Conferencia: A producción artística de Mario Granell no cárcere da Coruña ( ciclo: “Foi no cárcere”)

A figura de Mario Granell, artista e expreso político do franquismo, centrou a conferencia do ciclo de actividades de Memoria do cárcere da Coruña realizado na Fundación Luís Seoane o mércores 29 de novembro. A charla foi a cargo de José Ballesta, actual director do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. O acto presentouno o profesor de Historia da Arte, Jorge Calle e contamos coa presenza de Cachi Granell, filla de Mario Granell.

No cárcere producironse moitas obras:  artísticas, literarias, arquitectónicas… é o noso interese que se divulgue  para que sexa coñecido e porque mostra de primera man os efectos terribles da situación de represión que se mantén ó longo da vida dunha persoa, como foi neste caso do gran artista surrealista Mario Granell,   a quen lle influíu sempre a falta de libertade e que mostrou tan ben na súa producción artística. 

Seguir lendo

Arturo Taracido Veira contado polo seu fillo

Arturo Taracido Veira foi un importante persoeiro do mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA. Foi firmante do pacto de Lestrove, membro das Irmandades da Fala, masón, presidente do Casino republicano,  concelleiro na Coruña en 1931-34, e vicepresidente da Deputación e tenente alcalde en 1936.

Foi levado ó cárcere da Coruña onde estivo nos anos 1937 e 38, foi preso tamén en Madrid e desterrado en Fuerteventura.

O seu fillo  Arturo Taracido Fraga fala deses anos convulsos

entrevista  Alba Porral
 video  realizado por José Louzao de Vintecinco producciones
https://memoriadocarcere.com/2016/02/14/arturo-taracido-veira/
https://memoriadocarcere.com/2016/05/29/luz-as-sombras-da-coruna/
https://memoriadocarcere.com/2016/05/16/poema-a-tell/
https://memoriadocarcere.com/2016/02/25/carta-a-mis-nietos-el-culto-a-la-violencia/
https://memoriadocarcere.com/2016/02/19/republicanos-coruneses-ano-1932/
https://memoriadocarcere.com/2016/02/17/cartas-a-meu-afillado/

Mesa redonda: A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta (ciclo “Foi no cárcere”)

 

Coa participación Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto, o mércores 22 de Novembro,  e dentro das actividades “Foi no cárcere”,  a casa museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións  e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión e o sentimento retrospectivo dos implicados.

Seguir lendo

Manuel Fernández López, Carta a súa irmá

Manuel Fernández López nace na Coruña, e fusílano na mesma cidade o 11 de xullo de 1937. Era médico e inspector municipal de Hixiene, envía esta carta a súa irmá Maruja.

“Marujita: estás muy lejos de mí, en este último día de mi vida. ¡Que feliz eres tú y Luis! ¡Ojalá os dure esa felicidad muchos años! Ya sé que al marcharte has venido a decirme adiós, cosa que no pudiste hacer y que yo sentí mucho, pero en esta carta, en la que quisiera ser muy extenso, pero me es imposible pues tengo que escribiros a todos, quisiera demostrarte mi gran sentimiento por no haberte dado un fuerte abrazo de despedida. ¡Triste signo ha sido el mío! Pero qué le vamos a hacer. El destino de las personas está señalado y éste es el mío.

A Luis le mando un fuerte abrazo, igual a Rafael, Estela. El tío Luis y la tía María y a todos os pido que en lo que podáis miréis por Fina y por mis hijos los cuales quedan en el mayor de los desamparos.

Bueno, Marujita, con esto doy por terminada esta despedida mandándote un fuerte abrazo de este tu buen hermano.”

Manolo / La Coruña a 11-VII-1937

Seguir lendo

O que se aprendeu no cárcere!

PELOTA.jpg    LIBRO.jpg

“A xente organizaba sesións de lecturas comentada, charlas, debates e moreas de actividades deportivas no patio do penal coruñés;  xogaban ó fútbol, ó balonman e á pelota vasca. Tamén preparabamos lecturas comentadas, eu preparei unha con Suso Díaz sobre  Engels”

“Daquela  éramos practicamente todos do PC e do entorno de Comisiones obreras. Tamén había dúas persoas da UPG, un deles Paco Rodríguez que era un dos máis activos nos seminarios que se organizaban. O certo é que aprendes a valorar ás persoas e  adquires coñecementos que doutra maneiras non adquirirías. Xente coma nós que estabamos condeados a traballar no asteleiro de por vida”

Ignacio Fernández Toxo, preso na Coruña no ano 1971

 

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

As catro vidas de Mario Granell

O pintor e artista Mario Granell lembra os seus momentos de volta á vida.

Nací por primera vez en A  Coruña, (…) fui bautizado  en la iglesia de San Nicolás,  teniendo como fondo musical tan trascendental acto, los cañonazos con los que se despanchurraba Europa aquellos días  de la su recién estrenada, dicen primera guerra.(…)

iglesia_de_san_nicolas_originalarticleimage altar

Volví a a nacer en la playa de Bens, también en A Coruña, una madrugada de febrero de 1937, en plena guerra civil española.”

playa-bens

“( ..). Colléronme na Coruña, estabamos preparando embarcaciones para huir a Francia e voltar a la zona republicana, pro nos cogieron en el ajo.

