No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo

Pilar Sánchez e Ermitas Pena

pilara sanchez dona de manuel pena camino e a filla Ermitas.jpg

Ermitas Pena nace no ano 1934 e con dous anos xa lle deteñen ó pai, Manuel Pena Camino, que foi condeado a cadea perpetua por unha acción contra o ferrocarril[i].

A mai Pilar Sánchez Vázquez,  deixa a nena e ó outro fillo, Constantino, coa familia na aldea de Castro en Cuntis e marcha  a Santiago a servir para estar perto do seu home. Mentres, ve como executan a Calvelo, a Manuel mándano ó cárcere de Coruña. Pilar marcha a Coruña,  e traballa de cociñeira e coidando os nenos dunha familia  propietaria da carnicería “La Santiaguesa” na plaza de España,  isto permitíalle levar comida a Manuel.

Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940 con “certa preparación”  – xa que alí estudaban-  e  traen xunto a eles a súa nena Ermitas. Instálanse nunha casa no  campo de Artilleria. A nena pode estar co seu pai que empezou a traballar vendendo queixos e ovos nas feiras. Pouco tempo pasou con el a nena,  porque enseguida vaino buscar a Garda Civil.  Grazas ós veciños que indicaron que estaba fóra, puido salvarse. Esa mesma mañan  a muller  Pilar envolve nun chal á nena e marchan á praza de España para coller Manuel  o autobús da feira,  e para non volver nunca. “Prefiro morrer que volver ó carcere” -dixera Manuel antes de marchar-  e alá marchou ó monte.

E  incorporouse á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo e Ponte, na IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.

A familia con todo  ía velo á aldea, tamén a Curtis á casa veciña da que,  xunto a estación do tren, tiña a muller do Benigno Andrade “Foucellas” – a de “Pedro de Porco”- tamén  víanse en Betanzos e alí ía Ermitas coa mai, mesmo a lugares do monte: nunha xesteira, ou xunto a un río

-E se nos collen aquí ? – desesperada- dicía a muller Pilar

– Se nos collen aquí morremos xuntos-  recorda Ermitas que decía o seu pai  Manuel

Seguir lendo

Manuel Pena Camino, guerrilleiro!

xesteira-2Natural de Castro, concello de Mesía, dunha familia de labradores vai traballar a unha serrería, e faise colaborador do partido comunista. Foi detido e xuzgado xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos  Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel  Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados a pena de morte, executada no caso de médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.

Seguir lendo

Avelino Rivas Pombo, antifascista!

avelino rivas pombo foto.jpg“Natural de Corme (Ponteceso), Avelino naceu en 1916. En 1936 estaba solteiro e tiña a profesión de xornaleiro. Durante a guerra civil española incorporouse á 1ª Compañía do 4º Batallón, na 1ª Brigada Mixta Lister, ademais de loitar no Batallón de Milicias Populares Galegas, do Exército republicano. Así mesmo, estivo subscrito á revista Nova Galicia, portavoz dos antifascistas galegos. Coa derrota do II República, Avelino refuxiaríase en Francia.

En agosto de 1939 permanecía ingresado no campo de concentración de Argelés; posteriormente regresou a España, onde traballou na construción naval nas bancadas dos estaleiros ferroláns.

A principios do 1945, Rivas Pombo tiña afiliación comunista e o domicilio na Coruña, rúa San Roque de afora, 25, baixo, aínda que no mes de maio de 1945 residiu transitoriamente na fonda O Catro Vilas Ourensás, sita na coruñesa rúa de San Andrés, número 21.

Declarado antifascista, entre 1944 e 1945 exerceu de ligazón da guerrilla antifranquista. Neste último ano, Francisco Caridad Mateo e José Gómez Gayoso, alcumado como Juan, enviados polo PCE, hospedáronse na Coruña, rúa Pontenova, 5 baixo, vivenda na que residía Abel García Sánchez, sendo este último detido pola policía o 11 de maio de 1945, xunto con Eduardo Sánchez Lago, propietario do Bar Luz, de Vereda del Polvorín, 2, e de Avelino Rivas Pombo, acusados de actividades subversivas contra o Réxime franquista.

