Victoriano Marcos Alonso, recompoñendo  a vida en México

Fillo de José Marcos Naval, tivo que vivir  como represaliaban ó seu pai por ser socialista quen tivo que vivir fóra de Ourense aloxado en casa duns familiares.

A familia quedou sen nada, expropiáronlles todo: a casa, as leiras e a xoiería.

A pesar de todo Victoriano Marcos puido ir estudar a Santiago.

 Na súa vida profesional, foi  director do Banco de España en Santiago, e despois  conselleiro do Banco de España en Madrid. Vivía na rúa Santo Bernardo.

Cando estalou o golpe de estado e cando as tropas franquistas toman Madrid, foron detidos todos os conselleiros do banco porque,  segundo conta a súa sobriña “segundo Franco eles permitiran que levasen o ouro a Moscú” .

Foi xulgado en Alcalá e estivo en varios cárceres: Madrid, Bilbao e A Coruña.

Seguir lendo