Benigno Andrade “Foucellas”, un dos últimos resistentes en Galicia

foucellas

Cunha vida lexendaría o nome do seu alcume: “foucellas” pasó a ser sinónimo da xente do monte. Foi detido no ano 1952 – despois de moitas fuxidas- e levado ó cuartel da garda civil de Betanzos e visitado polos veciños que o querían coñecer, despois foi levado á Coruña . As súas peripecias merecen quizás un filme.

Benigno Andrade García, “Foucellas”, naceu nunha aldea da parroquia de Cabrui -da que tomou o nome- o 22 de outubro de 1908. Xove ledo e extrovertido, foi campesiño e transportista nunha leiteiría en Curtis, a onde retornaría despois de ser mineiro en Fabero (O Bierzo). Seguir lendo

Francisco Miguel Fernández Díaz

Da francisco Miguel 2“casa da felicidade” ó asesiñato

Nado na Coruña en 1897. Con vinte anos rexenta a libraría de Arte na rúa Real da cidade coruñesa, lugar que lle serve tamén de primeiro obradoiro como pintor e ilustrador. Casa con Syra Alonso o 19 de novembro de 1920, unha muller da burguesía coruñesa.

Seguir lendo

Manuel Luís Bello Parga “Manolito Bello”

MANOLITO BELLO FOTOUnha vida truncada os 21 anos

Manuel Luís Bello Parga, mais coñecido como Manolito Bello, nace o 13 de xaneiro de 1925 na Coruña, na rúa Monelos. Dende moi novo é testemuña da represión brutal que exerce o fascismo na súa cidade e da que é vítima tamén a súa propia familia. Pertence a unha xeración de xente nova que, a pesar de non ser protagonista da guerra, non se adapta e dobrega á nova situación que representa a ditadura.

Seguir lendo

Elvira Bao Maceiras: Unha vida silenciada

Elvira bao

 

Elvira Bao Maceiras naceu o día 20 de maio do ano 1890 na Casa de Baños de Dorrego no barrio de Riazor. Despois de rematar a carreira de maxisterio na Escola Normal de A Coruña tivo intención de cursar os estudios de Pedagoxía en Madrid, pero as posibilidades económicas da familia non llo permitiron.

A primeira vacante que lle apareceu foi na escola da Silva (barrio coruñés que daquela era case una aldea remota), pero seu pai non a deixou ir porque pensaba que non era un destino apropiado para una moza. Anos despois fixo algún tempo escola en Redes (Ferrolterra) nun Centro creado polos indianos.

O primeiro de maio de 1920 empeza a traballar como mestra do Sanatorio Marítimo de Oza, na Coruña, dependentes do Ministerio de Sanidad y Consumo, posto que ocupa ata o mes de xaneiro de 1922, cando é nomeada mestra Permanente. Poucos meses antes do golpe militar do 1936 foille asignado o posto de Directora.

Seguir lendo

Salvador Etcheverría Brañas

Despacho Embajada Guatemala edif La Perla.1947Unha vida dedicada á República Española

Despois da súa detención e paso polo cárcere, Salvador Etcheverría debe exiliarse. En América exerce a diplomacia e ten numerosos cargos do goberno da Republica española no exilio.

 

Vida familiar e política

Era o único fillo de Germán Etcheverría Vila e Rosa Brañas García. Nacido en Ferrol o día 22 de maio de 1894, morreu en París o 23 de setembro de 1957. Aos 11 anos sufríu a perda do seu pai, falecido en 1905 á idade de 51 anos. Estivo casado con Mª da Carmen Vázquez de Hermida, de cuxo matrimonio naceron once fillos.

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917), dedicándose inicialmente á xestión do cuantioso patrimonio herdado do seu pai.

Na segunda década do S. XX dá comezo ás súas actividades políticas, sendo requirido en 1924 polo xeneral Primo de Rivera para ocupar un cargo político na Coruña, que rexeitou.

