“O feito máis terrible que tivo lugar no cárcere da Coruña mentres eu estiven presa foi cando mataron a garrote vil a Manolito Bello.( 1 xulio 1946) Foi horrible. Horrible! Meteron os ferros do garrote no cárcere, todos sentimos como os colocaban…. Foi ao amencer. Despois diso, ninguén quixo saír da celda en todo o día.”
Testemuño de Emilia Patiño recollida por Fernando Vidal Collazo en Pontedeume agosto de 2006.
Manuel Cruz Centeno nace en 1904 en Corme, fillo de Aurelio Cruz Soto e Carmen Centeno Ferreiro, “Carmen de chinita” que tiveron tres fillos mais, entre eles Aurelio.
Os anos vienten a costa de Corme era unha efervescencia de cultura e de movimentos sociais.
Manuel, como a mayoría da xente do lugar traballaba no mar, él dende os doce anos. Transportaban madeira a Asturias e País vasco. Un ano unha galerna fixo que racharans os barcos e morrera moita xente na entrada a Bilbao. O pai decidíu nunca mais sair cos fillos ó mar. Os fillos Manuel e Aurelio foron estudar a Santiago e conseguiron o título de maestro, naqueles anos onde a República insistía en formar maestros con pedagoxia moderna.
“… (Recuerdo….) cuando en la cárcel de A Coruña, a pesar de sus dolencias físicas, fruto del disparo en los sucesos del 72, lo que llevó a nuestro compañero Rafael Pillado a solicitar del director de la prisión autorización para poder dormir en la misma celda que Julio Aneiros , porque a veces, sus dolencias le producían mareos, incluso en ocasiones hasta llegar a perder el conocimiento.
A pesar de esas dolencias, jamás lo vi irritado; al contrario, siempre pendiente de los demás, dándonos ánimos. Jamás se dedicó a sí mismo: era un ejemplo para todos, por la abnegación y la firmeza de sus convicciones, que uno echa tanto de menos ahora, incluso en la llamada “izquierda”.
Leonardo Dopico Vázquez – Exdirixente do PCG
VVAA: Julio Aneiros: la lucha imprescindible. Fuco Buxán Edicións Embora, 2004
Contaba Manuel Cruz, de Corme, preso no 1945 por axudar á guerrilla, que a comunicación no cárcere facíase por morse: “petaban nas tuberías, porque alí no cárcere había moitos telegrafistas dos barcos”. Os condeados a morte estaban en celas separadas. Sabían cando os ían matar polos sinais acústicos. Despois por morse dixenralle que Manolito Bello conseguíu que o mataran vestido con uniforme do exército guerrilleiro.
Organización creada para o servizo social pola Internacional comunista en 1922. En España naceu a mediados da mesma década, aínda que non foi ata os anos 30 cando cobrou especial protagonismo. Durante a guerra xogou un papel moi importante na retagarda republicana dentro da asistencia social aos máis afectados polo conflito.
“Domingo Antonio Quiroga Ríos nació en A Coruña en 1900. Fue empleado de oficinas de la Marina Civil, y en un principio militó en el PSOE, después en el Partido Radical Socialista y finalmente en Unión Republicana. Fue también miembro de las Irmandades da Fala, contador de la Liga de los Derechos del Hombre y masón en la logia Pensamiento y Acción número 11.
Domingo Quiroga fue detenido el 27 de agosto de 1936, acusado de “Presidente y Primer Venerable” de la logia masónica citada. Fue sancionado en un primer momento con 100 pesetas. Lo dejaron en libertad y fue desterrado a Muros aunque meses después volvió a ser detenido para permanecer cerca de tres años en la cárcel coruñesa.
Posteriormente, el Tribunal para la Represión de la Masonería y el Comunismo le condenó a inhabilitación absoluta perpetua para el ejercicio de cualquier cargo del Estado, corporaciones públicas oficiales…
Palabras de Gelines Rivera sobre a súa loita sindical, realizado dentro da actividade :”A vida no penal nos anos 70” realizada pola ARMH e Memoria do cárcere no salón de graos da Facultade de Dereito da UDC coa participación dos expresos políticos Sari Alabau Albors, José Loureiro Fernández, Rafael Pillado Lista, Gelines Rivera Torres e Fina Varela Fontán celebrado o 20 de xaneiro de 2018
Naceu en Valdoviño, nunha familia campesiña moi humilde e con oito fillos.
