Tremendo a angurioso poema de Ánxel Casal. Na Coruña, no campo da rata. Onde o mar trae o eco do horror.

Tremendo a angurioso poema de Ánxel Casal. Na Coruña, no campo da rata. Onde o mar trae o eco do horror.

A filla de Pepín “da lexía” lembra o seu pai exiliado despois do asasiñato dos seus tres irmans.
Adicado a “Pepín da lejía”
Foi Miquel Albareda un dos cataláns presos no cárcere de A Coruña no ano 1937. Eiquí presentamos unha fotos inéditas na inauguración de los JJOO en Berlín e algúns anacos do seu diario mentras estivo preso nos cárceles alemás.
Está publicado polo semanario “La República” no número 13, de agosto de 2018.
Artigo de Vicente Araguas publicado no Diario de Ferrol o 28 de maio de 2017, a propósito da publicación do libro de Rafael Bárez “Poemas del 10 de marzo” escrito no cárcere de A Coruña.

Emilia Patiño era viuda do filósofo, pensador e escritor Carlos Gurméndez (falecido en 1994). Fai uns poucos anos, antes do seu falecemento, mantivese unha entrevista con ela e a súa filla Yolanda na súa casa de Madrid. Queriamos falar sobre Manolito Bello.
Emilia sempre tivo unha inquietude e mantivo un sentimento de gran tristeza por él. Nunca chegou a coñecelo, pero si coincidiu con el no terrible momento que o executaron a garrote vil no cárcere de Coruña. Recoñece que ese 11 de xulio de 1946 foi unha das peores noites da súa vida.
Esa noite, Emilia contaba 25 anos, aos presos non os deixaron saír das celas, a comida metíanlla dentro e o silencio era aterrador. Ela sabía que detiveran a Manolito porque no cárcere había dúas mulleres, unha moi maior e a outra funcionaria de prisións e entre o que estas dúas mulleres contábanlles e que Emilia -debido a problemas de saúde- atopábase na enfermería, podía acceder a unha maior información que o resto das presas. Ademais, as carceleiras xogaban con certa ambigüedad por temor a que a República volvera instaurarse.
A ejecución foi no patio do cárcere e Emilia reafírmase ó dicir que Manolito era inocente de ter matado a Arcadio Vilela ( activo participante do grupo de Caballeros de La Coruña) que isto o afirmaría ante calquera xuíz, maxistrado, notario ou o que fose. E, que ademais, no propio xuízo díxose que as balas que mataran a Vilela eran da propia Garda Civil. E así está recollido na sentenza que se atopa no arquivo.
Chuqui Trillo
(entrevista realizada no 2010)
Inmolados nestes campos fronte a o mar tenebroso por amar causas xustas
Isaac Díaz Pardo

As execucions no campo da rata escomenzaron o 25 de xulio de 1936 e facíanse a pena luz do día.
A partir dunha fotografía que conservou o autor Pepe Sáez – soldado daquela- durante cincuenta anos, Isaac Díaz Pardo deseñou esta fermoso munumento, homenaxe a oito mozos que abrazados foron fusilado fente ó mar e ós miles de fusilados polo fascismo.


Nesta peza homenaxéase a José García García unos irmáns da Lexía, pertencía Á Agrupación socialista de A Coruña e e fundador das Juventudes Socialistas; estivera preso no ano 1934 e 35 pola participación na folga revolucionaria de 1934 .
Cando se produce o golpe de Estado contra a República participou na defensa da cidade mentras os seu irmáns as Bebel, France e Jaurés, axudaron na defensa do Goberno civil.
Co golpe de Estado contra a República os seus irmáns Bebel e France foron executados en Punta Herminia e o corpo do mozo Jaurés apareceu cadavre meses despois xunto ó campo da rata.
Pepín logrou fuxir de Galicia o 26 de setembro de 1936, e pasou á zona republicana. Vivíu exiliado desde o ano 1939 en Buenos Aires.
Voltou a Coruña no ano 1977 onde faleceu no 1996.
Poema adicado a Pepín da Lejía

Fueron Tiempos Muy Raros
Te tocó una época,
Que nadie la querría ,
Y cuando la miramos ,
Apenas comprendemos.
Todo en la vieja Europa ,
Dividida en pedazos,
Cada pedazo un mundo,
De lealtades raras.
Y fue ese tu mundo
Cuando aun balbuceabas.
Extraño que los niños
Accedieran a ello
Pero a ti te paso.
Venias de una raza
De socialista “a secas ”
Como daba en llamarse ,
Araquistain al frente ,
Aquí muy poco Marx.
Eran otros autores
Los que tu seguirías .
Autores humanistas
Franceses y alemanes,
Tu padre los leía ,
También los comentaba.
O Campo da Rata era o lugar onde se realizaban as matanzas e o medo envolveu todo o lugar como a brétema que inunda a costa ás tardiñas. Non se nomeaba ese lugar. Reimundo Patiño, pintor e amigo de Xohán Casal, deu a coñecer o poema e polo tanto o lugar, á nova xeración. Manuel Rivas no seu discurso como académico califica esta obra como “un dos grandes poemas e un dos grandes textos da memoria do terror fascista na Coruña, un dos grandes textos universais que trata do terror e dos efectos do terror na memoria colectiva”.
Debe estar conectado para enviar un comentario.