Pepín de la Lejía y el exilio de todos

A filla de Pepín “da lexía” lembra o seu pai  exiliado despois do asasiñato dos seus tres irmans.

Adicado a “Pepín da lejía”

Yo no lo vi,
Su tiempo
Sonaba prematuro .
Para mis cristalitos-ojos,
Muy informes y tenues,
Sin celulas visuales
Del todo organizadas
Que me dejaran ver.
Por tanto, no lo vi,
Pero si  lo viví: Las ropas desgajadas,
Las almas desgajadas,
¿Que iriamos a hacer?
Incognitas apenas,
Sin ninguna respuesta.
Los miedos no existían .
De tanto ya existir.
Y sobre nuestra espalda
Lejanas osamentas,
Veniamos portando,
Sabiendo de que quien.

Seguir lendo

Mariñeiros de Cervo no cárcere da Coruña

CERVO

Ramón Martínez Paleo, Lois Diéguez,  Esteban Castro Alonso,  Antonio Abad Gomez eran mariñeiros de Cervo ( Lugo), Justo Cao Carvajales, gandeiro e Claudio Pernas Campo, fogoneiro. Todos tiñan menos de 30 anos cando foran aprexados acusados de “auxilio a la rebelión” na sentencia xudicial de 17 de agosto de 1936. Foron sentenciados a reclusión perpetua e despois de pasar polo cárcere de Lugo foron enviado ó penal coruñés o dia 20 de Abril de 1937.

Seguir lendo

Expediente carcelario de Benito López López

Indultado despois de morto

Ficha penitenciaria (p01  p02 p03 p04) de Benito López e López, barbeiro,  veciño de Ribadeo que entra na prisión provincial de Lugo  o 30 de setembro de 1936 , procesado en Octubro dese mesmo ano e condeado a prisión perpetua.

Foi conducido  ó penal coruñés o 20 de marzo de 1937 onde falece vítima da tuberculosis o  20 de marzo de 1940.

Tres anos despois O 23 de febrero de 1943 inscríbese no documento a conmutación da pena.

 

Homenaxe ós irmáns da lexía

O domingo 26 de agosto, foi realizado a  homenaxe ós irmáns da lexía que sairon do cárcere para seren fusilados ou para lles aplicar a lei de fugas.
Bebel era xogador do Depor foi honrado  cun partido de fútbol e unha ofrenda froral no monumento erixido no honor dos catro irmáns: France, Bebel, Jaurés e Pepín.

O acto foi organizdo polos Riazor Blues e a asociación Xermolos e moitas asociaicóns máis, entre elas: memoria do carcere

Benito López López o barbeiro socialista de Ribadeo, indultado despois de morto

Foto BENITO LOPEZ NIETO RIBADEO.jpg

Benito López López, de Ribadeo, era socialista,  foi  acusado de “instigar” ás tropas franquistas na súa entrada en Ribadeo e condeado por “traición” a reclusión perpetua. Foi preso no cárcere de Lugo e transaladado ó penal coruñes onde faleceu  de tuberculosis pulmonar, pola fame e polo frío que había daquela nos cárceres de franquismo. Era o ano 1040 . Tiña 43 años e  dous  fillos pequenos.

Seguir lendo

O calabozo

 

clabozo.jpg“Cando cheguei a porta do calabozo que me cadrou en sorte, rexistráronme como si viñera de fóra; non me deixaron ren, nin reloxio, lápis, papel, ren de re; eu daquela non tiña tabaco no meu poder porque tiven que deixar o vicio por necesidade; a colchoneta, a manta, o plato, a culler tamén ficaron afora. Entrei soio e pareceume que mesmo entraba nun pozo;  cerrouse a porta e somentes tiña de compañeira a máis completa oscuridade; alí non había ren, nin cadeira, nin poio, nin catre, ren de res; soio as catro paredes, o teito e o chan,  todo de cemento frío e húmedo; nun curruncho estaba a taza do retrete, máis non había auga. Quixen orientarme i escomencei a camiñar, mási axiña tropecei coas paredes. O cabouco tería pouco máis de dous metros de longo por un  e medio de ancho; 

Seguir lendo

Manuel Pena Camino, guerrilleiro!

xesteira-2Natural de Castro, concello de Mesía, dunha familia de labradores vai traballar a unha serrería, e faise colaborador do partido comunista. Foi detido e xuzgado xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos  Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel  Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados a pena de morte, executada no caso de médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.

Seguir lendo

Asalto ó cárcere no ano 1948

O grupo guerrilleiro –entre eles Camilo de Dios– intentou liberar a José Gómez Gayoso (Secretario xeral do Partido Comunista en Galicia) e Antonio Seoane (Xefe da IV agrupación do Exército Guerrillero de Galicia), presos no cárcere da Coruña. ,Despois dunha semana de viaxe polo monte desde Ourense, chegan nunha lanchiña por mar á torre de Hércules un grupo de oito guerrilleiros de Ourense apoiado por sete homes de Betanzos; consiguen entrar no cárcere, un deles desfrazado de guardia. Á saida eran esperados pola Guardia civil con ametralladoreas. Non liberaron ós líderes pero conseguiron escapar ilesos da cidade a pesar de que nunca antes estiveran nela.

Entrevista realizada na prisión de A Coruña a Camilo de Dios, feita por Manuel Peña Rey e Carlos Portomeñe.  2009

Extracto do documental “Tempo de memoria” de Jorge Gil