Manuel Ramiro Lorenzo, fusilado con vinte anos escasos

Era fillo de María Lorenzo Martínez , lavandeira e Pedro Ramiro Souto, xardineiro en casa de boa posición.

Cando casaran os pais, foron vivir a unha casa en Río da Cova, en Rutis ( Vilaboa) e alí tiveron mais fillos, Teresa,  Juan,  Carmen e Pedro.

María era moi querida, ía á Coruña recoller roupa para lavar e clarexar, para a xastreria Iglesias e para moitas familias da Coruña . Pedro traballaba nas fincas e xardíns da xente da contorna.

Pero chegou o golpe de Estado e acabouse todo.

Manuel Ramiro Lorenzo foi detido o 6 de agosto 1936 xunto con Manuel Moreno Pose, Federico Rodriguez Ponte, Jesús Varela Manteiga e Pastor Dopazo Varela.

Foron levados ó cárcere.

As familias dos presos xuntábanse no campo da leña para lles levar a comida. Ían xuntas.

A nai María contaba que vira como ao seu Manuel  lle arrincaran as uñas,  que tiña astillas metidas e que lle botaran vinagre.

Na causa 333- 1936 foron acusados de rebelión militar e de ir buscar armas.  Para defenderse cando estalara o golpe militar.

Condenouslles a pena de morte, agás Pastor Dopazo que foi a  prisión perpetua.

Tiñan pouco mais de vinte anos.

Foron  fusilados o 25 de xaneiro  de 1937.

No certificado de defunción hai un engadido que di que non se debe poner “fusilado” senón “hemorragia interna”.

Na casa non a o esquenceron.  A foto de Manuel Ramiro Souto, a única que tiñan, sempre presidíu o pasillo. Sempre estivo aí, incluso despois de morrer María, a nai.

E tamén tiñan na casa unha caixiña de cartón marrón que fixera no penal.

Non lles quedou  del nada mais.

Só o recordo do mozo de vinte anos.

Deixar un comentario