“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.
O edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.
Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.
No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.
Conta Camilo de Dios como acompañou ó seu compañeiro José María Saavedra a última noite cando o condearon a garrote vil despois de se ter pegado un tiro para non entregarse á Garda civil.
“Cando estabamos condeados a morte sacábannos ao patio no momento da sesta, cando os demais entraban a durmir a sesta despois da comida. Estabamos os dous na mesma celda e sen embargo tiñamos que pasear ao mediodía polo patio coas mans postas ao lombo a dez metros un doutro. E non te podías volver, nin falar co de atrais nin co de diante.
Os condeados a morte estaban todos nas galerías sociais pero non ían ao patio cos sociais. Saían con nós, cos condeados a morte. Entre eles, José María Saavedra, que era compañeiro. O que se pegara o tiro na praza das Mercedes, en Ourense. Pegouse o tiro porque estaba ferido e estabamos os dous rodeados. Eramos parexa para ir dar o golpe. Estaba ferido na man dereita e díxome que lle pegase un tiro. Díxenlle que tiña unha pistola e tiña a outra man. Saqueille a pistola da funda, mirei si estaba cargada, dinlla e pegouse un tiro e caeu. Vinlle as moas caer e o ollo colgando. e unha brecha grande na cabeza e considerei que quedara morto. Sempre pensei que estaba morto ata que tres meses despois o atopei na Coruña. O curaran, algo, porque supuraba constantemente, ata que lle deron garrote vil. Este tamén estaba condeado a morte. Déronlle garrote vil na Coruña. José María estaba solo. Só estivo acompañado a noite que o mataron que pediu que me deixaran pasar con el, e estiven con el ata o último momento. Ata que veu o verdugo estiven con el. Ata as tres e media da mañá que é cando o mataron. Paseino peor ca el. En vez de darlle ánimos eu a el, dábamos el a min.
O garrote vil consiste nun sillón cunhas correas nos pes, outras nas muñecas e logo ven o verdugo a tomarche a medida, mándate sentar no sillón, séntaste no sillón e fai unha mostra no pao, onde ten que poñer a argola segundo a altura e despois pásante á capela por si queres escribir as últimas vontades e confesarte. Mentres tanto o verdugo pon a roda e cunha argola ao pescozo que vai apretando e vaite estrangulando así. Niso consiste o garrote vil. Non quixo vir a familia. Teño o reloxo del, deixoumo. El viñera de Ferrol co comisario político. El era socialista, republicano, e quería seguir loitando pola república. “
O último guerrilleiro. Un referente de vida e de loita contra as inxustizas.
Desde que estalla o golpe de estado marcha ao monte e únese á guerrilla. En 1949 foi apresado e torturado. Sometido a Consello de Guerra na Coruña, foi condeado a morte e conmutóuselle a pena a trinta años por ser menor de idade.
Ingresa no cárcere da Coruña en maio de 1949. E segue un periplo polas cadeas de España: Palencia, penal de Dueso en Santander, Santoña, Palencia, Segovia, Carbanchel, Alcalá, Madrid, hospital penintenciario de Cuéllar e de novo a Madrid ó penal de Yeserías onde foi excarcerado o 11 de maio de 1959. Pasou dez anos de penalidades nas prisións franquistas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.