A Coruña Carabanchel

carabanchel-2

“Despois foun xuzgado polo TOP e leváronme a Carabanchel, alí estaban os dirigentes do proceso 1001: Sartorius, Camacho e Ariza dos que escoitara falar na prisión da Coruña, Tamén estaban Francisco Romero Marín e Simón Sánchez Montero. Na Coruña era como estar facendo o Bachillerato pero en Carabanchel – pola formación e o nivel intelectual- era como ir á Universidade ( ..) falaban como se foran ministros”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Cómo se pasaba fame

FotoEFE_MEDIMA20130307_0041_5

Escomenzamos a nota-las consecuencias da mala alimentación. Había moitos rostros macilentos, a maioría, e xa non se camiñaba tanto. Eu atopábame mal e xa non tiña ganas de comer o pouco que nos daban ; xa non tiña nin ganas de pensare, deixaba ir en esmorecente desgaxo os pensamentos mouros. Quén mo dixera hai anos que iba morrer de fame! Fame; é unha sensación que non se pode describir porque a nosa fame era distinta xa que nos daban alimento; pero aí estaba o mal, que non facía máis que alimentar a fame prá que souperamos ben cómo era , como se vai sentindo cada día máis cinguida, máis afiada; sentíamola fame de mañán de mediodía, no serán, de noite, nesas noites de vixilia alimentada pola fame. Un día, lémbrome ben, non nos deron a pataca consabida e o rancho tampouco tiña os poucos anacos de costume, nin cabezas de peixe, ren; somentes auga quente tinxida con pemento; así estivemos dous días, a auga somentes. Nós xa pensabámo-lo peor; algúns decían que para aforrara as balas, querían-nos matar de fame. ….”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Benigno Andrade “Foucellas”, un dos últimos resistentes en Galicia

foucellas

Cunha vida lexendaría o nome do seu alcume: “foucellas” pasó a ser sinónimo da xente do monte. Foi detido no ano 1952 – despois de moitas fuxidas- e levado ó cuartel da garda civil de Betanzos e visitado polos veciños que o querían coñecer, despois foi levado á Coruña . As súas peripecias merecen quizás un filme.

Benigno Andrade García, “Foucellas”, naceu nunha aldea da parroquia de Cabrui -da que tomou o nome- o 22 de outubro de 1908. Xove ledo e extrovertido, foi campesiño e transportista nunha leiteiría en Curtis, a onde retornaría despois de ser mineiro en Fabero (O Bierzo). Seguir lendo

Compañeiros no cárcere

Prision-patria-potestad.jpg

Na comisaría de Ferrol viu a Rafael Pillado tras o s barrotes “Deranlles unhas hostias e decíame: non teñas medo, tranquilo”. Despois detiveron a Miguel Rey e a Soto que “chegou coa cara ensangrentada”. Foi levado á prisión de Coruña xunto con Ramiro Romero e o párroco de San Pablo Antonio, Martínez Aneiros. No penal da Coruña coincidíu con Paco Rodríguez, e con numerosos compañeiros do PC, como Álvarez Areces, Rafael Pillado, Julio Aneiros, Paco Balón, Paco Filgueiras, Anxo Guerreiro, Angel Porto e Pepolo. Tamén se encontrou con Ramiro Tenreiro que xa torturaran cando a folga de Megasa, e chegou maltrecho ó cárcere. Recorda que Fernando Miramontes “chegou feito un cristo, cos ollos morados e inflamados pola violencia das malleiras e torturas que lle infrinxiron na comisaría de Ferrol: “Eu quedei desencaixado cando o vin llegar, e nunca se queixou. Sempre o admiré por eso”. Tamén maltraran a José María Cabado, “zurraranlle ben!”.

Jose Manuel Díaz Montero, sindicalista de CCOO, preso na Coruña en 1972

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

No cárcere pódese atopar paisanos

 

prision

“Cando chegue foi recoñecido polo porteiro, que tamén era da miña aldea de Boizán (Villaba) un home de familia de falangistas, pero que ó ser paisanos tivo algo máis de consideración da que se tiña cos outros presos”

                                                                  Anxo Ferreiro Currás, preso ferrolán ingresado no 1972

de:BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.

Fóra hai verbena

verbena

“Estos días hay verbena por aquí cerca. Todas las noches, oímos los cohetes. Hacia las seis de la tarde, empezamos a hacer planes para la noche y quedamos citados para éste o aquel toldo y decidimos lo que vamos a beber y lo que haremos después del baile. Este numerito siempre lo empieza «Juanjo» [Lolo Trovas].”

Jose Torregrosa, preso no 1972

https://josetorregrosa.wordpress.com/2012/07/15/cartas-desde-mi-celda-17/

Máis presos

images

Entre nós había presos de Ferrol que sobreviviron ás “depuracións” e castigos exemplarizantes dos primeiros tempos. Os máis deles perteneceran á mariña de guerra e simpatizaran con máis ou menos estusiasmo coa República, pero que  no tiveron a oportunidade de poder defendela; os que fixeran uso desa continxencia , ficaban silandeiros baixo terra ou no fondo do mar. Os mortos non se rebelan nin contan contos: como dixera Mussolini”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.Edicións do Castro,  Sada, 1985.

Manuel Luís Bello Parga “Manolito Bello”

MANOLITO BELLO FOTOUnha vida truncada os 21 anos

Manuel Luís Bello Parga, mais coñecido como Manolito Bello, nace o 13 de xaneiro de 1925 na Coruña, na rúa Monelos. Dende moi novo é testemuña da represión brutal que exerce o fascismo na súa cidade e da que é vítima tamén a súa propia familia. Pertence a unha xeración de xente nova que, a pesar de non ser protagonista da guerra, non se adapta e dobrega á nova situación que representa a ditadura.

Seguir lendo

Aprendendo no cárcere

“O cárcere foi unha escola para moitos de nós: No 72 había matemáticos, avogados, dábanche clases de cousas que ti ignorabas. O problema foi cando fumos quedando poucos”

Ricardo Aneiros Sixto, sindicalista, no cárcere da Coruña despois dos sucesos en Ferrol no 72, estivo nove meses e foi absolto no xuizo por falta de probas

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..