Arrepiante historia a do cárcere da Coruña
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2024/10/09/domingo-quiroga-relata-o-sufrimento-109085561.html?fbclid=IwY2xjawFzVxpleHRuA2FlbQIxMQABHeJE8bOITxPppp2cuIjFocSM270hSU4lOL4AWFY5DPonLjAtxlPHRJozdg_aem_SUKl7oUk1CwmMKXbWHKtzA
Novas
Novas de Memoria do Cárcere, da ARMH e proxectos afíns.
Luís Lamela, escritor: «Por que se salvou Domingo Quiroga? Coido que por sorte, non estaba na diana»

O investigador edita os diarios de prisión do xornalista da Coruña que traballou para a ONU
19 jun 2024 . Mila Méndez Otero
“Foi o fillo do protagonista do seu último libro quen puxo en mans do escritor e investigador Luís Lamela (Corcubión, 1945) os diarios do seu pai, Domingo Antonio Quiroga Ríos (A Coruña 1900-1991). «Héctor Quiroga entregoume os textos logo de ver como fun contando a historia dos represaliados da Coruña», di Lamela. Foi así como as memorias daquel preso político durante a Guera Civil se converteron no título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, que edita a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Lamela presenta este mércores na casa museo Casares Quiroga o libro sobre este pioneiro na defensa dos recursos pesqueiros que foi tamén o primeiro presidente de Adega.
Seguir lendoMemorias do cárcere da Coruña: O que contarían as súas paredes
Artigo de Marcos Pérez Pena en plaza.gal
“Corporacións municipais enteiras, dirixentes obreiros, intelectuais, mestres, anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, guerrilleiros… Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas e neste penal estiveron moitos de numerosos lugares de Galicia e do Estado”. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica impulsan Memoria do Cárcere, unha iniciativa que documenta e difunde o relato das persoas que estiveron recluídas na Prisión Provincial da Coruña.
“Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas”
O espazo web do proxecto foi presentado a pasada semana na Casa Museo Casares Quiroga, nun acto no que participaron as entidades impulsoras do proxecto e tamén o alcalde Xulio Ferreiro, así como investigadores en Memoria Histórica, o neto do ex alcalde Suárez Ferrín, Alfredo Suárez ou o historiador Luis Lamela. Os promotores de Memoria do Cárcere destacaron que a prisión foi durante anos “o máis semellante a un campo de concentración que houbo na cidade”.
“Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas”
“Queremos que se coñeza o sucedido, reflexionar sobre eses terribles anos e tamén que se libere, dalgunha maneira, o sufrimento que houbo detrás deses barrotes”. O proxecto, que vén de comezar, componse de semblantes e reseñas sobre moitas das persoas que pasaron polo cárcere, froito dun traballo de documentación e pescuda en bibliografía publicada, arquivos e de entrevistas cos mesmos ex-presos e os seus familiares e amigos. “Propoñemos conservar e exhibir estes testemuños e documentos co obxectivo de aprender desta dolorosa experiencia e contribuír modestamente a afianzar a cultura do respecto e a convivencia en liberdade”, engaden.
Os relatos
No blog xa se poden ler algúns dos primeiros relatos de persoas que pasaron pola prisión. Por exemplo, o de Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña, “o home a quen non querían matar”. Suárez Ferrín foi detido o 21 de agosto de 1936 no seu domicilio; pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte. Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. “Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror; foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar”, contase no blog. Publícase igualmente unha entrevista a Alfredo Suárez, neto do rexedor asasinado, que destaca que “sempre durmín coa foto do meu avó baixo a almofada”.
Destácase tamén o caso de María Ángeles Rivera Torres Gelines, a única presa política no cárcere da Coruña, condenada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”, e por propaganda ilegal. Gelines destaca que se sentiu “moi arroupada polos compañeiros, pola familia e polas traballadoras de PYSBE”, que cada semana ían visitalos e lle levaban “comida, paquetes e mesmo un colchón mercado por elas”. Ou o de France García García “o da lejía”, xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte e fusilado o 29 de xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que o seu irmán Bebel. Tamén o de Manuel Pillado, sindicalista, que conta nas súas memorias que “a vida do cárcere da Coruña, comparada coa dos anos corenta, era un balneario”.
