Os irmáns da lexía

“Os irmáns da Lexía” obreiros, deportistas e militantes das xuventudes socialistas

En primeiro termo, á esquerda, Pepín García. Detrás, con abrigo, France, marchando aó Gobierno Civil a pedir armas. A Coruña, xullo de 1936

Bebel, France e Jaurés, irmáns pequenos de Pepín, foron capturados polos franquistas poucos días despois do golpe de estado de 1936. Os dous primeros caeron fusilados no Campo da Rata da Coruña

Fonte: eldiario.es

Canción adicada a Pepín da Lejía

 

foto pepin de la lejia 1.jpg

Nesta peza homenaxéase a José García García unos irmáns da Lexía, pertencía Á Agrupación socialista de A Coruña e e fundador das Juventudes Socialistas;  estivera preso no ano 1934 e 35  pola participación na folga revolucionaria de 1934 .

Cando se produce  o golpe de Estado contra a República participou na defensa da cidade mentras os seu irmáns as Bebel, France e Jaurés, axudaron na defensa do Goberno civil.

Co golpe de Estado contra a República  os seus irmáns Bebel  e France foron executados  en Punta Herminia e  o corpo do mozo  Jaurés apareceu cadavre meses  despois xunto ó campo da rata.

Pepín  logrou fuxir de Galicia o 26 de setembro de 1936, e pasou á zona republicana. Vivíu exiliado desde o ano 1939 en Buenos Aires.

Voltou a Coruña  no ano  1977 onde faleceu no 1996.