Arrepiante historia a do cárcere da Coruña
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2024/10/09/domingo-quiroga-relata-o-sufrimento-109085561.html?fbclid=IwY2xjawFzVxpleHRuA2FlbQIxMQABHeJE8bOITxPppp2cuIjFocSM270hSU4lOL4AWFY5DPonLjAtxlPHRJozdg_aem_SUKl7oUk1CwmMKXbWHKtzA
Domingo Quiroga Ríos
“Un cego nun cárcere franquista”

Xesús Alonso Montero
Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia o 5 de xulio de 2024
“Dentro dos libros sobre a represión franquista, moi poucos me teñen impresionado tanto como o que acaba de publicar Luís Lamela co título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, 2023). Luís Lamela, ben coñecido e recoñecido como estudoso da represión franquista en Galicia, debrúzase, neste volume, con pluma de historiador sensible, sobre as memorias inéditas de Domingo Quiroga tituladas Un masón en la hoguera. Son significativas as páxinas que reproduce ad litteram e o lector agradece as reflexións que fai Lamela, quen, por outra parte, achega moitos datos, por el investigados, para coñecermos capítulos das biografías dos seus compañeiros de cela, a 41 da prisión provincial da Coruña desde 1937.
Seguir lendoUnha fiestra á represión no cárcere da Torre, na Coruña: “¡Papaíto, que no te maten!”

Enrique Carballo, A Coruña 18 JUN 2024 6:01
artigo de La Opinión Coruña sobre o libro de Luís Lamela Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos
“¡Que no te maten, papaíto, que no te maten, papaíto!” foi o berro dun neno, fillo dun represaliado condenado a morte polo franquismo encirrado na antiga cárcere provincial da Coruña, cando o vía marchar desde a fiestra cara a súa execución. As palabras quedaron nas memorias ata agora inéditas do coruñés xa falecido Domingo Quiroga, represaliado pola súa pertenza á masonería e que estivo entre 1937 e 1939 na instalación, agora sen uso e situada no paseo marítimo, preto da Torre.
Seguir lendoLuís Lamela, escritor: «Por que se salvou Domingo Quiroga? Coido que por sorte, non estaba na diana»

O investigador edita os diarios de prisión do xornalista da Coruña que traballou para a ONU
19 jun 2024 . Mila Méndez Otero
“Foi o fillo do protagonista do seu último libro quen puxo en mans do escritor e investigador Luís Lamela (Corcubión, 1945) os diarios do seu pai, Domingo Antonio Quiroga Ríos (A Coruña 1900-1991). «Héctor Quiroga entregoume os textos logo de ver como fun contando a historia dos represaliados da Coruña», di Lamela. Foi así como as memorias daquel preso político durante a Guera Civil se converteron no título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, que edita a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Lamela presenta este mércores na casa museo Casares Quiroga o libro sobre este pioneiro na defensa dos recursos pesqueiros que foi tamén o primeiro presidente de Adega.
Seguir lendoJordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña

Sabiamos da obra de Jordi Tell polos estudios de Xosé Lois Martínez , pero foi a través de Arturo Taracido Veira que coñecimos á persoa que había detrás da súa importante obra.
A investigación histórica apórtanos esa enorme emoción cando imos debrullando o fío para chegar ás persoas e ás súas vidas.
Foi Arturo Taracido Fraga , fillo do tenente alcade republicano da cidade da Coruña Arturo Taracido Veira , quen nos contou a estadía do seu pai no cárcere, as fatigas e sufrimentos que soportou a familia e as dificultades posteriores. Tamén nos falou da solidariedade e das amistades que fixeron no penal.
Durante ese ano 36 e seguintes era o cárcere un lugar lóbrego e triste pero onde decenas de persoas acudían para colaborar, para axudar coa comida para dar apoio…Gran cantidade de persoas da Coruña estaban presas e alí una gran número delas eran sometidas a consellos sumarísimos ou a cobardes “paseos”.
E soubemos da chegada – en abril do 37- dun grupo de catalanes, que viñan de Alemania, e foran enviados pola GESTAPO a Franco, e foron presos na Coruña.
Eran Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.
Seguir lendoLuz ás sombras da Coruña
![]()
Artigo de Alba Porral en LA OPINION
O blog ‘A Memoria do Cárcere’ recupera a historia de Arturo Taracido, concelleiro coruñés entre o 31 e o 34, coa testemuña do seu fillo
“O paso pola prisión provincial do concelleiro, tenente alcalde e deputado Arturo Taracido é unha das últimas publicacións que recolle o blog ‘A Memoria do Cárcere’, impulsado por Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. A historiadora recupera feitos e lembranzas dos presos políticos e os seus familiares coa intención de rehabilitar e dar dignidade ás vidas dos represaliados pola ditadura.
O cárcere provincial garda unha memoria agochada que, con iniciativas individuais e colectivas, vai dando pequenos pasos para completar e dar luz ás sombras da historia da Coruña. É o caso do blog A Memoria do Cárcere, onde a historiadora Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, conta as historias dos presos políticos que pasaron tempo entre paredes represoras a través de testemuños, debuxos, fotografías, vídeos e poemas que conforman unha sorte de grito para desafiar ao silencio. Unha das últimas publicacións lembra a Arturo Taracido, concelleiro da Coruña entre o 31 e o 34, despois tenente alcalde e vicepresidente da Deputación Provincial no 36. Foi a primeira persoa que entrou por oposición no Concello. Tamén foi membro das Irmandades da Fala, presidente do Casino Republicano e colaborador de A Nosa Terra.” Seguir lendo
Estampa e perfiles do patio
Neste interesante e inédito poema de 1937 Quintás Goyanes vai describindo a diferentes compañeiros de presidio: Gascón, Alvareda, Boadella, Jordi Tell, Domingo Quiroga, Benigno Araujo e Taracido.

![]()
Diciembre en la cárcel,/-bajos soportales/ un viento que corta,/ni rastro de sol.
Sólo el optimismo/que anida en los pechos, hace que en el patio,/haya algún calor.
En grupos los presos/discurren tranquilos; discuten a veces,/charlan sin cesar.
Llegó la noticia.../se juntan los grupos y la algarabía/crece más y mas. El grupo babilónico/y multiparlante da a un rincón del patio/curiosa expresión.
Arturo Taracido Veira
Arturo Taracido Veira : A dignidade

Importante personaxe du mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA, firmante do pacto de Lestrove, membro da Irmandade da Fala, masón, presidente do Casino republicano, concelleiro, e teniente alcalde. Salvou a vida pero paso anos en presidio e confinamentos. “Nunca falou cosas tristes á familia”.
Naceu nunha familia moi humilde, sempre tivo interés pola cultura e asistía aun colexio ” de cegos e e nenos probes”no que pagaba unha peseta. Ós doce anos empezou traballar de mandadeiro no almacén Le beau Marchais na rúa Real e á vez aestudiaba polas noites. O traballo era moi duro: traballábase dez horas diarias sen descanso dominical. A pesar de todo conseguíu estudar Comercio polas noites onde con vintasete anos pasou a ser profesor na Escola.
Tamén gañou a oposición a funcionario municipal pero decidíu deixalo e marchar á rúa Senra a traballar de contable nunha fábrica de zapatos.
No ano 1925 con trinta e oito anos entra a traballar en Laboratorios Orzán onde acaba sendo xerente e socio.
Diciembre en la cárcel,/-bajos soportales/
un viento que corta,/ni rastro de sol.
Debe estar conectado para enviar un comentario.