Rosario Alabao Albors

sari 72 sari arabaoDesde Valencia a Galicia

Rosario “Sari” participou activamente na loita por millorar as condicions de vida dos cidadans deste país, desde o seu Valencia natal ata Galicia, partipou, desde o PC nos movementos de mulleres, nas loitas sindicais e na política nacional e municipal.

Seguir lendo

Advertisements

Rafael Bárez, avogacía e compromiso.

rafa-barez-foto-de-xoan-pinonAvogado laboralista de CCOO en Ferrol

Militante no PC na clandestinidade e na democracia. Concelleiro de Urbanismo polo PC de Galicia nas primeiras eleccións democráticas.

Detido en numerosas ocasións durante a súa vida de estudante en Santiago.

Detido a raíz dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol e e encarceado na prisión coruñesa durante nove meses .

“…Quisiera darte, niño

un futuro sin rejas, sin cadenas,

sin puertas, sin cerrojos,

sin muros y sin verjas…”

(Poemas del 10 de Marzo)

Rafael Bárez naceu no ano 1945 en Sigrás (A Coruña), nunha España que acababa de saír da guerra civil, aillada internacionalmente, que intentaba recuperarse económicamente cun réxime autárquico e cun goberno basado no “orden, unidade e aguantar”

Os seus estudos de bacharelato realizaríaos en Lugo onde tivo como profesor a Xesús Alonso Montero que pronto descubriría nel a súa vena política e intelectual.

En Compostela, onde cursaría estudos de dereito, comezará pronto a tomar contacto co mundo cultural da cidade, a través dos cine-clubes, das tertulias literarias, das representacións teatrais, da nova canción galega…

Serán anos decisivos na organización da resistencia estudantil ao réxime franquista. O curso académico 1966/67 será considerado como o espertar da Universidade Galega e no marzo do 68 a Universidade Compostelana protagonizará o encerro de tres días de máis de mil estudantes na sede central da Universidade de Santiago. Tempo de asambleas multitudinarias, protestas, folgas ilimitadas e novos encerros, algúns xa en solidariedade coa loita obreira, como o que se faría na Catedral de Santiago en 1970 e no que participa activamente Rafael Bárez, xa integrado no Sindicato de Estudantes como representante da Facultade de Dereito.

Antes de acabar a carreira de dereito Rafael Bárez xa formará parte do Partido Comunista (PC) da man de Vicente Álvarez Areces , militancia política que non lle sairía gratis naqueles tempos: sancións académicas, económicas, desterros…

img_20151104_151936Rematados os seus estudos universitarios comezará outra carreira profesional non menos apaixonante. De cheo mergúllase no Ferrol máis combativo do movemento obreiro no ano 1970. Asume o cargo de responsable do Comité Local do Partido Comunista de Galicia ( PCG ) e empeza a traballar como avogado laboralista pese a non gustarlle especialmente esa rama do dereito.

A conflitividade sociolaboral daqueles anos desembocaría nos tráxicos sucesos do 10 de marzo de 1972. A implicación de Bárez neses anos co movemento obreiro foi máxima e sería a causa da súa detención xunto aos principais dirixentes do PC e das CC.OO. da provincia de A Coruña.

Despois de tres días sufrindo interrogatorios -obrigado a permanecer de pe, sen descansar nin un só minuto durante máis de cincuenta horas ata caer desfalecido- ingresa na prisión provincial de A Coruña durante nove meses. Neste tempo no cárcere comparte espazo con moitos dos seus vellos camaradas de loita.

A “comuna” montada entre os presos políticos fará máis levadeiro ese tempo de incertidume sobre o seu futuro, nela que  estaban Loureiro Lugrís, Bohome, Pillado ou Álvarez Areces.  O xadrez, a poesía -escribiu “Versos de la  cárcel”-, a pintura -autorizáronlle a ter un pequeno trípode na cela- ou o teatro,  ocuparían boa parte dese tempo de reclusión.

Seguir lendo