
“Para un militante a estancia cos seus compañeiros dentro do cárcere é moito máis segura que fóra, porque oficialmente no cárcere non poden torturarte”
Jose Torregrosa

“Para un militante a estancia cos seus compañeiros dentro do cárcere é moito máis segura que fóra, porque oficialmente no cárcere non poden torturarte”
Jose Torregrosa

Neste retrato, feito no cárcere o dia 4 de novembro de 1937 por Jordi Tell, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz. Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a Escola Dramática Galega, fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.
Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.
Na cadea calquera razón podía ser.
(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)

Esta fotografía é un documento histórico. O fotógrafo Pepe Sáez, de Ribadeo, era no ano 1936 soldado e centinela do polvorín. Alí xunto ó mar, no campo da rata e na garita, observou o terrible espectáculo dun dos fusilamentos. Fixo a fotografía e realizou tamén un plano.
Era o 23 de octubro de 1936, estaban sendo fusilados oito reclutas do Reximento de Infantería da cidade, acusados de sublevación militar. Os oito eran coruñeses: Antonio Barreiro Méndez , Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

Recolle este suceso María Torres no seu blog búscame en el ciclo de la vida e transcibímolo íntegro a continuación:
Debe estar conectado para enviar un comentario.