Esther Casares Quiroga, presa no cárcere da Coruña por nada  

Naceu  o 10 de xullo de 1909 en Madrid e era filla de Santiago Casares Quiroga líder político republicano, concelleiro do concello da Coruña, ministro e presidente do Consello de Ministros da II República.

A nena Esther  vivíu  a súa infancia e adolescencia na casa familiar da rúa Panadeiras.  ( Hoxe casa museo de Santiago Casares Quiroga

Estudiou en París e voltou á Coruña cando o segundo matrimonio do seu pai en con Gloria Pérez Corrales en 1920, pouco tempo despois neceu a súa irmá María Casares.  

Santiago Casares Quiroga fui  nomeado ministro de Mariña,  transládase  coa familia a Madrid.

Sempre acudían no vran á casa de “Villa Galicia” en Montrove (Oleiros)

Esther Casares casa no,  mosterio dos Xerónimos de Madrid, o 3 de julio de 1931, con Enrique Varela Castro, capitán de cabaleiría co que tivo unha filla, María Esther.

Despois do golpe de estado, cando empezan as persecucións. O 2 de setembro de 1936  mentras estaban en Bañobre (Miño)  de vacacións en casa dos Varela , foi detida;  O home pudo escapare exiliarse.

Deixou unha filla recén nacida.

Foi confinada no Hospital de Ferrol porque padecía tuberculose.

A continuación, a comenzos do 1938,   foi levada ó cárcere da Coruña.

O delito? Ningún, ser filla do seu pai.  En moitos dos documentos nin siquera citan o seu nome,  so: “hija de Santiago Casares Quiroga”.

Na prisión  comparte pena con Otilia, Elena Suárez, la ”Corales” e outras como  nos conta  Teresa Alvajar   no seu libro “Memorias de una republicana”.

O horror espallase ás familia e entorno.

Detencións, persecución, destrucción dos bens e queima da biblioteca da casa familiar de Panaderas.

Esther Casares sae do penal o  11 de xulio de 1939.

O home marchara exiliado a México e no estaba ninguén na cidade dos seus. Ela foi acollida pola familia Varela, os seus sogros, na rúa Franxa 16,2º .

Seguiron perseguindo. Esther  debía presentarse seguido en Capitanía Militar. Tivo controlados os seus movementos pola policía e constantemente asediada.

Santiago Casares Quiroga morreu sen volver ver á  filla nin a neta.

No ano 1955 consegue o pasaporte para marchar coa súa filla a México e reunirse con seu home.

Finou n exilio  no ano 1969.

Fontes :

“Esther Casares Quiroga. Anacos de vida e calvario (1909 – 1969)” na casa museo Casares Quiroga da Coruña e comisariada por José Alfeirán

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2022/01/21/span-langgl-outra-filla-casares-quirogaspan/0003_202201G21P13992.htm

https://acorunhadasmulleres.gal/esther-casares-quiroga/

Deixar un comentario