
Fillo de José Marcos Naval, tivo que vivir como represaliaban ó seu pai por ser socialista quen tivo que vivir fóra de Ourense aloxado en casa duns familiares.
A familia quedou sen nada, expropiáronlles todo: a casa, as leiras e a xoiería.
A pesar de todo Victoriano Marcos puido ir estudar a Santiago.
Na súa vida profesional, foi director do Banco de España en Santiago, e despois conselleiro do Banco de España en Madrid. Vivía na rúa Santo Bernardo.
Cando estalou o golpe de estado e cando as tropas franquistas toman Madrid, foron detidos todos os conselleiros do banco porque, segundo conta a súa sobriña “segundo Franco eles permitiran que levasen o ouro a Moscú” .
Foi xulgado en Alcalá e estivo en varios cárceres: Madrid, Bilbao e A Coruña.
Un dos seus grandes amigos, na súa viaxe de noivos, foi velo ó cárcere da Coruña.
Josefa, a súa irmá, tamén foi á Coruña visitalo, nunha longa viaxe en tren que se sufragaba coas poucas xoias que a súa nai puidera esconder despois da expropiación dos bienes da familia.
A Victoriano Marcos conmutaronlle a pena para cadea perpetua grazas ó que logo foi cardeal Quiroga Palacios veciño da súa casa de Ourense da praza do Ferro e amigo da familia
Permitíronlle ir a Ourense unha semana. Á súa nai Julia deulle un infarto cando o viu chegar esposado pola garda civil.
Todos os días ía ó xulgado onde debía presentarse ó xuíz. Un día decidiu fuxir, despois de escribirlle unha carta ó maxistrado desculpándose, polos prexuízos que lle puidese carrexar. O maxistrado afirmo: “Este home é un cabaleiro” e continuou: “Eu pensaba: e este home non escapará?
Victoriano Marcos marchou a Portugal e dalí a México.
Aló xa foi libre.
Nunca voltou a España. Pero non deixou de mandar axuda a económica a súa irmá e ós seus pais para algún capricho. Cando chegaban cheques os país e irmá, ían comer ó hotel Roma de Ourense
Tivo tres fillos: Nacho Julia, Victor e José Ramón.
Vivian en cidade de México e tiña unha granxa de Puebla.
Pouco lle durou a estadía en México, viaxando a Puebla onde tiña unha fincas, faleceu xunto coa muller Leonor e o fillo máis novo.