Rosario Alabao Albors

sari 72 sari arabaoDesde Valencia a Galicia

Rosario “Sari” participou activamente na loita por millorar as condicions de vida dos cidadans deste país, desde o seu Valencia natal ata Galicia, partipou, desde o PC nos movementos de mulleres, nas loitas sindicais e na política nacional e municipal.


Naceu en Valencia no barrio de Horta no ano 1947, de pai agricultor e nai ama de casa. Un día a moza Sari chamou fascista ó seu pai e aí él contoulle toda a súa vida e a guerra e o servicio militar en Africa dous anos máis e todo que sufrira. Sari entendeu porqué toda a famlia ía o cine a ver películas de aventura e nunca bélicas. Nunca xamais volveu chamar fascista ó seu pai.

76 julio aneiros, santiago alvarez, sari arabao, outra e rafael pilladoSari foi a un colexio de monxas e rematou o PREU no colexio Domus que era do Opus e onde asistía a burguesía “rancia” de Valencia, como Rita Barberá. Empezou a estudiar Físicas na Universidade de Valencia e “descubríu un novo mundo”. Eran os anos sesenta e xa era o primeiro “Mundo obrero”; a pesar de que o seu pai non quería que se metera en política, dous anos despois de entrar na Uniersidade afíliase ó PC a través deo compañeiro Emilio de Felipe. “A maior reivindicación era o dereito de asociación a libertade e a amnistía”. “Daquela ainda había o SEU e era difícil organizarnos pero se montou o SDEV (Sindicato democrático de estudiantes de Valencia). En marzo no ano 1969 cando foi o asesinato de Enrique Ruano pola Brigada Político Social,   proclamouse en España o estado de excepción. Despois da manifestación de protesta foi primeira detención de Sari e estivo oito días na comisaría. Era a comisaría do barrio e foi ben tratada, despois levárona ó cárcere de Valencia do paseo da Pechina e alí os tiveron ata xoves santo que os soltaron. Un dos presos era fillo dun da Brigada Político Social.

A segunda detención foi debido á que fora organizada nivel nacional una reunión dos representantes dos sindicatos de toda España. De Valencia fora Criprá Ciscar de Dereito, Portas de Físicas….Ó chegar a Madrid foron procesados e organízouse unha masiva manifestación. A mayoría dos estudiantes foron en solidaridade a autoinculparse de tamen terese reunido. O TOP (Tribunal de Orden Público) non iría procesar a máis de cinco mil estudiantes polo que obligaron –no vran- a ir a Madrid a ratificar a autoinculpación, a pesar da dificultade, foron máis de quinientos, pero rematou co peche do expediente.

Remata a carreira no ano 1970. O seu mozo era Julio Pérez de la Fuente, que fixera dous campamentos de milicias, como fora procesado tivo que facer o servicio militar habitual e debeu ir destinado á Marina e a Cartaxena. Fixaran o casamento para o 2 de Octubre, pero comunican a Julio que non vai a Cartagena senón que o destinan a Ferrol. Alí foi Sari tamén  pero no poden casarse porque non lle dan permiso “senón que a moza estuvera embarazada, por eso do honor da Marina”, en fin que non poden casar e menos polo civil. Para poder facelo polo civil había que apostatar e si apostatabas non podías traballar nun cargo do estado… despois de seis meses de papeleos deciden casar pola Iglesia “con todo o roxerío de Valencia e cun cura progre”.

Voltan a Ferrol e a primeira vez que participou nun acto foi nunha folga da madereira “Eu estaba na pensión e oín: “Amnistía e Libertade” e saín corrrendo como un resorte” . Non puidera contactar con xente do PC pois  ainda era peligroso e “non era coñecida”; despois xuntouse noutra concentración porque viu octavillas no chan contra o consello de Burgos e xa se sumou a un grupo que se concentraban an plaza de armas. O pasar o Nadal do 1970 xa se integra nunha célula na que o responsable era Rafael Bárez.