Destácase tamén o caso de María Ángeles Rivera Torres Gelines, a única presa política no cárcere da Coruña, condenada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”, e por propaganda ilegal
Nas vindeiras semanas irán publicándose outras lembranzas e relatos, que dan conta do terrible sufrimento ao que eran sometidos os presos políticos (“As descargas eléctricas nos testículos, malleiras con toallas molladas, e horas e horas espido nun retrete de 50 por 50 centímetros en pleno inverno. Todo isto formou parte do suplicio”; Antolín Montes, preso en 1947), a vida no día a día no cárcere (“A comida era moi ruíña e sobreviviamos grazas á achega dos familiares. Os presos comúns tiñan unha situación moi calamitosa, sempre lles axudabamos”; Xosé María Loureiro Fernández, preso en 1972), pero tamén da solidariedade interna e da resistencia e loita dos condenados e condenadas (“O cárcere foi un lugar de encontro con xente valente e xenerosa. Todo o que era épico ou heroico eran eles, os líderes da clase obreira”; Pedro Morlán, preso en 1973)”
http://praza.gal/cultura/10727/memorias-do-carcere-da-coruna-o-que-contarian-as-suas-paredes/Martes 8, decembro 2015
Mesa redonda: “A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta” Ciclo “Foi no cárcere 2017”.
en lembranza de Enrique Vieira falecido o 23 de xaneiro de 2019
O 22 do Novembro de 2017 a Casa Museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión, e o sentimentos, cun carácter retrospectivo, dos implicados.
El 22 del Noviembre de 2017 la Casa Museo Casares Quiroga acogió una mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira y Manuel Porto expresos políticos de la cárcel de la Coruña en el franquismo. Sus reflexiones y vivencias recorrieron el proceso político desde los años 60 de organización de partidos y sindicatos clandestinos, los movimientos sociales en los años 70, la vida carcelaria y de represión, y el sentimientos, con un carácter retrospectivo, de los implicados.
O cárcere no ano 2016, inicio de obras
Fotografias do cárcere no inicio das obras
Albareda en Alemania
Foi Miquel Albareda un dos cataláns presos no cárcere de A Coruña no ano 1937. Eiquí presentamos unha fotos inéditas na inauguración de los JJOO en Berlín e algúns anacos do seu diario mentras estivo preso nos cárceles alemás.
Está publicado polo semanario “La República” no número 13, de agosto de 2018.
Homenaxe ós irmáns da lexía
O domingo 26 de agosto, foi realizado a homenaxe ós irmáns da lexía que sairon do cárcere para seren fusilados ou para lles aplicar a lei de fugas.
Bebel era xogador do Depor foi honrado cun partido de fútbol e unha ofrenda froral no monumento erixido no honor dos catro irmáns: France, Bebel, Jaurés e Pepín.
O acto foi organizdo polos Riazor Blues e a asociación Xermolos e moitas asociaicóns máis, entre elas: memoria do carcere
Inaguración da exposición: Boix o fotógrafo de Mauthussen
As actividades ó redor da exposición iniciaronse coa inauguración da exposición: Boix, fotógrafo de Mauthausen o xoves 1 de febreiro ás 20h na CASA MUSEO CASARES QUIROGA na rúa Panaderas 12 de A Coruña coa participación de José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do Concello de A Coruña, Carmen G-Rodeja , portavoz da ARMH, Francisco Xosé Fernández Naval, escritor, Mathilde Savary, profesora, voluntaria ARMH, Familiares dos deportados: Agustín Cameselle ( neto Fernando Villot) e Antonio Suárez Blanco ( neta Ángela). Ó rematar houbo un recital poético de Orleni Mateo e Efrén Nieto.
conferencia: Los españoles en Mauthausen. Francesc Boix, testigo del horror
No marco das actividades de conmemoración do Holocausto, realizouse a conferencia: Los españoles en Mauthausen. Francesc Boix, testigo del horror o xoves 8 de febreiro ás 20:00 a cargo de Benito Bermejo, investigador do Holocausto e autor dos libros: “Francisco Boix: O fotógrafo de Mauthausen, O fotógrafo do horror: A historia de Francisco Boix e as fotos roubadas aos SS de Mauthausen” e “Cartas desde Mauthausen”. Seguir lendo
Actividades ó redor da exposición: Boix o fotógrafo de Mauthausen
O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Existe un descoñecemento xeneralizado da realidade de españois e galegos nos campos de concentración e de exterminio. A ARMH solicitou ó Parlamento de Galicia un acto de recoñecemento ás persoas que sufriron o Holocausto e o Parlamento de Galicia deu un paso histórico cunha declaración institucional na que recoñece aos máis de 9.000 españois e españolas que foron deportados aos campos de concentración nazis, entre eles casi 200 galegos. Na cidade de A Coruña Inagurouse a exposición Boix o fotógrafo do Holocausto cunha serie de actividades comlmentarias: inaguración, visionado de videos, conferencias e visitas guiadas.

Debe estar conectado para enviar un comentario.