
Era fillo de María Lorenzo Martínez , lavandeira e Pedro Ramiro Souto, xardineiro en casa de boa posición.
Cando casaran os pais, foron vivir a unha casa en Río da Cova, en Rutis ( Vilaboa) e alí tiveron mais fillos, Teresa, Juan, Carmen e Pedro.
María era moi querida, ía á Coruña recoller roupa para lavar e clarexar, para a xastreria Iglesias e para moitas familias da Coruña . Pedro traballaba nas fincas e xardíns da xente da contorna.
Pero chegou o golpe de Estado e acabouse todo.
Manuel Ramiro Lorenzo foi detido o 6 de agosto 1936 xunto con Manuel Moreno Pose, Federico Rodriguez Ponte, Jesús Varela Manteiga e Pastor Dopazo Varela.
Foron levados ó cárcere.
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.