“Despois fun xulgado polo TOP e leváronme a Carabanchel, alí estaban os dirigentes do proceso 1001: Sartorius, Camacho e Ariza dos que escoitara falar na prisión da Coruña, Tamén estaban Francisco Romero Marín e Simón Sánchez Montero. Na Coruña era como estar facendo o Bachillerato pero en Carabanchel , pola formación e o nivel intelectual era como ir á Universidade ( ..) falaban como se foran ministros”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
“Un castigo era o endurecemento da disciplina: así a prohibición de usar roupas de cor roxa e de calzar zocas ou madreñas e así pasar ademáis de frío humidade: “pois o patio estaba sempre mollado da auga que saía do retrete e do grifo”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.
Cipriano Alvite foi asasiñado nos primeiros días da sublevación e Loureiro conta como acontecera a morte do sindicalista da construcción e comenta a Xerardo Díaz cómo despois duna malleria obrigáronlle a él e a outro dirixente a percorrer as rúas da cidade:
“arrodeados de soldados a repartir papeles imprentados nos que se ordeaba a todos os traballadores que voltaran ós traballos. Despois sen ren afusilárono. Dixeran que houbera un consello de guerra. Mentira. Asesiñarono porque era sindicalista, polas suas ideias e..para dar exemplo….. Iso foi o escomenzo: dempois os fusilamentos foron a cotío…”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.
Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer: “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.1.
“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.
“As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro”
Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.
de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
Jaume Gascón era un preso catalán que fora enviado pola GESTAPO a España xunto con Jordi Tell, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Despois de ser embarcados en Bremen, arriban ó porto da Coruña e foron encarcelados no cárcere en Abril de 1937.
Lembra o primeiro nadal e a misa do galo na prisión da Coruña e a emoción de oir no órgano a entrañable peza musical.
«Ara això és aviat dit, ara que arreu podem sentir i ballar “la Santa Espina”, però imagineu-vos l’efecte que ens havia de fer a nosaltres, catalans, aquest himne tan nostre, en plena guerra Incivil, en territori franquista, en una presó d’on només se’n sortia per anar a l’altre món, i tenint en compte que aquella mala gent havia fet la seva guerra, com tothom sap, contra Catalunya i el seu nylcris d’ Estatut. Sort que ni els escarcellers ni el capellà no coneixien aquella música, car altrament haurien fet sanfaina de l ‘ Enrique i de l’harmonium i tot”
” Imaxinadevos o efecto que nos tiña que facer a nós, cataláns, este himno tan noso, en plena guerra incivil, en territorio franquista, nunha prisión de onde tan so se saía para ir ó outro mundo, e tendo en conta que aquela mala xente fixera a súa guerra, como todo o mundo sabe, contra Catalunya e o seu raquitíco Estatuto. Sorte que nin os carceleiros nin o cura coñecían aquela música, pois senon farían sanfaina de Enrique e do harmonium e de todos”.
GASCÓN RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut d’Cultura de la Ciutat d’Olot, 2006
Arturo Taracido Veira estivo preso no cárcere da Coruña. Nunca quixo falar ós seus fillos da dor da represión e da prisión; non quería que sufriran .
Pero un día contou este suceso: dende a cella víra que levaban ó patio a varios presos antes de os fusilar.Eran moi novos. Desde unha ventá unha reclusa pedíulle a un deles, que tiña moi boa voz, que cantara. Alí, no medio do patio, entonou o “Adiós a la vida”. A peza de Tosca resoou en todo o cárcere.
E lucevan le stelle
ed olezzava la terra
stridea l’uscio dell’orto
e un passo sfiorava la rena.
Entrava ella, fragrante,
mi cadea fra le braccia
Oh! dolci baci,
o languide carezze,
mentr’io fremente
le belle forme disciogliea dai veli!
Svanì per sempre il sogno mio d’amore.
L’ora è fuggita.
E muoio disperato!
E non ho amato mai tanto la vita!
O fillo de Arturo Taracido Veira, Arturo, que ten hoxe noventa e catro anos, volveu a emocionarse con esta historia triste que lle contaba o seu pai.
“Na cadea había unhas condicións moi boas para os presos políticos, era o fruto dos compañeiros que tiñan pasado por aí como Julio Aneiros ou Rafael Pillado, coas súas reivindicacións e folgas de fame”.
José María Freire Piñeiro, preso no ano 1974
BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..
Debe estar conectado para enviar un comentario.