Os condeados a morte comen millor

si-carcel

Camilo de Dios, despois de ser torturado en Ourense, lévano ó cárcere de Coruña e confinado na cella de castigo

“Fun tres ou catro días ó Castillo de San Antón, pero consideraron que non había seguridad entonces trouxéronme para a prisión… alí ó lado da torre de Hércules, que é a que había daquela.  O trato foi bo. Aisláronme por suposto, metéronme nunha celda, a celda dos condenados a morte, dábanme bastante boa comida porque dábannos, ós condenados a morte dábannos comida de enfermo, que había unha superalimentación prós enfermos, e prós condenados a norte. 

Alí, pegar non me pegaron.”

Entrevista realizada no ano 1999 por Victor Santiadrián

 

Deixar un comentario