Unha sardana na prisión

Jaume Gascón era un preso catalán que fora enviado pola GESTAPO a España xunto con Jordi Tell,  Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Despois de ser embarcados en Bremen, arriban ó porto da Coruña e foron encarcelados no cárcere  en Abril de 1937.

Lembra o primeiro nadal e a misa do galo na prisión da Coruña e a emoción de oir no órgano a entrañable peza musical.

«Ara això és aviat dit, ara que arreu podem sentir i ballar “la Santa Espina”, però imagineu-vos l’efecte que ens havia de fer a nosaltres, catalans, aquest himne tan nostre, en plena guerra Incivil, en territori franquista, en una presó d’on només se’n sortia per anar a l’altre món, i tenint en compte que aquella mala gent havia fet la seva guerra, com tothom sap, contra Catalunya i el seu nylcris d’ Estatut. Sort que ni els escarcellers ni el capellà no coneixien aquella música, car altrament haurien fet sanfaina de l ‘ Enrique i de l’harmonium i tot”

” Imaxinadevos o efecto que nos tiña que facer a nós, cataláns, este himno tan noso, en plena guerra incivil, en territorio franquista, nunha prisión de onde tan so se saía para ir ó outro mundo, e tendo en conta que aquela mala xente fixera a súa guerra, como todo o mundo sabe, contra Catalunya e o seu raquitíco Estatuto. Sorte que nin os carceleiros nin o cura coñecían aquela música, pois senon farían sanfaina de Enrique e do harmonium e de todos”.
GASCÓN RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut d’Cultura de la Ciutat d’Olot, 2006

 

E lucevan le stelle ( unha historia triste)

Arturo Taracido Veira estivo preso no cárcere da Coruña. Nunca quixo falar ós seus fillos da dor da represión e da prisión;  non quería que sufriran .

Pero un día contou  este suceso:  dende a cella  víra que levaban ó patio a varios presos antes de os fusilar.  Eran moi novos. Desde unha ventá unha reclusa  pedíulle a un deles, que tiña moi boa voz,  que cantara. Alí,  no medio do patio,  entonou o “Adiós a la vida”. A peza de Tosca resoou en todo o cárcere.

E lucevan le stelle
ed olezzava la terra
stridea l’uscio dell’orto
e un passo sfiorava la rena.
Entrava ella, fragrante,
mi cadea fra le braccia
Oh! dolci baci,
o languide carezze,
mentr’io fremente
le belle forme disciogliea dai veli!
Svanì per sempre il sogno mio d’amore.
L’ora è fuggita.
E muoio disperato!
E non ho amato mai tanto la vita!

O fillo de Arturo Taracido Veira, Arturo, que ten hoxe noventa e catro anos,  volveu a emocionarse con esta  historia triste que lle contaba o seu pai.

 

 

Condicións no cárcere

“Na cadea había unhas condicións moi boas para os presos políticos, era o fruto dos compañeiros que tiñan pasado por aí como Julio Aneiros ou  Rafael Pillado, coas súas reivindicacións e folgas de fame”.

José María Freire Piñeiro, preso no ano 1974

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Compañeiros

“Estiven dous meses en prisión , estba tamén Ignacio Toxo e Alfonso Tellado, tamén dos mayores o vello Rabina de Mugardos, anarquista de toda a vida, o vello Pillado e o meu pai,  Loureiro,  co que compartín presidio e que me protexía”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Os homes presos e a familia sobrevivindo

Cando levaron detido ó seu home, Maria quedou de súpeto soa á fronte da familia, nunha situación económica que a desbordaba: “para min foi destrozarme a vida, chorar moitas bagoas día a día pero tiña que vivir para cinco fillos e traballar en todo que se se poñía por diante”. Traballou cosendo, na terra, criaba animais, ía mariscar e de criada. Tamén lle axudaban amigos do marido.

María Beceiro Veiga
muller de José Caride Pintos, sindicalista, preso no ano 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Un pardal

pardal blanco e negro

Un suceso simple  pode ser unha alegría

“Unha tarde, perto do serán, vin un fato de compañeiros que estaban parados fitando para o tellado do alpendre que había ao longo da parede; achegueime ó grupo e poiden ver de qué se trataba; alí enriba do cuberto había unha parella de pardales que estaba cumprindo co mandato da natureza para que non se extinga a especie. Este feito tíñamolo visto moitras veces sin lle dar importancia; máis aquí para nós tiña un siñificado especial; era como un mensaxe esotérico para as nosas arelas sensuales..”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Ó lonxe o ruido da fábrica de armas

Os días facíanse longos e as noites mías longa ainda. As nosas vidas xa non tiñan esa sensación acongojada da espera, tiñan máis ben a apatía da renunciación, pois morriamos pouco a pouco aplastados pola certeza da derrota (…) Ibase a noite e non levaba nada de nós; ficamos con aquello que ninguén nos pudo quitar: os sentimentos.: Chegou o día i escoltábamos a chegar os ruidos lonxanos da cidade que bulía e desgoraba; os centinelas seguían berrando Alerta! par despertar  os noso pensamentos amornados; os ta-ta-ta-ta-ta… das ametralladoras que os da fábrica de armas estaban probando para que quedaran ben axeitadas, ouvíase perto de nós como unha diana que nos regalaban pra que nonos esquencéramos dos irmáns que as devanditas armas iban a matar”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicions do Castro. Sada

Un gorrión

Un paxaro ilumina a estadía do presos.

“Lo más interesante ha sido una cría de gorrión que cayó en el patio, a la que su madre putativa estuvo intentando sacar de allí durante tres días. Nosotros mimamos a la cría a base de pan y agua, hasta que pudo volar. Allí nos tenías a 25 tíos, sentados en el suelo, contemplando, como tontos, los revoloteos del gorrión que, por la noche, dormía en la despensa”.

Jose Torregrosa, preso no 1972

https://josetorregrosa.wordpress.com/2012/07/01/cartas-desde-mi-celda-15/

autor da foto: Faustino Rodríguez

Xente que había no cárcere

No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón,  pedímoslle  ó director  que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.

Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..