“Había que racionar todo , sobor todo alimentación e a nós, ós presos tocounos a peor parte: a xente morría nas cadeas e dese xeito aforrábaselle o traballo ós verdugos”
Comidas
Comida
“A comida era moi ruiña e sobrevivíamos gracias á aportación dos familiares, os presos comúns tiñan unha situción moi calamitosa, sempre lles axudabamos”
Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972
De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.
Mortes por fame
“Agrupan en celdas a los que tenían comida de fuera y suspenden para los demás los paquetes; no se da pan en mucho tiempo, se suministra para toda la población penal 200 kg de repollos y 15 kilos de huesos, con 5 kilos de chorizos, suministro total para todo el día y los comensales eramos más de mil en plantilla. Con esta alimentación empiezan a decaer los presos, se declara a avitaminosis y todos los días son sacados dos o tres muertos , y algún día hasta cinco muertos o más”
Carta enviada nos anos cuarenta por José Queiruga Allegue, preso, a Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.
Cómo se pasaba fame
“Escomenzamos a nota-las consecuencias da mala alimentación. Había moitos rostros macilentos, a maioría, e xa non se camiñaba tanto. Eu atopábame mal e xa non tiña ganas de comer o pouco que nos daban ; xa non tiña nin ganas de pensare, deixaba ir en esmorecente desgaxo os pensamentos mouros. Quén mo dixera hai anos que iba morrer de fame! Fame; é unha sensación que non se pode describir porque a nosa fame era distinta xa que nos daban alimento; pero aí estaba o mal, que non facía máis que alimentar a fame prá que souperamos ben cómo era , como se vai sentindo cada día máis cinguida, máis afiada; sentíamola fame de mañán de mediodía, no serán, de noite, nesas noites de vixilia alimentada pola fame. Un día, lémbrome ben, non nos deron a pataca consabida e o rancho tampouco tiña os poucos anacos de costume, nin cabezas de peixe, ren; somentes auga quente tinxida con pemento; así estivemos dous días, a auga somentes. Nós xa pensabámo-lo peor; algúns decían que para aforrara as balas, querían-nos matar de fame. ….”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.
Dificultades
“Había que ter fame para comer esa comida, dábannos cascarilla, e tíñamos unha despensa que compartíamos cos preso comúns, por iso tíñamos tanta aceptación”
Ricardo Aneiros Cribeiro, ferrolán, no cárcere de Coruña no 1968 xuzgado no TOP pola folga de Pysbe