Roupa para o preso e cella con delincuente común

Conta Camilo de Dios  as axudas dos compañeiros cando vai ó cárcere no ano 1948

Os compañeiros axudárome moito, moveronse para  mandarme un  traxe pra que fora ó carcere,  pidíron permiso, y era de un tal Robles, de Ferrol, dos hermanos Robles que me mandaron o traxe  e os zapatos eran de un tal Pensado, médico de Santiago.

Xa fixera dazaoito anos  cando cheguei a Coruña si, cuando caín inda era minor de edad, inda tiña dazasete. Na miña celda  xa me meten outro condenado a morte tamén, un tal Jalisco, mexicano, que matara na Coruña a sogra, a muller e a unha cuñada.

Entrevista feita no ano 1999 por Victor Santiadrián
Advertisements

As representacions teatrales no cárcere e unha promesa

carcel torregrosa«En cierta ocasión, un militante que formaba parte de los intelectuales fue detenido. En los interrogatorios iniciales se mostró muy entero, negando toda acusación. La policía, conocedora de la sensibilidad y humanidad del detenido, optó por utilizar la siguiente táctica. Obligó a ir a comisaría al padre de otro detenido y amenazó a nuestro intelectual, diciéndole: «Si no hablas, voy a casa de tu padre y lo traigo, igual que he hecho con el padre de tu compañero». Nuestro hombre, firme hasta ese momento, se desmoronó y le dijo a la policía que si dejaban en paz a su padre, él hablaría. Pero aquí no acaba la historia. Aquel camarada quedó profundamente afectado por su actitud. Su grandeza le llevó a reconocer ante nosotros su debilidad, cosa que otros, que pusieron en peligro a muchos compañeros, no han sido capaces de hacer. Su sentimiento de culpa le llevó a autoimponerse un castigo. Estando en la cárcel de La Coruña, escribió una obra de teatro, El crimen de la calle Contreras (sic). A modo de penitencia, él mismo se ofreció para desempeñar la función de apuntador y el papel de confidente de la policía.»

Paco Balón: Memorias de un comunista ferrolano. Ediciós do Castro, 1999,

Mortes por fame

si IMG_20170310_130153.jpg

“Agrupan en celdas a los que tenían comida de fuera y suspenden para los demás los paquetes; no se da pan en mucho tiempo, se suministra para toda la población penal 200 kg de repollos y 15 kilos de huesos, con 5 kilos de chorizos, suministro total para todo el día y los comensales eramos más de mil en plantilla. Con esta alimentación empiezan a decaer los presos, se declara a avitaminosis y todos los días son sacados  dos o tres muertos , y algún día hasta cinco muertos o más”

Carta enviada nos anos cuarenta por José Queiruga Allegue, preso, a Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

“Non eramos alemáns”

IMG_20160220_120955 si.jpg

Un grupo de cataláns chegan dese Alemania deportados pola GESTAPO: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Era Abril do 37.

«Tocaban diana ás sete e levantabámonos realmente cara ás oito, e logo de beber un “tipo de café” saíamos ao patio, onde o primeiro dia xa sabían da nosa chegada e bautizáronnos os seis alemáns. Non fai falta dicir que nun patio onde todo o mundo odiaba o país de onde procediamos, porque facía a guerra xunto a Franco, fixéronos o baleiro, ata que un día Carlos Ponche Patiño achegóusenos máis que os outros e ó ver que non mordiamos rompeuse o xeo, e de súpeto todo o mundo xa nos era máis amigo».

GASCON RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut de Cultura  de la Ciutat d’Olot, 2006

“No cárcere quitáronme o sangue” (literalmente)

Conta Camilo de Dios as ruiñas condicións sanitarias

descarga

“Un día, apareceron dous médicos cun enfermo, vamos os médicos non traían o enfermo, traían entre cuatro, un home nunha camilla, un funcionario, sei que era funcionario porque o coñecín e traía uniforme, e déralle unha hemotisis estaba enfermo, un home totalmente amarillo, e a min puxéronme no alto da mesa, y a el puxérono no suelo, entonces, sacáronme sangre directamente do meu brazo pró del, que el estaba moi amarillo moi amarillo  botando sangre pola boca. Non valeu de nada porque o funcionario morreu.

Non sabían o grupo sanguíneo pero me quitaron  o sangue que lle pareceu ó médico oficial que se chamba doutor Bota e o médico preso era un tal Santiago Rilo, sacáronme un montón de sangre pró funcionario pasei uns días medio baldado pero bueno, tempo de estar deitado chegábame, a comidiña era algo mellor, e despois preguntei polo tal funcionario e chamábase, Manuel e era de Villalba.”

Entrevista feita no ano 1999 por Victor Santiadrián

Os condeados a morte comen millor

si-carcel

Camilo de Dios, despois de ser torturado en Ourense, lévano ó cárcere de Coruña e confinado na cella de castigo

“Fun tres ou catro días ó Castillo de San Antón, pero consideraron que non había seguridad entonces trouxéronme para a prisión… alí ó lado da torre de Hércules, que é a que había daquela.  O trato foi bo. Aisláronme por suposto, metéronme nunha celda, a celda dos condenados a morte, dábanme bastante boa comida porque dábannos, ós condenados a morte dábannos comida de enfermo, que había unha superalimentación prós enfermos, e prós condenados a norte. 

Alí, pegar non me pegaron.”

Entrevista realizada no ano 1999 por Victor Santiadrián

 

Desfiles de presos famentos polo patio

si carcerecoruña Mada Carballeira (31).jpg

“Porque na Coruña incluso, todo o que tiña menos de 45 anos, tiña que facer unha hora á mañá e outra a tarde de instrucción, a toques de cornetas e tambores. Si si, había un director, Miguel Cuadrillero Angulo;  era un militar legionario, un tipo  que quería que o chamaran “usia” e levaba entorchados dourados , tiña unha vanidá  como non a vin despois no regimiento.  Facíanos desfilar con cornetas, si si, con tambores e cornetas, facía desfilar a  aqueles presos como se foran monos”

Camilo de Dios, preso no cárcere da Coruña no ano 1949