“No cárcere quitáronme o sangue” (literalmente)

Conta Camilo de Dios as ruiñas condicións sanitarias

descarga

“Un día, apareceron dous médicos cun enfermo, vamos os médicos non traían o enfermo, traían entre cuatro, un home nunha camilla, un funcionario, sei que era funcionario porque o coñecín e traía uniforme, e déralle unha hemotisis estaba enfermo, un home totalmente amarillo, e a min puxéronme no alto da mesa, y a el puxérono no suelo, entonces, sacáronme sangre directamente do meu brazo pró del, que el estaba moi amarillo moi amarillo  botando sangre pola boca. Non valeu de nada porque o funcionario morreu.

Non sabían o grupo sanguíneo pero me quitaron  o sangue que lle pareceu ó médico oficial que se chamba doutor Bota e o médico preso era un tal Santiago Rilo, sacáronme un montón de sangre pró funcionario pasei uns días medio baldado pero bueno, tempo de estar deitado chegábame, a comidiña era algo mellor, e despois preguntei polo tal funcionario e chamábase, Manuel e era de Villalba.”

Entrevista feita no ano 1999 por Victor Santiadrián

Os condeados a morte comen millor

si-carcel

Camilo de Dios, despois de ser torturado en Ourense, lévano ó cárcere de Coruña e confinado na cella de castigo

“Fun tres ou catro días ó Castillo de San Antón, pero consideraron que non había seguridad entonces trouxéronme para a prisión… alí ó lado da torre de Hércules, que é a que había daquela.  O trato foi bo. Aisláronme por suposto, metéronme nunha celda, a celda dos condenados a morte, dábanme bastante boa comida porque dábannos, ós condenados a morte dábannos comida de enfermo, que había unha superalimentación prós enfermos, e prós condenados a norte. 

Alí, pegar non me pegaron.”

Entrevista realizada no ano 1999 por Victor Santiadrián

 

Desfiles de presos famentos polo patio

si carcerecoruña Mada Carballeira (31).jpg

“Porque na Coruña incluso, todo o que tiña menos de 45 anos, tiña que facer unha hora á mañá e outra a tarde de instrucción, a toques de cornetas e tambores. Si si, había un director, Miguel Cuadrillero Angulo;  era un militar legionario, un tipo  que quería que o chamaran “usia” e levaba entorchados dourados , tiña unha vanidá  como non a vin despois no regimiento.  Facíanos desfilar con cornetas, si si, con tambores e cornetas, facía desfilar a  aqueles presos como se foran monos”

Camilo de Dios, preso no cárcere da Coruña no ano 1949

Xuntos

antiguas-carceles-matarranya.gif

“Estabamos sesenta persoas xuntas da mesma ideología e en posición de forza; o duro é estar só nunha cela, abandoado e acovardado

Alfonso Couce Testa, preso no 1972, acusado de ser da axencia Roiters
De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Primeiro de Maio de 1972

dia-del-trabajo

“Detivéranos o marzo e o primeiro de maio fixemos un acto político. Cando chegou Becerro, o director do centro, víu aquello cheo de bandeiras do PC e quedou frío. O director pedíu que non transcendera”

Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”,  preso no 1972

De BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Comida e fame

“Pásábamolo moi mal. A comida era pésima. Díxose que entre os tres mil presos que había, morría, como promedio, un por dia, de fame.  Eu seguía tendo sempre algunha axuda da casa, e ata dos veciños. Miña irmá Pepita de cote aparecía con algo que non deixei nunca, de compartir con demáis presos”

Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ata o 1945

en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros Ediciós do Castro. 1991

Tamén se pasaba mal

TODOS A  LA CARCEL

“ A pesar do ambiente de camaradería que había na cadea entre os presos políticos, había quen o pasaba mal e caía en proceso depresivo. Cando había visitas, todo o mundo pretendía estar alegre pero ó final acabas jodido e ademáis non todo recibían o memo apoio das familias, era una situción moi complicada”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Axudas

“A mengua económica era outro dos factores que agravaban a situación das familias. Palíabase en parte coa solidaridade obreira, pois en Bazán realizábanse colecta para todos os despedidos que se canalizaban a través dos curas obreiros. Tamén foi moi importante a solidariedad internacional: recibían paquetes de roupa do leste de Europa, de Alemania e de Francia”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.