Amoreados nas celas

si carcerecoruña Mada Carballeira (25).jpg

O amoreamento seguía, en celas de quince presos metían oitenta “houbo un intre en que só tíña cuarenta centímetros  para estender a colchoneta” e había que dormir de costas e para non respirar o alento uns dos outros poñiamos unha taboliñas que nos deran na cociña”

A aglomeración era como un castigo, había que estar a cotío aguantando o bureo de tanta xente, o fume dos pitillos, a pouca ventilación, a forzosa falla de higiene co cheirume de suores e roupa suxa;  a única ventaxa  que tíñamos era o retreta que estaba nuna estancia separada por unha porta de maderia que se podía pechar; nela estaba dúas tazas de letrina e un grifo para poder sacar auga ; tamén tiña unha pequeña fiestra que daba ó pateo do lavadeiro e donde donde se podía ollar somentes o muro e  a garita dos centinelas:  alí podíamos lavarnos un pouco o corpo, ainda  que ás agachadas , pois eso estaba prohibido;  a hixiene era un luxo ó cal non tíñamos ningún direito.”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s