Jose Humberto Baena

O último fusilado do Franquismo

baena

José Humberto Baena Alonso, naceu en Vigo 1950 e morreu fusilado por consello de guerra o 27 de setembro de 1975  un mes antes da morte do dictador Franco nun proceso cheo de irregularidades.

Nunca se reparou esa inxusticia.

Naceu nunha familia obreira de Vigo e eran tres irmáns. A familia axudou para que pudera facer unha carreira e marcho á Universidade de Santiago. Alí matricúlase na carreira de Filosofía e Letras.

No 1970, no primeiro ano de universidade foi detido por  facer unha sentada diante  da Facultade. O cargo era participar nunha manifestación ilegal.

Detiverons a máis de 100 mozos. A Baena non o colleron nun principio pero despois a policía foi preguntando ós detidos e  un a un foron decindo os nomes dos demáis. José Humberto marcha Vigo e fórono buscar a casa . A policía  dixeralle ó pai que o levaban a declarar na comisaría pero na realidade as “declaracións” foron paus, torturas e golpes salvaxes. na comisaria de Vigo e depois na de Santiago.

Despois foi levado ó carcere de Coruña con outros compañeiros de facultade onde  permaneceu un mes.

“Nunca quixo dar detalles  do que alí pasara. Debieron ser unas torturas muy grandes porque cuando o foron a buscar a casa no ano  1975 él dixo: Papa me voy porque si me coge la policía no quiero pasar por lo que pasé. Aunque él  era un chico muy sufrido pues nunca se quejaba”- relata a súa irmá Flor.

humberto e flor

Tivo que deixar os estudios e intentou poñerse a  traballar , pero non era posible pois non se lle concedía  o certificado de boa conducta, necesario para casi todo na  época: pasaporte, carnet de conducir… -a pesar de ter sido absolto no ano 1972-  e  tivo que  sobrevivir con traballos ocasionais.

A continuación foi facer o servicio militar con constante vigilancia por parte do SIM (servicio de intelixencia militar)  a Colmenar en Madrid e alí foi destinado nun cuartel de castigo. Facendo a mili faise do PC (ML).

Voltou a Vigo onde empezou a traballar de peon na fundición Fumensa.O día 1 de maio de 1975  celebrouse a manifestación en Vigo. Nel un policía de paisano disparou a un empregado de FENOSA que estaba nunha terraza. A esquela Faro de Vigo recollía a súa morte como “accidente laboral”. Humberto Bena e trece compañeiros levaron,  ó día seguinte, unha coroa ó cementerio e foron ó periódico a poñer outra esquela onde se registraba “muerte por represión pública” para o que deixaron  informaron da súa identidade.

Ó día seguinte fórono  buscar a casa. E tal como se dixo antes polo medo ás torturas, acorda escaparse a Madrid. O día 5 de Maio de 1975  marcha coa moza Maruxa a casa de uns amigos que eran de Vigo. A finais de maio  deteñen a Maruxa  xunto cun grupo de manifestantes, despois foi xuzgada e presa no cárcere de Yeserías.

Mentras Humberto marcha a Portugal onde accedían polos montes na fronteira de Extremadura. Foi no  coche cun amigo e quedaron nunha pensión por onde pasaba o camionero da empresa onde traballaba  o pai de José  Humberto e era quen lle levabacomida, cartas e roupa de parte da familia

O día 13 de xulio Humberto ainda estaba en Portugal. O  día 14 foi asesiñado  un policía en Madrid. A el acúsano de ser o autor.

O día 22 de xulio de 1975  ás 10, 20  foi apresado  e, como conta en El cuento del reloj, parouselle a vida.

O xuicio realizouse cheo de irregularidades: non se aceptaron as testemuñas do defensor, non se deixou declarar as pesoas que viran o asesiñato -e que afirmaban que o aspecto do  asesiño non coincidía co do asusado-  tampouco se aceptaron decenas de probas presentadas. Foron condeados a morte

Al Alba do  día  27 de setembro de 1975  Foron  acribillados a balazos  no monte de Hoyo de Manzanares Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo , Ramón García Sanz , Juan Paredes (Txiki) e Ángel Otaegui.

O mundo entero revolveuse sen que houbera piedade. Franco postrado na cama seguía matando.

Poucos días despois  a familia organizou o enterro no cementerio de Peinador en Vigo e estaba esperando para despedilo con afecto. Cando chegaron ó cementerio non se lles deixou entrar;  xa o inhumaran os militares.

Nin enterro digno lle deixaron ter!

Entrevista realizada  a Flor Baena irmá de Humberto ( CGR)

Documental “Septiembre del 75”

carta escrita no carcere de Carabanchel antes da execución da sentencia de morte

2 thoughts on “Jose Humberto Baena

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s