
Artigo de Gemma Domènech i Casadevall (ICRPC): “El largo exilio del arquitecto catalán Jordi Tell Novella” no libro Arte, ciencia y Pensamiento del éxodo español de 1939

Artigo de Gemma Domènech i Casadevall (ICRPC): “El largo exilio del arquitecto catalán Jordi Tell Novella” no libro Arte, ciencia y Pensamiento del éxodo español de 1939

Sabiamos da obra de Jordi Tell polos estudios de Xosé Lois Martínez , pero foi a través de Arturo Taracido Veira que coñecimos á persoa que había detrás da súa importante obra.
A investigación histórica apórtanos esa enorme emoción cando imos debrullando o fío para chegar ás persoas e ás súas vidas.
Foi Arturo Taracido Fraga , fillo do tenente alcade republicano da cidade da Coruña Arturo Taracido Veira , quen nos contou a estadía do seu pai no cárcere, as fatigas e sufrimentos que soportou a familia e as dificultades posteriores. Tamén nos falou da solidariedade e das amistades que fixeron no penal.
Durante ese ano 36 e seguintes era o cárcere un lugar lóbrego e triste pero onde decenas de persoas acudían para colaborar, para axudar coa comida para dar apoio…Gran cantidade de persoas da Coruña estaban presas e alí una gran número delas eran sometidas a consellos sumarísimos ou a cobardes “paseos”.
E soubemos da chegada – en abril do 37- dun grupo de catalanes, que viñan de Alemania, e foran enviados pola GESTAPO a Franco, e foron presos na Coruña.
Eran Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.
Seguir lendoMoi interesante e documentado artigo publicado pola investiadora Gemma Domènech Casadevall na revista SÀPIENS núm. 182 de xunio de 2017 sobre o grupo de cataláns no cárcere de A Coruña no ano 1937. A través da correspondencia e os diarios pódese artellar unha interesante visión da vida cotiá na prisión de A Coruña.
Així era la vida en una presó de Franco durant la Guerra Civil.

Era o ano 1938 e estaban no cárcere de A Coruña. Alí o arquitecto Jordi Tell que viñera con outros paisanos cataláns repatriado desde Alemania, realizó este retrato do pintor Mario Granell .
A familia conservao con agarimo.


Un grupo de cataláns chegan dese Alemania deportados pola GESTAPO: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Era Abril do 37.
«Tocaban diana ás sete e levantabámonos realmente cara ás oito, e logo de beber un “tipo de café” saíamos ao patio, onde o primeiro dia xa sabían da nosa chegada e bautizáronnos os seis alemáns. Non fai falta dicir que nun patio onde todo o mundo odiaba o país de onde procediamos, porque facía a guerra xunto a Franco, fixéronos o baleiro, ata que un día Carlos Ponche (Ponte) Patiño achegóusenos máis que os outros e ó ver que non mordiamos rompeuse o xeo, e de súpeto todo o mundo xa nos era máis amigo».
![]()
Artigo de Alba Porral en LA OPINION
O blog ‘A Memoria do Cárcere’ recupera a historia de Arturo Taracido, concelleiro coruñés entre o 31 e o 34, coa testemuña do seu fillo
“O paso pola prisión provincial do concelleiro, tenente alcalde e deputado Arturo Taracido é unha das últimas publicacións que recolle o blog ‘A Memoria do Cárcere’, impulsado por Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. A historiadora recupera feitos e lembranzas dos presos políticos e os seus familiares coa intención de rehabilitar e dar dignidade ás vidas dos represaliados pola ditadura.
O cárcere provincial garda unha memoria agochada que, con iniciativas individuais e colectivas, vai dando pequenos pasos para completar e dar luz ás sombras da historia da Coruña. É o caso do blog A Memoria do Cárcere, onde a historiadora Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, conta as historias dos presos políticos que pasaron tempo entre paredes represoras a través de testemuños, debuxos, fotografías, vídeos e poemas que conforman unha sorte de grito para desafiar ao silencio. Unha das últimas publicacións lembra a Arturo Taracido, concelleiro da Coruña entre o 31 e o 34, despois tenente alcalde e vicepresidente da Deputación Provincial no 36. Foi a primeira persoa que entrou por oposición no Concello. Tamén foi membro das Irmandades da Fala, presidente do Casino Republicano e colaborador de A Nosa Terra.” Seguir lendo
Neste poema en galego Arturo Taracido agracede a Jordi Tell, de xeito humorístico o retrato que lle fixera na prisión . taracido poema a tell


O martes 26 de Abril presentouse na casa museo Casares Quiroga en A Coruña a conferencia titulada “Arquitectura no cárcere”, organizada pola ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e PC ( Proxecto Cárcere) co a colaboración da ETSA ( Escola técnica Superior de Arquitectura)
Presentou o acto : José Lado (Proxecto cárcere)
Participaron:
Xosé Lois Martínez, arquitecto ( ETSA): República, arquitectura e cidade, un proxecto interrumpido
Carmen Garcia-Rodeja, profesora (ARMH): Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña
Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) : Jordi Tell arquitecto , a modernidade na Coruña, unha vida apaixoante.
A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón, supuxo un dos hitos na modernidade en Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de nova aruitecrua que foi esmagada pola dictadura.
No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de catalanes detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de 1937 Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Diferentes vidas e traxectorias son testemuñas do sucedido no cárcere.

Neste retrato, feito no cárcere o dia 4 de novembro de 1937 por Jordi Tell, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz. Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a Escola Dramática Galega, fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.
Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.
Na cadea calquera razón podía ser.
(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)
En abril do 1937 chegou un grupo de cataláns ó carcere da Coruña. Eran: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.Un deles, Jaume Gascón describe nas súas memorias o arrepio das luces do faro á noite.

«El far no el vèiem, però el sabíem prop en tota la seva bellesa i virtut, perquè els seus raigs travessaven les tenebres com un cometa intermitent, tant en les nits calmes com en les de tempesta.
Quan al vespre un guardià malhumorat que ens havia sentit cantar ens apagava el llum de la cel·la, miràvem cap a la finestra, i aquells raigs els vèiem de sobte brillant pel cel com emergint del mar infinit, i llavors ja ens sentíem ben acompanyats, perquè, enmig de la barbàrie llavors present d’aqueIla colla de brètols, aquelles llampades eren com les ullades d’un monstre, sí, però d’un monstre amic que ens orientava millor que l’estrella polar que ni podíem saber on raïa.
Si encara ja mig adormits dirigíem els ulls cap al cel, i el vèiem tot fosc, ens sentíem un moment terriblement com nens sols, perduts i cecs en la vall obscura de la vida que era la nostra cel·la.
Però ben aviat ens tornava a la vida aquell feix de tentacles lluminosos que ens amanyagava com un miracle, un miracle que sempre més ha format part dels meus records de la cella 17»
Debe estar conectado para enviar un comentario.