Pedro Galán Calvete, galeguista, asasinado con dazanove anos.

“O 18 de xullo de 1917 nace na Coruña Pedro Galán Calvete. Foi alumno das Escolas de Ensiño Galego, nas que impartía clases Ánxel Casal, e posteriormente cursou estudos na Escola Profesional de Comercio da Coruña En outubro de 1933, xunto a Jenaro Marinhas del Valle e unha ducia de mozos constitúen a Mocidade Galeguista da Coruña, da que logo sería Secretario de Organización.

Participou na creación do Club do Mar, de cuxa directiva formou parte, e traballou no departamento de contabilidade da empresa de xabróns La Toja. Era membro das Irmandades da Fala e participaba na maior parte de actividades reivindicativas que o galeguismo da altura impulsaba, sendo unha dos referentes daquel movimento na capital coruñesa.

Logo do golpe militar foi detido e levado ao cárcere da Coruña e despois ao cuartel da policía no Orzán. O 16 de setembro de 1936 atoparon o seu cadáver nunha cuneta da Corveira, asasinado polos franquistas cando contaba tan só 19 anos. A partida de defunción fixo constar que Galán morrera a consecuencia dunha hemorraxia interna. Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro na Coruña.”

Da páxina de facebook da Asociación Alexandre Bóveda

Deixar un comentario