Miguel Sampedro Vázquez, non soportou as malas condicións do penal

Miguel Sampedro Vázquez vivía en Vilameá ( hoxe a  Pontenova- Lugo) e Traballaba de mancebo na farmacia de Pérez Gándaras.

Foi perseguido por ser do PSOE. Agochouse na casa do médico, José María Torviso Bermúdez “Torvisín” na aldea de Conforto

Foi apreixado, xuzgado e condeado  a doce anos de prisión e levado ó cárcere de  Lugo.

Ali , no cárcere, o preso Francisco García Muruiais,  alcalde de Vilarmeá, morrera por administración de aceite de ricino.

A mai de Miguel Sampedro,  con medo,  fixo moitas xestión para que o transladaran á  prisión da Coruña

.Pero non soportou,  as duras condicións do cárcere.

O día 28 de octubre de 1938  morreu de meninxite tuberculosa  nos brazos do seu paisano  Paco García Martínez (“Don Paco de Capellán”), o fillo do alcalde García Muruais que tamén estaba preso. 

Tiña 18 anos.

O farmaceutico da farmacia onde traballaba, Pérez Gándaras, e o médico, Torviso, que o axudou, foron asasinados.

Francisco García Martínez e o medo no corpo

Francisco García Martínez , “Don Paco de Capellán” era de ORGA . Fillo do alcalde de Vilameá ( hoxe a Pontenova-Lugo) levado ó cárcere da Coruña, con condea a morte.

Foi conmutada a pena por cinco anos de cárcere.  

A familia dispón dunha emotivas cartas desde a prisión.

Estando preso soubo da morte do seu pai, o alcalde, Francisco García Murias que morrera no cárcere de Lugo o 31 de Decembro de 1936. Declarada por “muerte natural”. Contan que fora por descomposición por terlle administado aceite de ricinosin compaixón a un home de casi setenta anos, viudo e con seis fillos.

Franciso García Martínez pudo acudir ó enterro co encargo ós gardas de que ” o devolveran vivo”

No cárcere  estuvo preso xunto co seu paisano Miguel Sampedro Vázquez. O cal morreo nos seus brazos.

O bisneto conta que: “Durante moito tempo tiña que presentarse no cuartel. Tardou moitos anos en falar, quedaralle omeo no corpo. Non podía ver as armas e agobiábase cando  había atentados de ETA. Cando era velliño ainda gardaba as cartas desde o cárcere onde pedía comida e roupa” .

As familias sempre viviron con medo