O golpe de Estado na Coruña: O horror

Con realismo, o investigador Luís Lamela amosa a desfeita vivida na cidade

“Vou morrer coa fronte ergueita e tranquila conciencia, cal corresponde a un home honrado”… (Francisco Prego Campos, fusilado el 31 de agosto de 1936).

O conxunto formado pola Prisión Provincial, Punta Herminia e o Campo da Rata foi a partir de xullo de 1.936 unha xeografía de terror inmenso. Inauguráronse os macabros fusilamentos polos militares sublevados coas autoridades gubernativas da Segunda República na Coruña. Isto é, axustizando o 24 de xullo ao novo gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, ao comandante e ao capitán das forzas de Asalto, Manuel Quesada del Pino e Gonzalo Tejero Langarita.

Despois, tocoulle a quenda a moitos máis republicanos, socialistas, galeguistas, anarcosindicalistas, ugetistas, comunistas, masóns…, fusilamentos que formaron parte durante moito tempo da paisaxe da zona da Torre de Hércules.

Precisamente, logo de recibirse un telegrama oficial da Xunta de Defensa Nacional, de Burgos, dirixido ao Xeneral da Oitava División Orgánica, na Coruña, dando o seu “enterado” da sentenza recaída no consello de guerra seguido contra as autoridades municipais da cidade, o 31 de agosto foron fusilados o propio alcalde, Alfredo Suárez Ferrín, de Unión Republicana; o deputado nacional Manuel Guzmán García, de Izquierda Republicana, Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local Socialista coruñesa; Joaquín Martín Martínez, secretario municipal; Francisco Prego Campos, funcionario municipal e Francisco Mazariegos Martínez, funcionario do Banco Pastor e sindicalista, salvándose da quéima o funcionario Leovigildo Taboada Alvarellos e o libreiro Xosé María Eirís aos que lles conmutaron a pena de morte pola de cadea perpetua.

Toda unha macabra ilusión.

Leovigildo Taboada e Xosé María Eirís foron “paseados” pola Garda Civil no Campo da Rata o 12 de xaneiro seguinte. Unha Garda Civil que transitaban entón sen rubor algún –auxiliados eficazmente por falanxistas e por compoñentes dos Caballeros de La Coruña- polos escabrosos sumidoiros do novo Estado franquista, daquel réxime que deixou sen dereitos a media cidade e a media España.

Seguir lendo

Manuel Guzmán García, diputado

manuel guzman.jpg

Nacido en Rentería (Guipúzcoa) en 1878, casado con Carmen Cadavid Díaz, despois adicouse ó comercio. Durante 12 años pertenceu ó coerpo de Carabineros, destinado en vixilancia de portos y en Aduanas, en A Coruña, corpo que abandonou para adicarse á intermediación entre os emigrantes e as navieiras, como representante de ditas compañías adicadas ó seu  traslado a países americanos. Era amigo de Casares Quiroga e foi diputado a Cortes por Izquierda Republicana nas eleccións de febreiro de 1936.

Nos días nos que  en que  o exército se sublevou nas  posesións africanas, Manuel Guzmán formou parte do Comité de Defensa da República, en A Coruña, e sempre  estivo ó lado del gobernador civil, colaborando, ata que los militares decidieron salir á rúa o  luns 20 de xulio.

Foi detido xunto a Francisco Prego, o dia 27 de Xullo, logo de pasar varios días escondidos en casa dunha amiga na rúa Florida 35 , desque abandoaran o goberno civil no momento de comenzar o tiroteo contra os golpistas. Foron arrestados. 

Guzmán y Prego, que non portaban arma algunha, foron arrestados e trasladados a locais policiais. Dous días despois, , ingresaron en prisión en réxime de incomunicación total,  levantada el 1 de agosto.

Foi  xuzgado en  consello de guerra  o 26 e 27 de agosto xunto con alcalde da Coruña Alfredo Suárez Ferrín , o secretario do concello Joaquín Martín Martínez , o secretario de goberno civil Leovigildo Taboada e os líderes socialistas Ramón Maseda, Prego e  outros catro coruñeses, todos eles acusados de  rebelión militar.

Foron condeados e executados en Punta Herminia o 31 de agosto de 1936. Manuel Guzmán Tiña 58 anos.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada, 2005.
https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Guzm%C3%A1n_Garc%C3%ADa
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/05/03/1650947.shtml

France García García “da lejía”

1-Socialistas hacia Gob. Civil para pedir armas y municiones
Foto: primeiro a esquerda Pepin de la Lejia (José García García), detrás, con abrigo, o seu irmán France. 

Naceu en Ribadeo en 1912, traballaba no negocio familiar (unha pequena fábrica de lexías) en A Coruña. Presidente das “Juventudes Socialistas Unificadas” de A Coruña formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, loitando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados. Foi  detido en Guitiriz o 25 de xullo do 1936 xunto aos seus irmáns Bebel e Jaurés e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte.  Foi fusilado o 29 de Xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que  o seu irmán Bebel. ( Jaurés foi morto na aplicación de “lei de fugas” xunto a José María Eirís e   Leovigildo Taboada)

Velaquí compartimos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.

LAMELA GARCÍA, L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A  Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Jaurés García (da lexía)

si IMG_20160223_183145.jpg

Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e  Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares  que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas  da cidade contra os sublevados,  foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns  France e Bebel, en Gutiriz.

Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).

O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a  Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.

So chegaron os tres primeiros

Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.

Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,

Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.

A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.

Fonte:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://dfszee.blogspot.com.es/

José Maria Eirís Carro

jose maria eiris O libreiro de San Nicolás asesiñado xunto á Torre

Naceu en A Coruña o 8 de xaneiro de 1902. Libreiro na rúa San Nicolás, dirixente local de Izquierda Republicana, e directivo do Casino Republicano. Foi nomeado delegado do Goberno Civil en 1936 como mediador en varios conflitos na provincia.

Foi detido no momento en que co “Comité de Defensa de la República”, con bandeira blanca, abandonou o edificio gubernativo ao rendirse o gobernador civil, Pérez Carballo, o 20 de Xullo de 1936
Preso na prisión provincial, prestou a primeira declaración ante o Xuiz Instructor militar o día 3 de Agosto de 1936. Foi condenado a cadea perpetua.
O 12 de xaneiro de 1937, aos 35 anos foi asesinado xunto a Jaurés García e Leovigildo Taboada, no Campo da Rata, nas proximidades da Torre de Hércules, nunha suposta aplicación da lei de fugas cando eran “trasladados” ao tren que os debería levar á prisión de Pamplona.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.