Al llegar a la cárcel nos encontramos con Luís Rufilanchas y otros condenados a muerte por presunto delito de querer huir (…)fui preso, juzgado ( valga el eufemismo) por un consejo de guerra, y condenado.

Pasou cinco tristes anos no penal da Coruña

carcerecoruña Mada Carballeira (24).jpg

 

 

 

 

 

 

 

“Volví a la vida por tercera vez un día de octubre de 1942 al recobrar mi libertad física.

IMG_20160608_171100

Marcha a  Compostela pero sufre moito os anos tristes que lle tocou vivir, ese exilio interior que o abafaba.

“De nuevo entré a la vida al desembarcar en el puerto de La Guaira una madrugada de Abril de 1957

IMG_47571

 

Alí, en Venezuela Mario Granell vivíu vinte cinco fructíferos anos.

 

 

 

Volta a Vigo no ano 1980 onde pasa os derradeiros anos da súa vida.

Velaiquí un video da súa obra 

Catálogo da exposición Mario F. Granell: morte e reencarnacion dun pintor galego. Octubro 2014, maio 2015. Vigo. Pinacoteca Fernández del Riego.

 

artigo: Represión franquista contra las mujeres. La Causa General de Madrid

Neste artigo de Paloma Seoane Amigo,  do ano 2013  reflexiona sobre as mulleres presas no franquismo e cita a algunhas das que estiveron no penal de a Coruña como Josefina González Cubero,  Enriqueta Otero , Carmen Orales Muñoz, Teresa Pastoriza Moreira, Carmen Pan Pareo, María  Ramuñán Barreiro  ou Clementina Gallen .si 14945174-alto-contraste-ruido-alto-arenoso-imagen-en-blanco-y-negro-de-una-celda-de-la-c-rcel-vieja.jpg

“Se pretende con el presente estudio poner el acento en lo denunciado, tantas veces,
en la historiografía de género como “invisibilidad femenina”, con el objetivo último de dar a conocer la represión de la que fueron objeto las mujeres durante el lapso de tiempo que transcurre desde el estallido de la guerra civil hasta la primera etapa del franquismo. Todo ello con la intención de contribuir intelectualmente al esfuerzo ya iniciado por otras colegas historiadoras en la materia enfatizando en aquellos aspectos menos conocidos, o que han pasado más desapercibidos en determinados círculos académicos. Cárceles saturadas de mujeres republicanas, algunas condenadas a muerte.”Por otro lado, se analiza el discurso represivo contenido en los expedientes carcelarios; y también, los relatos, testimonios y memoria de alguna de estas mujeres como de discursos de resistencia antifranquista.”

Paloma Seoane Amigo: “Represión franquista contra las mujeres. La Causa General de Madrid”
http://revistaseug.ugr.es/index.php/arenal/article/view/1572/1777

 

Luís Alonso Álvarez , o vran do 67 no cárcere

luis alonso alvarez busto si.jpg

Luís Alonso estudiaba Maxisterio e tiña inquedanzas;  esto fíxolle implicarse nas xuventudes do  Partido Comunista.

A presión da policía sobre os partidos políticos – e daquela era o P.C. o que tiña a maior actividade- fixo que apresaran un grupo enorme, entre eles o mozo Luís.

Un home, camarada deles , que estivera en Alemania do Leste na formación de cadros  formándose como outros militantes, parece que foi obligado a dar nomes. Daí resultou unha importante caída do PC na Coruña. E daí que Luís, o estudante, fora  visto pola policía cando camiñaba polo Cantón Pequeno. E apresado.

Mentras a familia preocupada pensaban que dous tíos policías axudarían . O xefe da BPS, un home de apelido Piñeiro, ó que todos temían, preguntaralle  a un deses familiares

-Que fago co sobriño?

– Como a todos- respostaron os tíos.

Na comisaría

Alí, cando chegou ensináronlle a outros militantes que caerán e que foran maltratados; Luís Alonso viunos con moratóns e golpes, como a Antonio Arias Curto que estaba maltreito, coa cara inflamada.

Luís sufríu golpes e paos entre os dedos e sacudidas, fixéronlle “como a todos”.

Seguir lendo

Triste e desacougante carta de José Miñones ós seus fillos

foto fillos de pepe miñones.jpg

“Esta fotografía de mis hijitos, me acompañó en mis momentos de amargura. Sobre ella he llorado. La besé mil veces. Conservarla. Me quedo con otra igual, de tamaño más chico, y con la de Maruxiña, que me acompañarán en la muerte.
Aún ahora, al devolver esta foto, os doy, hijos míos, el beso de despedida. Cuando lleguéis a mayores comprenderéis que desgraciado me considero en estos instantes, en que para no turbar vuestra alegría de niños inocentes, tengo que daros el último adiós, sin poder estrechar vuestros cuerpecitos contra mi corazón.”

28 de Octubre de 1936. Prisión Provincial. La Coruña

José ( Pepe)  Miñones,  diputado nacional por Unión Republicana, foi fusilado en  A Coruña o día 2 de Dicembre de 1936

Fonte. Luís Lamela