Mentras ó seu home é castigado a Tarifa, Sari faise cargo de da directiva da entidade cultural “Santa Mariña” e no movemento de mulleres, e entraban a través das asociacións de amas de casa e ali “traballamos para que as mulleres conseguiran os estudios primarios, loitabamos polas milloras salariales e pola concienciación contra a suba da luz ou do pan. Reuníábamos con mulleres e ciudadanos para discutir os problemas”

Illados na casa non conseguiríamos nada”- insiste Sari

10 marzo 1972

Ferrol foi ocupada polos traballadores despois da folga xeral e as mortes de Amador e Daniel pero chegaron os GEOS de Valladolid, tomaron Ferrol e detiveron ós líderes. Xa era Semana santa.

Mentras tanto intelectuais e persoeirops de toda Galicia, Peña Rey, Celestino García Braña, Bárez; Julio Pérez de la Fuente… foron a Ferrol falar co capitán general para intervir a favor dos represaliados. Cando Julio e Sari voltaron a casa xa estaban uns membros da BPS para detelos, “escapamos a Rábade a casa da nosa amiga Margarita, que coñecía de Valencia, e intercambiamos o coche polo do seus seus pais: Andabamos por Ferrol cunha furgoneta que poñía “vinos Sánchez”.

En Abril marchan a Valencia uns días e ó chegar alí foron detidos pola BPS a punta de pistola e levados ós calabozos da DGS de Madrid, foron levados despois a Ponferrada e foron conducidos a Ferrol ós calabozos do sótano do Concello. “Alí no concello a Julio pechárono cuns borrachos e a min metéronme nun rocho cheo de cousas vellas. Sari necesitaba compresas e pedíullas ó guardia, éste contestoulle. “Está hablando con la autoridad”, despois mandoulle á muller da limpeza” O luns 12 de Abril mandáronos á Coruña acusados de “agitadores profesionales”.

No cárcere

Cando cheguei a Coruña, xa estaba alí Victoria Díaz Cabanela e Mela (Manuela Valcárcel) , abaixo estaban as comunes e arriba as “sociales” na enfermería. Despois veu Fina (Josefa Varela Fontán)” Estivo desde Abril ata Xulio. Era o ano 1972.”

Podíamos ver ós maridos un día á semana e tiñamos tamén moitas visitas. Organizábamos clase de música e teatro, dábamos clase de alfabetización porque estabamos coas comunes que non sabian ler; estábamos organizadas con horarios de clase, labores, limpeza e de discusión política

A comida era moi ruiña, ata o arroz tiña bichos, pero todos nos mandaban víveres

Nós eramos once xunto coas comunes pero homes había ochenta: Barez, Geluco (Ängel Guerreiro), Julio (Pérez de la Fuente), Pillado, Paco Balón, Angel Porto…”

Recibíu a visita da mai e da sogra desde Valencia “O moi pai era máis avanzdo pero miña mái era unha muller tradicional, levábao moi mal; meu pais estaba horrizados porque viviran a represión e cada pouco xa me vían no paredón. Nembargantes nós estabamos seguros de que o día seguinte ían derrocar a Franco

A xuventude facíanos ver todo moito máis sinxelo do que era, vivíamos nun mundo ideal moi combativo e concienciado

Cando eu saín do cárcere, o meu home vai para o cárcere militar de Caranza, mentras a miña nai e a súa movéronse por todos os organismos para pedir documentos que liberaran a Julio” 

Anos despois

sari 2015Sari continuou militando no PCG e foi membro do comité central do PC onde coñeceu a Dolores Ibárruri. Na primeira legislatura democrática foi concelleira en Narón e gobernaron con Unidade galega.

Hoxe segue crendo nos mesmos ideais. “Os valores de libertade e domocracia seguen en pé” –confirma Sari.

CGR

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s