Edelmiro (alcume de Rivas Pombo) e os seus compañeiros de infortunio foron torturados e encarcerados o 17 de maio na Prisión Provincial coruñesa. Polas declaracións dos detidos, a Policía franquista apresaría a José Blanco Núñez, Ferreirín, Manolito Bello, José Soto Pombo e ao primo irmán de Avelino, Francisco Cousillas Pombo, aínda que Rivas sería posto en liberdade o día 19 de xuño seguinte sen cargos.

Seguir lendo

Emilia Patiño, cosedora de bandeiras

emilia-patino

Emilia Patiño Fernández,  naceu na Coruña, en rúa  Mercado. Mentres que o seu pai era de procedencia obreira, avós mariñeiros nados en Mera, a súa nai era de orixe burguesa.

Emilia Patiño non se achantou cando neniña perdera ó seu pai Manuel Patiño Puerto, capitán da Guardia de Asalto asasiñado en Sevilla  por non unirse ó golpe.

Tampouco por non poder  estudar no colexio de orfos nin cando na  academia Galicia ó entrar na clase coa filla  do asasiñado  José Miñones lles decían: “los rojos a Rusia”.

Emilia Patiño asumíu un día  o encargo de persoas do PC e eses días mercou   telas roxas, marelas e moradas, e sacos e cordas. En dous días rematounas de coser.

E o primeiro de maio de 1946 a cidade de A Coruña  espertou cun cento de  bandeiras republicanas colgadas pola cidade, unha delas diante do edificio de Falanxe na plaza de Pontevedra.

Emilia é detida e xulgada. Ela mesma comenta que o día que saía dos calabozos para ser enviada ao cárcere, puido ver como un dos carniceros que había daquela na rúa de Panaderas, entraba a quedarse a durmir nos calabozos para evitar que a guerrilla o fóra deter ás súa casas.

Pasou seis meses e un día no cárcere da Coruña.

Recorda no video  a vida e a ideoloxía do seu pai, a súa ideoloxía republicana, o asesinato de amigos do seu proxenitor e del mesmo, a infancia e os recordos na súa cella.

En la cárcel me metieron en un calabozo con una ventanita allá arriba y un petate una especie de colchoneta hecho con hojas de maíz.

En el juicio, después de acusarme de lo que les dio la gana, el fiscal , cuando terminó todo se dirigió la publico y dijo :

-¿Ustedes saben estos hombres de donde vienen y a donde van? ¡Vienen de Rusia y van a sojuzgar al pueblo español!

Estuve con  Fina Grañas,  prima de Foucellas, Paca Souto, porque en su casa había estado Foucellas y a su marido lo llevaron preso ocho  años de cárcel al penal de Burgos. Despues quedamos  Enriqueta Otero y yo. Poco después vinieron dos mujeres una madre y una hija porque avisaron a los guerrilleros que venía la guardia civil y las cogieron porque iban a llevar un papel al consulado inglés de Coruña, cuando las cogieron  se tragaron el papel.

En la cárcel asesinaron a Manolito Bello y no dejaron salir a nadie. Fue un día muy triste.

Benigno Andrade “Foucellas”, un dos últimos resistentes en Galicia

foucellas

Cunha vida lexendaría o nome do seu alcume: “foucellas” pasó a ser sinónimo da xente do monte. Foi detido no ano 1952 – despois de moitas fuxidas- e levado ó cuartel da garda civil de Betanzos e visitado polos veciños que o querían coñecer, despois foi levado á Coruña . As súas peripecias merecen quizás un filme.

Benigno Andrade García, “Foucellas”, naceu nunha aldea da parroquia de Cabrui -da que tomou o nome- o 22 de outubro de 1908. Xove ledo e extrovertido, foi campesiño e transportista nunha leiteiría en Curtis, a onde retornaría despois de ser mineiro en Fabero (O Bierzo). Seguir lendo