballo, A Coruña 18 JUN 2024 6:01

artigo de La Opinión Coruña sobre o libro de Luís Lamela Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos

“¡Que no te maten, papaíto, que no te maten, papaíto!” foi o berro dun neno, fillo dun represaliado condenado a morte polo franquismo encirrado na antiga cárcere provincial da Coruña, cando o vía marchar desde a fiestra cara a súa execución. As palabras quedaron nas memorias ata agora inéditas do coruñés xa falecido Domingo Quiroga, represaliado pola súa pertenza á masonería e que estivo entre 1937 e 1939 na instalación, agora sen uso e situada no paseo marítimo, preto da Torre.

Luís Lamela, autor dunha ducia de obras sobre a represión franquista en Galicia, vén de publicalas como o libro Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos. Está editada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e este mércores será presentado ás 19.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga, con Ricardo Quiroga, neto do represaliado, o ex edil socialista Antonio Campos e Carmen García-Rodeja, da ARMH. Lamela explica que esta é a primeira obra cun testemuño desta calidade sobre a situación do cárcere na guerra. Nela, indica, había nestes anos unha media de 500 presos políticos, ademais dos comúns: “algúns os mataban, outros os sentenciaban a cadea, os desprazaban para outros prisións”. A cifra sobrepasaba a capacidade do centro e no libro vese como “nunha cela deseñada para un individuo había nove ou dez”, que tiñan que compartir un váter á vista dos demáis coa conseguinte “vergonza ata que se acostumaban”.

Ademais, nas memorias de Quiroga reflíctese “o que lles custaba” aos presos, psicoloxicamente, cumprir as ordes dos seus carceleiros, que os obrigaban a facer o saúdo fascista e dar vivas a España e a Franco, e tamén a violencia das celas de castigo. Os condenados a morte eran conducidos por gardas civís ou militares ata punta Herminia, “moi cerca da prisión” e onde se realizaban as execucións, de feito que os seus compañeiros “sufrían o indicible” ao escoitar os asasinatos: primeiro a descarga das armas do pelotón de fusilamento, logo un tiro de gracia.

Os paseos polo patio, as pequenas miserias dos presos como o momento no que lles retiraron o acceso aos libros, as esceas dos familiares dos presos despedíndose dos seus seres queridos cando se dirixían á morte: todas son escenas do libro, escrito por Quiroga sen mencionar nomes pero no que Lamela identifica a algúns dos presos mencionados polas súas investigacións.

O cárcere non quebrou a Domingo Quiroga, nacido no ano 1900, estivo en América antes de volver á Coruña a traballar no diario O Noroeste, e estivo afiliado ao Partido Socialista, o Partido Republicano Radical-Socialista e a Unión Republicana, ademais de ser membro do Circo de Artesáns. Tras ser liberado, en 1939, exiliouse en Cuba e especializouse en temas do mar; cando volveu á Coruña, traballou desde 1948 na cooperativa de buques pesqueiros da cidade e en 1955 foi nomeado oficial de pesca pola Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO nas súas siglas en inglés).

Foi o primeiro presidente da asociación ecoloxista Adega, e faleceu na Coruña en 1991, o mesmo ano que Lamela falou con el cando estaba investigando a figura do gobernador civil da Coruña fusilado polos sublevados, José Miñones, co que Quiroga particpara na masonería. Anos despois, o fillo de Domingo, Héctor Quiroga, deulle as memorias a Lamela, que se decidiu editala na ARMH porque, explica, non quería ir a unha editorial comercial que sacase beneficios da obra.

“É unha satisfacción”

Agora, a familia do antigo represaliado celebra que a súa memoria da represión se inmortalice nun libro. “É unha satisfacción que se vaia presentar”, indica Ricardo Quiroga, que considera que a obra de Lamela responde a “ese afán que tiña o avó de que se lembrase a guerra para non esquecela” e o sufrimento de “tantos homes que estiveron encirrados polas súas ideas”.

Ricardo tiña 26 anos cando o seu avó morreu, e ten lembranzas das súas historias xa desde neno. “Nesa época na que comezas a andar só pola rúa ía todos os sábados pola mañá desde a miña casa, na Cidade Vella, ata a súa, en Primo de Rivera”, e aló diante, cun café que lles preparaba a súa avoa, Domingo Quiroga “contábame as súas historias”. “Tivo unha vida moi intensa”, e “un montón de historias que contar”.

Guerra Civil era, precisamente, “do que menos lle gustaba falar”, aínda que defendía conservar a súa memoria “para que nunca máis se repetira”. Para el foi “unha época moi dura”, e tamén para a súa familia, pois cando entrou na cadea tiña unha muller e tres fillos, entre eles o pai de Ricardo, de seis anos. “A avoa tivo que buscar a vida como puido”, conta o neto do represaliado, e “repartiu aos fillos”. O seu propio pai viviu un tempo cos seus tíos en Vilagarcía. Mentres, Domingo Quiroga, preso só pola súa actividade social, rexistraba na súa memoria o que vivía no cárcere, sen saber que, postumamente, o seu se convertería nun testemuño do horror da represión.

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2024/06/18/unha-fiestra-represion-carcere-da-103924816.html

Deixar un comentario