
“Estabamos sesenta persoas xuntas da mesma ideología e en posición de forza; o duro é estar só nunha cela, abandoado e acovardado”

“Estabamos sesenta persoas xuntas da mesma ideología e en posición de forza; o duro é estar só nunha cela, abandoado e acovardado”

“Detivéranos o marzo e o primeiro de maio fixemos un acto político. Cando chegou Becerro, o director do centro, víu aquello cheo de bandeiras do PC e quedou frío. O director pedíu que non transcendera”
Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”, preso no 1972
“Libertad, Independencia, República” consta no cartel propagandístico do ERG ( Exército Guerrilleiro de Galicia) adxunto á causa xudicial contra Manuel Pena Camino
dil

Velaiquí a sentencia pola que se condea a Manuel Pena Camino a cadena perpetua por unha acción na vía do tren para impedir o paso das forzas do exército franquista. Tamén foron condeados a cadena perpetua Eduardo Sánchez Lago e a pena de morte Manuel Calvelo , Isabel Rios ( conmutada o día anterior) e Manuel Sánchez Ayerbe.
“Pásábamolo moi mal. A comida era pésima. Díxose que entre os tres mil presos que había, morría, como promedio, un por dia, de fame. Eu seguía tendo sempre algunha axuda da casa, e ata dos veciños. Miña irmá Pepita de cote aparecía con algo que non deixei nunca, de compartir con demáis presos”
Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ata o 1945
en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros Ediciós do Castro. 1991
Unha vez que saían do cárcere, os presos eran sometidos a un control exhaustivo, estaban fóra do cárcere pero no eran libres, como neste caso o expreso Xosé Queiruga Allegue.

Portaretratos feito por Manuel Pena Camino durante a súa estadía no cárcere. Na fotografía aparecen a súa dona Pilar Sánchez e os seus dous fillos Constantino e Ermitas


“ A pesar do ambiente de camaradería que había na cadea entre os presos políticos, había quen o pasaba mal e caía en proceso depresivo. Cando había visitas, todo o mundo pretendía estar alegre pero ó final acabas jodido e ademáis non todo recibían o memo apoio das familias, era una situción moi complicada”
Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972
“A mengua económica era outro dos factores que agravaban a situación das familias. Palíabase en parte coa solidaridade obreira, pois en Bazán realizábanse colecta para todos os despedidos que se canalizaban a través dos curas obreiros. Tamén foi moi importante a solidariedad internacional: recibían paquetes de roupa do leste de Europa, de Alemania e de Francia”
Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

“As mulleres dos presos realizaron moitas xestións clandestinas, diante do obispo, no palacio de Justicia, incluso unha reunión na praia de Riazor”
María Beceiro Veiga
(muller de José Caride Pintos, sindicalista, preso no ano 1972)
Debe estar conectado para enviar un comentario.