Miguel Sampedro Vázquez, non soportou as malas condicións do penal

Miguel Sampedro Vázquez vivía en Vilameá ( hoxe a  Pontenova- Lugo) e Traballaba de mancebo na farmacia de Pérez Gándaras.

Foi perseguido por ser do PSOE. Agochouse na casa do médico, José María Torviso Bermúdez “Torvisín” na aldea de Conforto

Foi apreixado, xuzgado e condeado  a doce anos de prisión e levado ó cárcere de  Lugo.

Ali , no cárcere, o preso Francisco García Muruiais,  alcalde de Vilarmeá, morrera por administración de aceite de ricino.

A mai de Miguel Sampedro,  con medo,  fixo moitas xestión para que o transladaran á  prisión da Coruña

.Pero non soportou,  as duras condicións do cárcere.

O día 28 de octubre de 1938  morreu de meninxite tuberculosa  nos brazos do seu paisano  Paco García Martínez (“Don Paco de Capellán”), o fillo do alcalde García Muruais que tamén estaba preso. 

Tiña 18 anos.

O farmaceutico da farmacia onde traballaba, Pérez Gándaras, e o médico, Torviso, que o axudou, foron asasinados.

Deixar unha resposta