
Maruxa Seijas Sánchez estivo presa no cárcere da Coruña e nunca falou do sucedido.
Casara con Alejandro Palacios que era panadeiro.
Maruxa padeceu cárcere despois do asesinato de seu marido: Alejandro Basilio Palacios, un dos heroes da resistencia da Atochas ó golpe de Estado de 1936.
O barrio anarcosindicalista foi masacrado. Os anarquistas coruñeses foron os que organizaran as fugas por mar e que libraran insurreccións nos cuarteis. Dende o dia 20 de xulio a represión foi virulenta: Francisco Bellón, Manuel Pallares, Cristóbal Feliu ou Melchor Pita. Durante os meses seguintes organizouse unha rede de resistencia con José Gonzalez e Antonio Fournerakis e apoiada polos homes e mulleres das Atochas.
O ano seguinte foron asasinados Antonio Fournerakis, José Valeiro Caramés, Alicia Dorado e Julio Acebedo. A continuación a represión foi brutal e os detidos foron salvaxemente torturados. A maior parte deles foron asasinados como José Torres, José e Rogelio González, Alejandro Delgado Antonio Varela, Santiago Sanjurjo e Alejandro Basilio Palacios, o home de Maruxa.*
Ela foi pregunta por él **
Un ano despois en 1938 seguiron asasinando ***
Maruxa perde ó seu home e queda na indixencia, e presa. Tiña cinco fillos que foron vivir co seu irmán Argimiro no barrio da Silva.
No nadal dese ano foi librada do cárcere. Nunca contou o que alí vivíu.
Seguíu atenden ós seus fillos, na fonda da fontiña de San Andrés e despois na da praza de Lugo.
O seu fillo Servando enrolado na Mariña, estivo en Estados Unidos, pensou en fuxir pero acordouse de voltar a Galicia onde perseguian a tanto amigos e familiares. Había que axudar á Maruxa, a súa nai.
Maruxa seguíu tirando e conseguíu sacar adiante ós seus fillos.
Os netos lémbrana sembre.
Eliseo Fernández e Dionisio Pereira: Desactivada a FAI Coruñesa en O resplandor das Atochas, número publicado en 2007 pola CRMH
*En xulio do 1937 na Atocha Alta foron acribillados pola Garda Civil María Otero González, José Rodríguez, Fernando Caamaño Pérez e Carlos Mínguez Díaz. Ante a sospeita de que estaban realizando unha reunión.
**O seu home Alejandro que fora secuestrado e asesinado, cando foran preguntar por él no cuartel da policía dixéralles “Aquí no llegó, se lo comieron”
***Asasinan a Luis Cheda Magallart, e executan con condean a pena de norte o 9 de marzo a Jaime Baella, Ángel Fernández , Ricardo Martín, Marcelino Calviño, Jesús López Cabado e Felisardo Brandariz.