Francisco García Martínez , “Don Paco de Capellán” era de ORGA . Fillo do alcalde de Vilameá ( hoxe a Pontenova-Lugo) levado ó cárcere da Coruña, con condea a morte.
Foi conmutada a pena por cinco anos de cárcere.
A familia dispón dunha emotivas cartas desde a prisión.
Estando preso soubo da morte do seu pai, o alcalde, Francisco García Murias que morrera no cárcere de Lugo o 31 de Decembro de 1936. Declarada por “muerte natural”. Contan que fora por descomposición por terlle administado aceite de ricinosin compaixón a un home de casi setenta anos, viudo e con seis fillos.
Franciso García Martínez pudo acudir ó enterro co encargo ós gardas de que ” o devolveran vivo”
No cárcere estuvo preso xunto co seu paisano Miguel Sampedro Vázquez. O cal morreo nos seus brazos.
O bisneto conta que: “Durante moito tempo tiña que presentarse no cuartel. Tardou moitos anos en falar, quedaralle omeo no corpo. Non podía ver as armas e agobiábase cando había atentados de ETA. Cando era velliño ainda gardaba as cartas desde o cárcere onde pedía comida e roupa” .
As familias sempre viviron con medo