Doumental sobre a aboa presa en Lugo

Novo podcast de Nuria López

Queremos presentarvos ‘Alén dos silencios’, o último documental da creadora luguesa Carmen P.G. Granxeiro. Un traballo moi persoal que arrinca na historia da súa avoa, que sendo unha meniña de meses estivo no Vello Cárcere de Lugo cando seus pais estaban presos. Unha obra coa que pretende rachar os silencios, presentes en moitas familias, durante os tres anos de guerra e os case 40 de ditadura.

“O silencio foi unha ferramenta que empregaron moitas persoas para manter con vida os seres queridos e a si mesmes”, explica Carmen. Podes escoitala no capítulo 39 de ‘A ferida aberta no 36’.

🎧 Ou na nosa canle de Youtube

Ver menos

Deixar unha resposta