“Siempre dormí con la foto de mi abuelo bajo la almohada”
Entrevista realizada a Alfredo Suárez, neto do alcalde republicano Alfredo Suárez Ferrín onde nos conta os recordos da familia.
Entrevista realizada a Alfredo Suárez, neto do alcalde republicano Alfredo Suárez Ferrín onde nos conta os recordos da familia.
Eran as catro da tarde do martes 21 de agosto de 1936 cando os militares o detiveron no seu propio domicilio, no número 27 de Riego de Agua. Pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte.
Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror; foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar.
Colaboración de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, sobre a dor da represión.

No seu libro de memorias Manuel Pillado conta o tempo pasado en prisión no ano 1972. Alí estiveron tamén con él os seus dous fillos Rafael e Raúl tamén sindicalistas. Compara a situación do cárcere no 72 coa que vivira na posguerra: a comida, a organización, describe as súas conversas cun funcionario co que xa coincidira en outras prisións e a solidaridade entre os presidiarios…
Proxecto de Isabel Coixet “From I to J” homenaxe a John Berger. Instación presentada no cárcere da Coruña como homenaxe a John Berger no ano 2010.
Cadro pintado por Rafael Pillado no cárcere da Coruña. Na oscuridade, ve o mundo de fóra cheo de luz.


“A prisión da Coruña dispuña de catro patios, separados por unas galerías repletas de celas no baixo e no primiero piso, en froma de cruz. O que quedaba á esquerda , segundo se entraba, correspondía ás mulleres, totalmente illado das instalaciós para homes , ainda que as lendas carcelarias falaban de visitas de certos personaxes privilexiados ( funcionarios e presos clase A) a ese enclave. O da esquerda, no interior,era o lugar onde se achaba a barberías e outras dependencias auxiliares.
No da dereita interior, deambulando todo o día, amontoábanse os presos común. O único que se lles ofrecía naquel recinto para integrase na sociedade, consistía en dar voltas e mási voltas , sen outro quefacer que malcomer, realizr xogos de azar e recibir “cursiños acelerados” para circular con éxito pola senda do delito e pucas cousas máis.
E para rematar, o patio da dereita segundo se entra, en cuxas dependendencia a nivel do primiero piso, estaba instalada a enfermería. Este patio era o asignado ós presos políticos.”
En 1936, ao sublevarse os militares contra a II República, os rebeldes encerraron miles de presos nos territorios que van gañando. En Galicia, na prisión provincial da Coruña, amorearon ata dous miles presos nunha prisión na que só podían caber 200, en condicións de hixiene infrahumanas e un ambiente de terror. Situada no “barco de pedra” que se adianta ao mar, fronte á Torre de Hércules e a un espazo xeográfico baleiro naquela época, era o último paradoiro antes dos asasinatos nocturnos, polo xeral.
Seguir lendo
Interesante noticia de ABC ( 2 novembro de 1936) sobre a represión na Coruña. No apartado titulado “En Asturias y Galicia”

No cárcere facíanlles cantar ós presos as cancións fascistas.
“Humillában-nos a cotío e para vexarenos máis, agora tíñamos que cantar, obrigados, as estrofas do himnos máis odiados pro nós, as que entonaban con rexouba os que asesinabas ós noso irmáns. Era unha crueldade inútile” Mandábanlles berrar, España, una España grande, España libre, “A palabra libre!!! Foi berrada con tal forza que a deberon ouvir nos Cantóns”
Debe estar conectado para enviar un comentario.