Aprender no cárcere

LIBROS

 

“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

Un pardal

pardal blanco e negro

Un suceso simple  pode ser unha alegría

“Unha tarde, perto do serán, vin un fato de compañeiros que estaban parados fitando para o tellado do alpendre que había ao longo da parede; achegueime ó grupo e poiden ver de qué se trataba; alí enriba do cuberto había unha parella de pardales que estaba cumprindo co mandato da natureza para que non se extinga a especie. Este feito tíñamolo visto moitras veces sin lle dar importancia; máis aquí para nós tiña un siñificado especial; era como un mensaxe esotérico para as nosas arelas sensuales..”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Ó lonxe o ruido da fábrica de armas

Os días facíanse longos e as noites mías longa ainda. As nosas vidas xa non tiñan esa sensación acongojada da espera, tiñan máis ben a apatía da renunciación, pois morriamos pouco a pouco aplastados pola certeza da derrota (…) Ibase a noite e non levaba nada de nós; ficamos con aquello que ninguén nos pudo quitar: os sentimentos.: Chegou o día i escoltábamos a chegar os ruidos lonxanos da cidade que bulía e desgoraba; os centinelas seguían berrando Alerta! par despertar  os noso pensamentos amornados; os ta-ta-ta-ta-ta… das ametralladoras que os da fábrica de armas estaban probando para que quedaran ben axeitadas, ouvíase perto de nós como unha diana que nos regalaban pra que nonos esquencéramos dos irmáns que as devanditas armas iban a matar”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicions do Castro. Sada

No patio

Os ruidos das pisadas do camiñar paseniño, con zocos e madreñas ouvíase como si arrastráramos cadeas; eu pensaba que os espritos de outros presos que por alí pasaban iban na nosa compaña co andar silandeiro e blasfemias apagadas nos seus hirtos beizos. Nós eramos os esclavos irredentos coa rebeldía maguada sufrindo un ultraxe inútil.. que nos roía por dentro afondando a espranza dun mañán incerto

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Himnos falanxistas

220px-COA_Spain_under_Franco_1938_1945_bureaucratic_version.svg

No cárcere facíanlles  cantar ós presos as cancións fascistas.

 

 

 

 

Humillában-nos a cotío e para vexarenos máis, agora tíñamos que cantar, obrigados, as estrofas do himnos máis odiados pro nós, as que entonaban con rexouba  os que asesinabas ós noso irmáns. Era unha crueldade inútile” Mandábanlles berrar, España, una España grande, España libre, “A palabra libre!!! Foi berrada con tal forza que a deberon ouvir  nos Cantóns

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 

Situación na que chegaban algúns dos presos

“González,  o médico,  viña da enfermería, Viña coa faciana esluada e amostrábase moi tristeiro..  Hai algo que me revolveu o bandullo e que me deixou anguriado. Estaba na enfermería falando co meu cofrade cando chegaron cun preso nunha camilla. Viña sin sentido. Trátase dun home xoven, como de trinta anos. O oficial que o acompañaba dixo con sonrisa despectiva:

– A ver se podedes facer algo por éste.. ainda coido que  non paga a pena…

O probe home estaba suoroso, eluado e amosaba un carís impresionate. Na facian e no corpo víanse as roxas sinais dos golpes recibidos a xuzgar polas contusións esmatosas e os morados cardenales. O castigo debeu ser abraiante… Sacáronlle a roupa e apareceron as costas e nelas as huellas terribles  que deixaron na aplicación na carne viva dunha plancha ben quente; víase catro queimaduras profundas, dúas no lombo e dúas nas nádegas; as do lombo son tan profndas ue se poden ver as costelas, carne chmuscada polas beiras. Os delores deberon ser terribles. Ademáis tiña cardenales roxos polo resto do corpo, sinais ríspidas dunha tralla manexada con asaño. Dimpois do suplicio, por qué non o levaron a un hospital en lugar de metelo na cadea? Por sorte para él finou antes de recobrr o sentido. Quén era? Nunca o soupemos.

Cecais nin a súa familia, si a tiña, ainda hoxe iñorará o final deste probe mártir.

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.