Ós 12 anos estaba no Ferrol traballando na hostelería, ata que en 1936 foi chamado a filas, tocándolle destino en Tui, Africa, a fronteira con Francia, Extremadura, etc…mais non chegou a pasar por o campo de batalla.
En 1941, con vintecinco anos entrou a traballar na Bazán. Alí foi onde tivo o primeiro contacto co movemento obreiro: as charlas cos compañeiros e o acceso a lecturas clandestinas o ilustran e vai reafirmando a sua conciencia social e o seu compromiso político.
En 1945 implícase decididamente na labor de reorganizar o Partido Comunista na factoría, e é así cómo no seguinte ano promove e participa na “Huelga del Aceite” (27.6.1946), unha das primeiras folgas da posguerra que o réxime franquista reprimiu duramente, con prisión e suspensión de empleo a moitos traballadores.
En 1960 formase o primeiro xurado de empresa de Bazán, Julio Aneiros e elexido vocal en representación dos especialistas. En 1961, él e mais Paco Filgueiras, reúnense en París con Santiago Carrillo e outros dirixentes do PCE, onde se estableceron as estratexias que levarían reorganizar o PC en Bazán, mediante a ruptura do Sindicato Vertical desde dentro, utilizando así tanto as estructuras legales como as extralegales.
Así foi como, xunto con Paco Filgueiras e Paco Balón, reorganizouse o PC na Bazán e se creou a estructura das Comisiones Obreras. Os sesenta foron uns anos de incansable traballo político e sindical, pois as condicions laborais e de vida dos traballadores eran durísimas e a dictadura mantiña unha forte represión frente as reivindicacios. As actividades sindicais e políticas golpearon continuamente a Julio Aneiros, que foi procesado polo TOP en 1967 e encarcerado repetidamente: en 1969 (acusado de pertencer o PC, sendo torturado “atrozmente”), en diciembre de 1970 (cando o Consello de guerra de Burgos, condenano a tres anos de cárcere, pero o indultan ós seis meses), e en 1971 (durante o estado de excepción). Nesta última estadía no cárcere da Coruña, xunto con Rafael Pillado, declaráronse en folga de famepara denunciar a arbitrariedade das detencions, e estiveron mais de dous meses incomunicados.
Pero o peor aínda estaba por vir nos terribles sucesos do dez de marzo de 1972. Cando na ponte das Pías de Ferrol os disparos da policía mataron a Amador e Daniel, Julio Aneiros recibiu un balazo no pulmón. “Gravísimamente herido de bala, que estuvo quince días entre la vida y la muerte”.
A operación dura cinco horas, e permanecerá dous meses ingresado o hospital, vixiado dia e noite por unha parella de policías.
O sair do hospital foi levado novamente o cárcere. Cando tres anos mais tarde celebrouse o xuizo en Madrid (“Proceso dos 23” – Sumario 489/72 do TOP), Julio Aneiros foi acusado de asociación ilícita e terrorismo, cargos por os que o fiscal lle pedía sete anos de prisión. Finalmente foi declarado culpable de participar na manifestación, e a condena imposta foi de 3 anos e 7 meses.
Ca chegada da democracia Julio Aneiros continuou ca sua labor no PCG e nas CCOO. Na sua xubilación, tras trinta e oito anos no asteleiro, seguiu na Executiva da Federación de Pensionistas e Xubilados das CCOO: mantivo o seu compromiso sindical e político toda a súa vida.
Blanco Carballo, Antonio e Bustabad Hermida, Lorena . Biografías obreiras de Ferrol . Fundacióm 10 Marzo. Santiago de Compostela 2011
Poema de Fernán Vello adicado a Francisco Miguel, pintor, ilustrador, colaborador de numerosas publicacións e conectado coas vangardas europeas e americanas.
Actividade titulada :”A vida no penal nos anos 70” realizada pola ARMH e Memoria do cárcere no salón de graos da Facultade de Dereito da UDC
Coa participación dos expresos políticos Sari Alabau Albors, José Loureiro Fernández, Rafael Pillado Lista, Gelines Rivera Torres e Fina Varela Fontán celebrado o 20 de xaneiro de 2018
Os movementos sociais e o movemento obreiro da época tiñan un significado fundamental contra o franquismo. Como consecuencia destas mobilizacións, houbo numerosos xuízos militares e condenas ao TOP con penas de prisión. Decenas de persoas foron detidas no cárcere da Coruña. Entre eles os membros da mesa redonda onde explicaron o que significaba estar comprometido coa mellora das condicións de traballo, sufrindo os abusos do réxime franquista e o seu paso pola prisión coruñesa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.