En 1930 foi un dos fundadores dá Organización Repúblicana Galega Autónoma, (ORGA) ingresando posteriormente no Partido Republicano Radical Socialista. (PRRS), chegando a ocupar o cargo de gobernador civil de León entre 1932 e 1933. Tras a escisión do PRRS, a fracción disidente liderada por Félix Gordón Ordás únese ao Partido Republicano Radical-Demócrata de Diego Martínez Barrio, dando lugar á nova formación Unión Republicana (UR). Como militante de UR será un dos dirixentes máis destacados do novo partido na provincia da Coruña: Presidente provincial do partido e da Alianza de Labradores. Tamén era membro da loxia masónica Pensamento e Acción, nº 11 da Coruña.

Seguir lendo

Chao: Humor e liberdade

Recolleita dos anos sesenta na cidade da Coruña a partir do libro As voces baixas, de Manuel Rivas.

carcerecoruña Mada Carballeira (32)

Aló polos anos 60, na longa noite de pedra, moitos domingos pola mañá subía pola Zapateira, que daquela era selva, un mozo cun libro na man. Era veciño de Castro de Elviña. Chamábase Manuel Bermúdez, mais era coñecido como Chao, o fillo de Pai-Pai e de Felisa. Era moi querido pola súa simpatía.

Era o primeiro en disfrazarse no Entroido, que nese lugar coruñés tivo sempre moita tradición coa comparsa Os Rexumeiros, que mesmo chegou a enterrar a Franco na vez da Sardiña… e en pleno franquismo! “A misa será o ‘18 de Julio’ se os defuntos cobran a paga extra. E seculé e seculé e seculé, a carne de porco touciño é!”

Pois Chao era desa estirpe ceibe dende neno. E tiña chispa na fala. Mesmo coas frases que subliñaban o petar da partida de naipes na taberna: “Hanche mandar aviso as moscas! ou Vai ver se a gata puxo un ovo! Ou Tiembla Toledo! Ou un solemne Polas barbas de Dostoievski!”

Tiña, ademais, ese misterio de andar sempre cun libro na man.

Unha noite de inverno, inverno da vida e da historia, presentouse o terror en Castro. A Brigada Político Social bateu na casa de Chao, rexistrou até o último recanto, e marchou co mozo cristaleiro, deixando un ronsel de anguria nos pais e na veciñanza. Era o ano 1967.

Seguir lendo

Camilo De Dios

O último guerrilleiro. Un referente de vida e de loita contra as inxustizas.

recorte camilo de dios cando era novo

Desde que estalla o golpe de estado marcha ao monte e únese á guerrilla. En 1949 foi apresado e torturado. Sometido a Consello de Guerra na Coruña, foi condeado a morte e conmutóuselle a pena a trinta años por ser menor de idade.

Ingresa no cárcere da Coruña en maio de 1949. E segue un periplo polas cadeas de España: Palencia, penal de Dueso en Santander, Santoña, Palencia, Segovia, Carbanchel, Alcalá, Madrid, hospital penintenciario de Cuéllar e de novo a Madrid ó penal de Yeserías onde foi excarcerado o 11 de maio de 1959. Pasou dez anos de penalidades nas prisións franquistas.

Seguir lendo

Manuel Villares

Manuel VillaresVillares: A memoria en pé

Manuel Villares, Manolo para os coñecidos, chega á cita moreno e sorrinte: “E que A Coruña é un bo sitio para andar, e eu ando varias horas diarias”.

A detención

Manolo empezou a militancia política aos 16 anos. Aos 20 detivérono e pasou un mes e medio no cárcere da Coruña. Despois viñeron outras prisións como Ourense e o Castelo de San Felipe en Ferrol.

Formaba parte das Xuventudes Comunistas e un día forono buscar ao traballo, o estudo de fotografía Lamela, na rúa de San Andrés. O xefe era favorable ao réxime, pero os seus dous empregados estaban detidos por loitar contra a ditadura: “Non puiden volver a ese traballo”.

Seguir lendo